Pluton BRB Nero

“Só visito este blog para saber o que non teño que ver” (Martin Pawley de días estranhos)

Volve Futurama!

futurama

Disque a canle Comedy Central pediu facer unha nova tempada de 13 capítulos e que xa comezaron coa produción e o cásting, inda que de momento non hai nada anunciado oficialmente.

De confirmarse o rumor sería unha grande nova ca que agardamos quitarnos o mal sabor de boca que nos deixaron os mediocres filmes que sairon despois da cancelación da serie directos a DVD.

Vía Collider

district 9

District 9 preséntanos unha realidade na que os extraterrestes chegan á Terra (neste caso a Sudáfrica) e son encerrados en campos de concentración para separalos da xente. Pero un grupo de persoas intentarán entendelos e reivindicarán os dereitos dos alieníxenas.

Ata fai ben pouco nada se sabía do filme, que leva practicamente un ano traballando nunha campaña de márketing viral cunha colección de pósters, cartaces e banners anti-alieníxenas, así como páxinas temáticas (1, 2 e 3)

Agora xa hai algún trailer deste singular proxecto producido por Peter Jackson.

Seguro que a máis dun se lle fai coñecido a temática do filme.

A estrea nos EUA está prevista para o 14 de agosto. Inda non hai data para vela por aquí.

district 9

Vía CinemaBlend

orphan

Xa temos falado por aquí que poucas cousas dan tanto medo coma un neno e iso é o que promete este filme cun tráiler que só agocha unha cousa.

Os protagonistas: Isabelle Furhman (Esther, a nena orfa), Peter Saarsgard (o pai) e Vera Farmiga (a nai).

Na dirección o catalán Jaume Collet-Serra, que anteriormente xa dirixira o esquecíbel remake de A casa de cera (The Wax House, 2005) [polo menos nesta non sae Paris Hilton].

A estrea por estas terras será o 9 de outubro.

Vía The Trailers

Valkiria

Valkiria

Xa fai tempo que se estrou. E non é dos típicos filmes frikis, pero é bélica, e soamente por iso merece o seu momento de dedicación.

Un problemilla que ten antes de nin sequera escoller o seu visionado é Tom Cruise. Sempre bota para atrás ver unha película protagonizada por el pero esta podía vale-la pena. Teño que recoñecer que me gustou. Os momentos de suspense en intriga chegan a atrapar ó espectador. Moi correcta e que engancha por momentos. Tom Cruise fai o seu papel, pero está arropado por tódolos demáis actores que case teñen a mesma importancia. Iso axuda moito. Pouco máis podo dicir despois de tanto tempo que pasou dende que a vin, pero non quería deixala escapar sen comentar.

Diefer K’san

Clone Wars 3D

Star wars 3d

Fai tempo que o filme (ou episodio piloto) desta nova serie do mundo de Star Wars que foi estreada no cine. Como non, non piuden deixar escapar a oportunidade de vela, sobre todo co bo sabor de boca da serie animada e con mal sabor dos últimos filmes perpetrados por Lucas. Pero, como todo, sempre existe esa sensación de medo de ver un novo produto da factoría Lucas e pensar cómo pode estropealo máis.

Unha serie 3D. O deseño das personaxes chamou a atención. Ese aspecto caricutesco dos protagonistas non convenceu a todo o mundo. O rasgo infantiloide encamiñaba a unha serie encamiñada os máis pequenos. E aínda así había que vela para aclara-las dúbidas.

E comeza. E a típica “fanfare” é cambiada. Unha pequena desilusión percorre o corpo. Pero é temporal. Toda a banda sonora é sublime, máis épica e aventureira. O dobraxe é perfecto, con todas as voces das orixinais das películas (excepto Dooku, pero perdóase porque é mellor). Pequenos retazos infantís coma a padawan de Skywalker, estúpidas denominacións coma “Skygüai”, “Erredosito”, “Huttito” deseseperan en certos momentos pero compensa todo o resto. Unha boa historia de conspiracións, as esceas de acción son moi correctas, brutas en certos momentos (isto é para nenos?), e certos momentos cómicos que son agradecidos. É complicado collerlle o punto para os puristas, pero non cabe dúbida de que é un filme para desfrutar sen moitas complicacións.

Logo de todo isto ven a serie. Despois de ver os primeriros capítulos empezas a pensar… ¿Por qué carallo George Lucas non fixo as películas baseándose nestes guións? A historia é impresionante. Toda unha galaxia en guerra. Unha campaña bélica de mágnitudes espaciais. Cabaleiros Jedi no seu esplendor, soldados clon duros e profesionais máis humanos do que críamos, conspiracións, asasinatos a sangue fría… Non, definitivamente non é para nenos. Aparece a división 501!!! Unha división creada por fans, co único requisito para entrar nela é ter un traxe de stormtrooper e que Lucas lle fixo unha homenaxe no xogo Star Wars Battlegrounds 2 baseándose na súa creación. Bótase de menos non facela un pouco máis adulta no deseño dos personaxes pero chega certo momento en que todo iso pasa inadvertido.

Pouco máis se pode dicir. Sobresaínte para os incondicionais. Boa para os profanos que buscan unha tarde de relax sen preocupacións. Simplemente desfrutar…


Androide: “Tomamos prisioneiros?

Clon: “Eu non…”

Diefer K’san

Braindead

Braindead

Braindead

Braindead (idem, 1992, Peter Jackson)

Un dos primeiros filmes de Peter Jackson, despois [director] doutros títulos coma Bad Taste. O título en castelán é, por así decilo, algo rebuscado Tu madre se ha comido a mi perro mais nel pódese ver o ton de “guasa” que ten o filme.

Un momento para recordar: Só darei tres pistas: festa zombi, unha cortadora de céspede e un home namorado.

A Raiña dos Mortos

Braindead

Megan Fox coma Hulka

Mega Fox

Que van facer un filme de Hulka? Protagonizado por Megan Fox? Mulleres supermusculadas rollo Gladiadores Americanos? Non é que nos chiste moito, mais inda non puxeramos ningunha foto doutra das nosas musas.

Vía: CinemaBlend

Antichrist

Xa podemos ver un primeiro tráiler de Antichrist, o novo filme de Lars Von Trier, que desta volta se adentra no terror que vén da natureza.

William Dafoe e Charlotte Gainsburg interpretan a unha parella que atravesa momentos difíciles e que deciden ir a unha cabana no medio dun paradiso perdido para intentar superalos. Craso erro… a natureza non é tan bonita nin tan amábel como a pintan eses malditos hippies ecoloxistas…

Vía: CinemaBlend

Tráiler de Thirst

Thirst

Xa podedes ver aquí un novo tráiler de Thirst, o filme de vampiros de Park Chan Wook.

Plot Summary: Sang-hyun, a small town beloved and admired priest who serves devotedly at a hospital, volunteers for the new infectious disease, F.I.V.’s, vaccine development experiment and goes to Africa. The experiment fails and Sang-hyun gets infected by F.I.V. but he ends up being miraculously cured and returns home. News of Sang-hyun’s cure from F.I.V. spreads and people start believing he has the gift of healing and flock to receive his blessing. From those who come to him, Sang-hyun meets a childhood friend named Kang-woo and his wife Tae-ju. Sang-hyun is immediately drawn to Tae-ju. One day, Sang-hyun coughs up blood, dies, and comes back to life the next day as a vampire. Tae-ju is strangely drawn to Sang-hyun, turned vampire, and they have a secret love affair. Sang-hyun asks Tae-ju to run away with him but she turns him down. Instead, they plot to murder Kang-woo…

Vía: ShockTillYouDrop

<Tyrannosaurus Rex

Durante unha tempada do ano pasado Rob Zombie sacou varias mostras de arte conceptual da que sería o seu próximo filme, Tyrannosaurus Rex, mais de repente deixóuse de falar do tema e Zombie comezou a traballar en H2 a secuela do seu Halloween. Agora semella que outro estudio llo tirou das mans.

Tyrannosaurus Rex sería un filme de acción de estilo setenteiro sobre un boxeador de pelexas dos baixos fondos.

En Bloody Disgusting tamén dicían que o filme estaría “inspirado” na banda deseñada The Nail, o que parece ser bastante certo.

Vía: ShockTillYouDrop

Arte conceptual de The Phantom

The Phantom

Aquí podedes ver un par de imaxes da arte conceptual do novo filme de The Phantom que está preparando a canle Sci Fi.

Sci Fi fai unha adaptación ós novos tempos do heroe da banda deseñada, en troques da adaptación máis fiel que interpretou en 1996 Billy Zane.

Vía: Superhero Hype!

Novas relacionadas: The Phantom, da banda deseñada ó cinema gracias á canle Sci Fi

Furia de titáns

A este ritmo van quedar poucos filmes por refacer (para cando un remake de As uvas da ira por Michale Bay?). E non digo que non vaia quedar ben e molón, mais facer un remake con CGI deste clásico é un dobre insulto, o orixinal de 1981 era fillo do seu tempo e ademáis tiña algúns dos máis memorabeis efectos en stop-motion do mestre Ray Harryhaussen.

Alomenos o están facendo con coidado e tempo. O proxecto leva en marcha dende 2006, cando un descoñecido Travis Beachman comezou a escribir un bosquexo do borrador que reescribiría o oscarizado Lawrence Kasdan. San Raimi e Robert Rodríguez rexeitaron dirixilo, e Stephen Norrington foi substituido finalmente por Louis Leterrier. E agora ó nome de Sam Worthington no papel de Perseo únense Liam Neeson (Zeus) e Ralph Finnes (Hades).

Hai que recordar de que vai todo isto? Perseo, fillo de Zeus e unha humana, enfréntase a innumerabeis obstáculos para salvar á súa namorada Andrómeda, que foi enfeitizada polo deforme Calibos, fillo tamén dunha deusa do Olimpo. Na súa viaxe deberá enfrentarse a criaturas mitolóxicas como Medusa, Cancerbeiro ou o temíbel Kraken, ó tempo que doma ó mesmísimo Pegaso.

Por se inda non sabedes de que estamos a falar aquí tedes o tráiler do clásico orixinal.

Vía: KillerMovies

the expendables

Seguro que xa estades todos ó tanto deste proxecto, mais nunca está de máis darlle un repaso.

The Expendables (Os prescindibeis) é o novo proxecto de Sylvester Stallone, animado polo inesperado éxito das últimas entregas de Rocky e máis Rambo. A historia é ben sinxela e manida, un grupo de mercenarios ten como misión derrocar a un dictador en Sudamérica. Mais o que nos atrae do proxecto non é o argumento, ninsiquera que estea dirixido por Stgallone, senon o seu incríbel elenco, actores que fixeron de nós parte dos homes que agora somos: Jason Statham, Eric Roberts, Mickey Rourke, Jet Li, Dolph Lundgren, Danny Trejo e Arnold Schwarzenegger (si!!); acompañados dos menos coñecidos Randy Couture, David Zayas, Gary Daniels ou Terry Crews; ou das actrices Charisma Carpenter, Brittany Murphy ou Giselle Itié. E disque Jean-Claude Van Damme dixo non, imperdoábel!!

A estrea está prevista para o 23 de abril do 2010. Só queda un ano!

Vía: KillerMovies

The Umbrella Academy

The Umbrella Academy (A Academia Paraugas) é un grupo de superheroes que se xuntan que se xuntan despois da morte do seu pai adoptivo, Sir Reginald Hardgreeves, un alieníxena disfrazado de empresario rico. Recollidos xusto despois do seu nacemento foron entrenados para salvar o mundo. Trala morte do seu padrastro seguirán co seu plan. Este é o argumento da banda deseñada escrita por Gerard Way (cantante de My Chemical Romance) e debuxada por Gabrile Bá, que está sendo adaptada ó cinema por Mark Bomback.

A estrea está proxectada para o 2012.

Vía: KillerMovies

Full Metal Panic

Adaptacións de manga ó cinema? Non, gracias. Nunca nada bo saiu desa unión.

Desta volta é a modesta Mandalay Pictures a que intenta probar sorte cun dos últimos éxitos editoriais xaponeses, Full Metal Panic.

Full Metal Panic (Furumetaru Panikku!) é unha serie manga escrita por Shoji Gatoh e dibuxada por Shikii Douji para a revista Monthly Dragon Magazine. FMP cóntanos a historia Sousuke Sagara (disque podería estar interpretado por Zac Efron), un mercenario dunha unidade anti-terrorista que ten como misión coidar a Kaname Chidori, unha estudante de instituto con poderes psíquicos. O lío xa está montado. Acción, líos de instituto, poliedros amorosos, armaduras de combate, minisaias…

Vía: KillerMovies e Superhero Hype!

 

Sobre o/a autor/a

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.