"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Abril, 2005


Como é norma nesta casa, esta noticia xa ten algún tempo. Pero queríamos deixar constancia que o mesmo día que sairon á venda as entradas para a última película da nova triloxía, A Guerra das Galaxias. Episodio III: A venganza dos Sith, o equipo de críticos de Cinema Friki ó completo colleu cada un a súa para ofrecer unha visión da estrea dende tódo-los puntos de vista friki posíbeis.
E en breve un especial de O Reino dos Ceos, a última e espectacular película de Ridley Scott.



E agora tócalle o turno ás novas imaxes de Nicholas Cage coma Johny Blaze e a moto que conducirá o Motorista Pantasma. Agora só falta ver o aspecto que terá The Ghost Rider.
A verdade é que esta adaptación mete algo máis de medo (en sentido negativo…)



Estas son as primeiras imaxes que se poden ver de Brandon Routh caracterizado como Clark Kent e coma Superman. A verdade é que a cousa pinta bastante ben e que conservan unha estética bastante fidel ás películas de Christopher Reeve. A ver como remata a cousa. Tendo en conta que a estrea nos EE.UU non será ata o verán do 2006 inda queda tempo para dar moitas voltas.

En busca e captura

Busca e captura para Blad… digo, para Wesley Snipes. E non, non é po-la última película de Blade (que podería ser), se non por incomparecencia ante o xuíz.
Cosas veredes…


As mostras do traballo que fixeron Robert Rodríguez na adaptación de Sin City á pantalla grande son cada vez máis alentadoras. Desta volta podemos ver como multitude das esceas da película son calcos exactos de viñetas do cómic de Frank Miller, que seguíu moi de preto a película.
A película xa foi estreada nos EEUU, por aquí teremos que agardar ata Xuño.

BatCurtametraxes


Estreamos a sección de curtas cun personaxe que non deixa de dar que falar, Batman. O Señor da Noite ten milleiros de seguidores incondicionais pouco ou nada contentos ca maioría das súas adaptación cinematográficas. As novas tecnoloxías e unha grande cantidade de creatividade e bo facer permiten ós insatisfeitos seguidores ver novas adaptacións que en poucos minutos son capaces de atrapa-la esencia do home morcego.
Sen necesidade de grandes cantidades de diñeiro estas dúas curtametraxes son un exemplo para calquera director ou guionista que se enfronte á tarefa de adaptar un personaxe da banda deseñada á gran pantalla. Esperemos que tomen nota.
A primeira curtametraxe que recomendamos é Batman Dead End, dirixida por Sandy Collora, reputado realizador de efectos especiais nas máis espectaculares produccións de Hollywood.
E a segunda curta é Batman: New Times (Batman: Novos Tempos). Coa participación de actores de grande sona mundial como Adam West, Mark Hamill, Courtney Thorne-Smith e Dick Van Dyke.

V for Vendetta

A enésima adaptación dun cómic ó cine será V for Vendetta (V de Vendetta). Ata o momento é ben pouco o que se sabe deste proxecto baseado nun cómic de Alan Moore. Os productores son os irmáns Wachowski, o director James McTeigue e os actores principais Natalie Portman e James Purefoy, coma V.
Na páxina web, de momento, só se pode ver e escoitar unha rolda de prensa dada polos arriba citados. Po-lo que din pode ter boa pinta.
¡É unha gloria escoitar e mirar falar a Natalie Portman! (tíñao que dizir)

Un menos

Falar da adaptación ó cine de Dragon Ball sempre nos pon os pelos de punta (e non amarelos, precisamente). Pero desta vez, po-lo menos, e para botar un sorriso.
O oscarizado Alejandro Amenábar declinou a oferta de dirixila, segundo afirmou nunha entrevista.
Non nos miredes con esa cara, non é un invento noso.

Tank S.W.A.T. 01

E aquí chega unha nova adaptación animada dunha obra do xenial Masamune Shirow. Esta vez tócalle o turno a Dominion Tank Police. A delirante división de tanques da policia e as súas dúas máis coñecidas e perigosas policias.
O trailer exuda a esencia do manga e adianta, a lo menos, unha coidada animación. Esperaremos pacientes.

Mallas azuis

Para coñecer todo o novo de Superman Returns e estar ó tanto de todo o que sucede na rodaxe, imaxes exclusivas, entrevistas, etc. hai que visitar asiduamente Blue Tights (Mallas Azuis).

Bótase de menos un arquivo XML para poder utilizar algunha das múltiples ferramentas de suscripción que existen por ahí. Unha mágoa. Só resta a tediosa visita diaria.

Volcano High


Volcano High School é unha espectacular e delirante película coreana que emula ós típicos manga de institutos (gakuen) cheos de mozos e profesores con poderes especiais . Ós productores da 20th Century Fox non lle pareceu suficiente reclamo e non se lles ocorreu outra cousa que dobla-la película con conocidos rapeiros (Tracey Morgan, Big Boi, Mya, Andre 3000, Lil’ Jon, Snoop Dogg e Method Man) dando lugar a un producto que eles mesmos describen como «onde as artes marciais e o hip-hop colisionan» (vai a haber feridos, abofé que si). Volcano High, en calquera das súas versión deixará a calquera sen fala.
Dizir que a versión coreana é inigualábel e que en beve teremos unha crítica á altura.

Destruindo un mito.

Os lindes entre o frikismo extremo e o bizarro son moi difusos.
Para mostra este botón que traemos hoxe. ¿Debería ter un fan de Spiderman estes exemplares na súa colección? ou po-la contra ¿son máis propias de amigos do grotesco e casposo?

A primeira é a versión xaponesa de Spiderman. Onde o personaxe foi totalmente adaptado ós gustos e maneiras xaponesas, adoptando tóda-las características do sentai (series de xentes con estranos traxes que loita contra monstros de tódo-los tipos para finalmente loitar contra o xefe, e así en tódo-los capítulos). Nesta perversión do personaxe da Marvel a historia de Peter Parker foi cambiada, Spiderman (Supadaiman) utiliza todo tipo de inxenios mecánicos, así como vehículos personalizados e ata ten un robot xigante (!) Converténdose na primeira serie na que o protagonista chama a un robot xigante para axudarlle na loita final e característica imprescindible do xénero sentai daquela en diante.
O Spiderman xaponés é un producto indescriptíbel do que po-lo menos hai que ter noticia. Para máis información visitade esta páxina.

Se o Spiderman xaponés vos pareceu flipante agarrádevos ben á cadeira. A segunda perversión é nada máis e nada menos que 3 Dev Adam (O Capitán America e O Santo (o loitador mexicano) vs. Spiderman) Un disparatado filme turco no que Spiderman é un villano e unha inédita parella de heroes vense envoltos nunha trama chea de mafiosos e pelexas ó máis puro estilo BANG-BOUM-BADABAM! da serie de TV de Batman.
Podedes ler os comentarios dun intrépido investigador que visionou a película sen ter a máis mínima idea de turco e nos describe o brillante argumento así como os avanzadas técnicas visuais, de vestiario, etc.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.