Volcano High
17 Abril 2005
Volcano High School é unha espectacular e delirante película coreana que emula ós típicos manga de institutos (gakuen) cheos de mozos e profesores con poderes especiais . Ós productores da 20th Century Fox non lle pareceu suficiente reclamo e non se lles ocorreu outra cousa que dobla-la película con conocidos rapeiros (Tracey Morgan, Big Boi, Mya, Andre 3000, Lil’ Jon, Snoop Dogg e Method Man) dando lugar a un producto que eles mesmos describen como “onde as artes marciais e o hip-hop colisionan” (vai a haber feridos, abofé que si). Volcano High, en calquera das súas versión deixará a calquera sen fala.
Dizir que a versión coreana é inigualábel e que en beve teremos unha crítica á altura.
22 Abril 2005 ás 4:06 pm
A U.S.A. segue facendo o mesmo. Primero pasou con The Ring e despois con The Grudge. Eses nefastos directores intentan sacar esas boas películas orientais no seu pais adaptádoas a esas mentes planas que é o mundo occidental. Para Os yanquis unha película ten que ter un principio e un final. Nada de tramas misteriosas nin deixar as couas no aire. A súa fráxil cabeza non é capaz de atender nin entender unha película que saia do seu estreito mundo, no vaia a ser que a verdade o a imaxinación estropee esa mentalidade individualista. Pois iso, estou canso de que intenten adaptar as boas películas para os demáis simplemente por motivos económicos. ¡Qué saquen ó mercado as orixinais e as boten no cine! Ó mellor daríanse conta de que vai máis xente da que pensan. Aínda queda xente intelixente neste pequeno planeta.
Moitas Grazas.