Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Crúa, humana, salvaxe, poética


O cinema da Asia oriental volve estar de moda. Fai algún tempo foron as películas de Hong Kong (ou “de chinos”) con Jackie Chan, Jet Li, Chow Yun Fat, Jonh Woo e compañía, fai pouco as de medo xaponés como Ringu, The Eye ou A maldición e finalmente a ultraviolencia máis poética da man do xaponés Takeshi Miike e a nova xeración sur-coreana.

A este último grupo pertence a película Sympathy for Mr. Vengeance dirixida po-lo cabeza de lanza de Corea, Chan-wook Park. Neste filme podemos observar algunhas das características deste tipo de cinema que nos ven espertar do soño no que nos teñen sumidos as productoras estadounidenses: historias moi humanas sen heroes, case non hai violencia, pero cando a hai é altamente explícita, a fotografía e o coidado descoidado dos ambientes e escenarios, unha serie de códigos de honra e de convencións sociais e culturais que nos desconcertan e producen curiosidade a un tempo.

As historias son na maioría dos casos locais pero con significado comprensíbel en calquera punto do globo. O protagonista desta historia é un mozo xordo que vive ca súa irmá enferma que precisa un ril. A película narra os intentos do mozo por conseguir un ril ou o diñeiro necesario para subir na lista de espera. Todo-los seus intentos son en van e a situación vaise enconando. O único que consegue é facerse inimigos e alimentar odio e rencor en contra daqueles que lle impiden consegui-los seus obxectivos. Outros personaxes engaden obxectivos e rencor: a súa noiva contestativa, o seu xefe e a súa filla…

Unha historia perfectamente contada a pesar de tódalas tramas que se xuntan e a información ós poucos que se nos dá. Unha historia sobre a venganza, en palabras do director, “un sentimento humano que queima vidas enteiras na súa procura, para ó final, ó consegui-la ver que non sirve para nada ou é moito peor.”
Crúa, humana, salvaxe, poética. Só alguén cos ollos rasgados no-lo podía contar así.

The Ifrit

Crítica Sympathy for Mr. Vengeance

12 Comentarios

  1. by ifrit, on marzo 28 2005 @ 12:46 am

     

    Sei que na relación deixei fóra a Beat Takeshi e cinema máis intimista chinés, pero hai cousas que non van cas modas, levan un ritmo de seu ;)

  2. by J. E., on marzo 28 2005 @ 1:55 pm

     

    “Só alguén cos ollos rasgados no-lo podía contar así.”

    Nin en ‘Cahiers du cinéma’ hai frases coma esa, meu xD

  3. by ifrit, on marzo 28 2005 @ 2:00 pm

     

    XDDDDDDDDDDDDDD

    non sabía comor remata-la crítica XDDD

  4. by J.Lo, on abril 14 2005 @ 12:03 am

     

    Próximamente en la mejor página de cine escrita en dialecto gallego separatista las críticas de:

    * Old Boy

    * Yomigaeri (Resurrection)

    * Casshern

    ¡Váis flipar, nenos!

  5. by J.Lo, on abril 14 2005 @ 12:03 am

     

    Caca, a ver si el facharrojo del webmaster me corrige el comentario anterior.

  6. by ifrit, on abril 14 2005 @ 1:01 am

     

    Por moi incríbel que lle pareza nesta bitácora non se modifican os comentarios, nis siquera os dos trolls.
    O que a vostede lle pasou é que nos comentarios, na esquina superior esquerda hai un hoco en branco, inda non sei para qué pero presumo que para po-la foto do comentarista ou algo así…
    Por último decirlle que ansimos tanto ve-las películas que nos sinala como le-las súas críticas.

  7. by Diefer Casan, on abril 15 2005 @ 4:09 pm

     

    A páxina de cine está escrita en galego por que sí, para que soamente poida chegar a mentes máis lúcidas ca dalgúnha xente que hai por ahí. Un saudo.

  8. by Diefer Casan, on abril 15 2005 @ 4:33 pm

     

    probando…

  9. by ifrit, on abril 15 2005 @ 4:37 pm

     

    qué carallo andas a probar?!
    A ver se antes de sair da casa poño un par de entradas… Bitácora do carallo! a ver se algún día me poño en serio…
    Diefer, don’t feed the troll… ademáis ti coñécelo… está sentado á túas esquerda ;)

  10. by J.Lo, on abril 15 2005 @ 5:51 pm

     

    “don’t feed the troll”, es la nueva consigna de la izquierda liberticida, que pretende acallar las mentes liberales bajo una fachada de autoridad moral, pero que ni siquiera disimula con eficacia el paternalismo que rezuman.

    En otro orden de cosas, este fin de semana toca sesión de cine, “sí o sí” :D

  11. by Diefer Casan, on abril 15 2005 @ 6:48 pm

     

    Estaba probando unha cousa. Clikeade no cadrado a esquerda deste comentario. Antes intentaba poñer unha foto miña, pero non fun capaz :( P.D.:Acórdate do de Star Wars

  12. by Català - Girona, on xaneiro 18 2006 @ 6:37 pm

     

    Primero, siento no poder escribir en galego. Estaba buscando información sobre Premonition i sobre Old Boy, y me he encontrado gratamente con vuestra página… agradezco la mayoría de comentarios que he encontrado ya que los he encontrado válidos y correctos (sobretodo de la s pelis que he visto…).
    La sorpresa es el comentario de J.Lo, un poco xenófobo o de autoodio… que yo pensaba que sólo pasaba en las páginas escritas en catalán, pero veo que también a los galegos os pasa: siempre hay una nacionalista español exhacerbado que acusa a los demás de lo que él haría… insultar, discriminar, no reconocer a otras lengua… así que ánimos (aunque no os haga falta).
    Y por cierto, no sé si los catalanes tenemos la suerte de conocer más de una lengua, pero todo se entiende a la perfección… así que nadie os quiera convencer que por “respeto” escribáis en castellano…

    PING:
    TITLE: CINEMA FRIKI
    BLOG NAME: CINEMA FRIKI
    [...] Sympathy for Mr. Vengeance e Old Boy.

    Categoría: Trailers e teasers

    0 Comentario(s) & 0 Referencia(s)

    Referencias
    http://cinemafriki.bitacoras.com/archivos/2005/06/2 [...]

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.