BatCurtametraxes

19 Abril 2005


Estreamos a sección de curtas cun personaxe que non deixa de dar que falar, Batman. O Señor da Noite ten milleiros de seguidores incondicionais pouco ou nada contentos ca maioría das súas adaptación cinematográficas. As novas tecnoloxías e unha grande cantidade de creatividade e bo facer permiten ós insatisfeitos seguidores ver novas adaptacións que en poucos minutos son capaces de atrapa-la esencia do home morcego.
Sen necesidade de grandes cantidades de diñeiro estas dúas curtametraxes son un exemplo para calquera director ou guionista que se enfronte á tarefa de adaptar un personaxe da banda deseñada á gran pantalla. Esperemos que tomen nota.
A primeira curtametraxe que recomendamos é Batman Dead End, dirixida por Sandy Collora, reputado realizador de efectos especiais nas máis espectaculares produccións de Hollywood.
E a segunda curta é Batman: New Times (Batman: Novos Tempos). Coa participación de actores de grande sona mundial como Adam West, Mark Hamill, Courtney Thorne-Smith e Dick Van Dyke.

Publicado na categoría Curtas | | Enriba

3 respostas a “BatCurtametraxes”

  1. Indignado di:

    E ahí o tedes. Unha mostra de que unha persoa cun pouco de sentidiño pode facer grandes cousas. Aínda que Tim Burton é un director impresionante, cun repertorio de películas que deberían estar en tódolos fogares (agás TPOTA) con Batman cometeu un pequeno erro. Non nego que de momento é a mellor adaptación que se fixo de xusticiero da noite, pero ó intetar adaptala ó gran público, converteu a Batman no que máis detesta: Un asasino. ¿Por qué Jack Napier matou ós pais de Batman? ¿Por qué xustamente él converteuse en Joker? ¿Por qué péchase o circulo Batman asasinado ó Joker? Xa sei que é un pouco bruto dicir que matou ó Joker, pero tampouco fixo nada por impedilo. E que as mentes yanquis necesitan que todo teña un sentido. En fin, que se lle vai a facer. Os cartos moven ó mundo.
    Moitas Grazas.

  2. Diefer Casan di:

    Impresionante. Ese é o Joker dos comics. Ese é o Batman dos comics (agas o de que ía a matar o Depredador ¿?) É un Batman humano. Bruce Wayne non ten superpoderes (agas os cartos que si que pode contar). ö mellor é por iso o que resulta tan atractivo para os lectores, Batman pode morrer en calquera momento sen que precise que veña un Xuício Final ou Galactus ou neste caso un Depredador ;) Estou totalmente e acordo con Indignado :p

  3. Fagot di:

    eu comparto as opinións sucedeu tres cuartos do mesmo con Spiderman.
    En todo caso recomendo ese Batman Dead End que me pareceu moi divertido sobre todo vendoo no momento “axeitado” que non quero comentar para non destriparlle a sorpresa a ninguén.
    Saudos :)

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image