"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Maio, 2005


A inspiración de George Lucas rematou fai 25 anos. A Vinganza dos Sith é a mellor película da nova trioloxía pero, e iso é obvio, non chegou nin acercarse á calidade e complexidade da orixinal. A película é boa. Ten un argumento sinxelo pero forte, apoiado por unha cantidade incrible de efectos e as personaxes están ben definidas. E de ahí xorden algúns dos defectos.

Os diálogos son demasiados sinxelos, ás veces ridículos. Os efectos dixitais son demasiado bos. Éstán tan ben feitos que ás veces tes sensación de falsedade. Explica todo. Non deixa nada ó chou. Todo para que as luminosas mentes do pobo ianqui entendan. Isto converte a película en, non sei, “estrana”.

Pero ten detalles moi bos. Para min o mellor personaxe é Palpatine. Xenialmente caracterizado e exactamente igual ó do Episodio VI. Mace Windu segue na súa estupenda traxectoria (Samuel L. Jackson é Samuel L. Jackson). Morre moitísima xente sen importar raza nen idade. É moi escura e dramática. E os incontables guiños á trioloxía orixinal, incluíndo a banda sonora.

En resumo, é unha película moi boa pero fáltalle ese aquel para que acabe de convencer de todo. Ainda así, non quita que a vaia a ver unha e outra vez, e outra, e outra…

A Forza estará con vos… sempre…

Diefer Casan


Despois de tanto tempo esperando o fin chegou a parte que moitos de
nos estabamos a esperar. ¡¡¡O nacemento do Darth Vader!!!

Ben. A película en si, ten moito, pero tamen lle falta algo máis de chicha, pero como neste mundo non se pode ter todo… ( digo isto porque teremos que esperar a que tito George saque as versións extendidas dos
episodios I, II, III) O que se nos presentou ós nosos ollos no cine foi a rectificacion de dúas películas anteriores que nalgúns momentos non quixemos ver que foran feitas. Con esta última entrega, os primeiros dous episodios toman algo de interese e de sentido.

Sinceramente podo decir, que esta última entrega de Star Wars é unha ponte cara a triloxia orixinal.

The Inversorr


A peli é unha desas que hai que ver, ou sexa que o final vas ter unha idea propria da mesma, que é mellor que unha ter unha allea.

Gustoume, non tanto coma ós de Cannes pero menos é nada. Ademais, a eles páganlles por esas cousas. Por facer críticas, me refiro. E a min non.

Ten moitos detalles que chegarán ó corazón de calquera bo friki. E iso xa che é moito. Porque non molestan. Salvo o dos nomes, que a poucas máis non lle da tempo a que llos saquen. Pero xa o veredes. Algunha outra hai, pero é a última que fan de Skywalker, así que se queres detalles, telos todos na peli. A ve-la ide os que non fostes. Yoda está case mellor que calquera dos outros, etc. Para falar das personaxes hai tempo.

Pero a trama, a caída de Anakin, ese é o prato forte do filme. E xusto niso é no que se ven máis os saltos, as faltas de continuidade nalgúns momentos. E a brusquidade dalgún tránsito. O destino de Mace Windu, por exemplo, é un deses momentos. A música de John Willliams é doutra galaxia. Pero a resolución de Skywalker cando o fado do Mestre Windu queda forxado chega tan de súpeto que non pega nin con cola, polo menos para min. Un exemplo negativo.
Un positivo agora. A despedida entre Obi-Wan Kenobi e Anakin Skywalker. Ise si que é o momento da pelicula para min. A frase lapidaria que lle cuspe dende o fondo da alma ó seu xa vello mestre marca para min o afundimento definitivo no Lado Escuro de Darth Vader. Éche así, dende entón a culpa será sempre de Kenobi a ollos de Vader. Con todo o que iso conleva. Soamente cando outro lle lembre o seu Lado Luminoso sairá das tebras nas que el mesmo se meteu. Os primeiros pasos na armadura amosan únicamente o inicio da lenda de Vader, antes diso todavía se albiscaba algo de Anakin, algo soterrado polo último berro de carraxe contra Kenobi. Non sei onde lin uns versos que marcan moi ben a película, polo menos a dualidade de Anakin/Vader. Dicían algo así como “Odio y amo a la vez. ¿Cómo es posible? No lo sé pero ardo y me consumo”. Sei que eran de Cátulo, pero a páxina non me lembra. O certo é que son moi apropiados.
E ata aquí. Pero non queda de que falar nin nada…. outro día.

Don Vitto

Críticas de La Guerra de las Galaxias. Episodio III La venganza de los Sith. Star Wars episode vengance

Episodio 0

Disque Lucas ten en mente rodar unha precuela de A amenaza Pantasma e que tería lugar 88 anos antes do Episodio I, sendo o protagonista Yoda. A película contaría como a Orde dos Jedis venceron ós Sith e os sumiron na escuridade durante case un século.

O mellor do rumor é que di que o propio George Lucas descartouse a si mesmo como director.

Este novo rumor súmase ós xa existentes dos posíbeis proxectos de series, unha de imaxe real continuando a historia despois do Episodio VI e outra en animación 3D coa historia entre o Episodio III e o IV.

Ás voltas co novo James Bond


Parece que non dan atopado o actor adecuado para interpretar ó Axente 007 na próxima película da saga. Se Daniel Craig xa parecía confirmado agora entra nas quinielas Goran Visnjic.

Xa veredes como ó final volve Pierce Brosnan e dirixe Quentin Tarantino.

Michelle Yeoh


Dous rumores desta xenial actriz de artes marciais:

O primeiro situaa coma compañeira de Tom Cruise en Misión Imposíbel 3.

O segundo situaa coma protagonista dunha precuela de Dragón Vermello (á súa vez precuela de O silencio dos Años) O filme levaría coma título A variación Lecter (non vos soa á “variación Goldberg“)

Esperemos que Michelle Yeoh non malogre a súa carreira facendo subproductos con rapeiros podres de cartos como xa fixeron outros bos actores de artes marciais.

Os marcianos de War of the Worlds


Estes son os deseños que se poderán ver na película War of the Worlds (A Guerra dos Mundos).
De esquerda a dereita: un marciano con armadura, un trípode voando e un trípode andando.

Non esquezades que xa hai un novo trailer dispoñíbel no que se aumentan as nosas gañas de ver esta película. Parece que Spielberg quere redimirse definitivamente.

E sí, a todos nos parece un alien.

Carreira de vaíñas


storm troopers e máis Darth Vader arranxan un coche”/>
Desta guisa poidemos ver a todo o que rodeu ó equipo de Fórmula 1 Red Bull Racing no Gran Premio de Mónaco 2005 formando parte da promoción da película A Guerra das Galaxias: A vinganza dos Sith.

Po-lo lugar da carreira tamén se deixaron ver George Lucas, Natalie Portman, Hayden Christensen, C-3PO ou Chewbacca.

Os pilotos desta escudería, Vitantonio Liuzzi e David Coulthard, non tiveron a sorte que esta tendo a película nas taquillas xa que sufriron sendos accidentes sen consecuencias graves pero que os deixaron fora da carreira. Non os acompañou a Forza.

Dick Tracy 2

Existen certos rumores sobre a posíbel realización dunha segunda parte da película que conta as aventuras do detective Dick Tracy, o que inda non está moi claro é se será en forma de película ou de serie cun formato actualizado tipo Smalville.

O proxecto está parado xa que o posuidor dos dereitos do cómic, Warren Beatty, di que el xa tiña pensado facer unha segunda parte. Así que a esperar toca.

Mentiras arriscadas 2

A segunda parte desta divertida película repetirá reparto ó completo, dende Schwarzenegger, Tom Arnold, Jamie Lee Curtis e Bill Paxton, ata o director James Cameron.

Esta agradábel noticia non nos aleda de todo xa que isto retrasará sen dúbida o proxecto de Alita, Anxo de combate.

Posíbel reparto de X-men 3

Kelsey Grammer podería ser Besta e Maggie Grace, Kitty Pride.

Seguintes películas de Batman

Ulindo o case que seguro éxito de Batman: Begins xa se empeza a falar de próximas películas.

Disque os malos serían doutra volta o Joquer e Dúas Caras, recuperando así a dous dos máis clásicos villanos da serie que renovarán o seu estilo con esta nova era de películas do Señor da Noite.
Inda que tamén parece ser que non só lles van dar unha nova visión, se non que tamén van troca-la historia. O resumo do guión sería algo así: “Batman e Gordon capturan ó Joker e no xuizo
este bota a Harvey Dent o ácido a cara converténdose en Dúas Caras” (¿?) Trocando así a historia do cómic e da película.

O Joker podería ser Steve Buscemi.

Doom

E en Cinema Friki seguimos exercendo a nosa laboura social e avisando de películas das que hai que escapar.

Xa está en post-producción a adaptación cinematográfica do videoxogo Doom. Ultraviolencia sen senso ningún e protagonizada por Karl Urban (non por The Rock).

Estrea nos Estados Unidos 21 de outubro. Empezade a tremer.

Aeon Flux


Unha foto de Aeon Flux, con Charlize Theron, personaxe tirado dun cómic (agradecese información). A oscarizada actriz é a protagonista da
versión cinematográfica da serie creada por Peter Chung para a MTV, Aeon Flux.

A historia transcurre en 400 anos no futuro, cando unha enfermidade
matou á maioría da poboación da Terra excepto a unha cidade cuberta por unha burbulla e liderada por un
grupo de científicos. Aeon Flux é a axente máis importante dun grupo
rebelde. Cuando Aeon é enviada nunha misión para asasinar ó líder do
goberno, atopa un mundo de segredos que a levarán a cuestionarse o verdadeiro rumbo que debe tomar.

O filme da Paramount Pictures conta ademáis de Theron, con Frances McDormand e Marton Csokas. A película espera ser
estreada o próximo ano. ¿Qué saira de esto?

Teaser de El Zorro

El Zorro 2 repite con Antonio Bandeiras e Catherine Zeta Jones, a que sempre da gusto ver, e promete ser outra película de aventuras clásica, cos mesmos ingredientes da primeira película (os de El Zorro de toda a vida), inda que agora casado e con fillos.

Vendo o teaser cremos que non nos amosará nada especial nin novo pero tamén que non decepcionará o máis mínimo.


Pois este é o novo aspecto da nosa queridísima Natalie Portman na súa caracterización para o papel de Evey no filme V for Vendetta.
Pero a que é guapa é guapa se poña como se poña.

Falando da mesma película engadir que houbo un cambio no papel protagonista, o de Scaramouche V, que será interpretado por Hugo Weaving en troques de James Purefoy.

O novo James Bond


O novo Axente 007 estará interpretado po-lo actor Daniel Craig (é loiro!!) e en breve comezará a rodaxe de Casino Royale.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.