A Forza estará con vós… sempre…
29 Maio 2005
A inspiración de George Lucas rematou fai 25 anos. A Vinganza dos Sith é a mellor película da nova trioloxía pero, e iso é obvio, non chegou nin acercarse á calidade e complexidade da orixinal. A película é boa. Ten un argumento sinxelo pero forte, apoiado por unha cantidade incrible de efectos e as personaxes están ben definidas. E de ahí xorden algúns dos defectos.
Os diálogos son demasiados sinxelos, ás veces ridículos. Os efectos dixitais son demasiado bos. Éstán tan ben feitos que ás veces tes sensación de falsedade. Explica todo. Non deixa nada ó chou. Todo para que as luminosas mentes do pobo ianqui entendan. Isto converte a película en, non sei, “estrana”.
Pero ten detalles moi bos. Para min o mellor personaxe é Palpatine. Xenialmente caracterizado e exactamente igual ó do Episodio VI. Mace Windu segue na súa estupenda traxectoria (Samuel L. Jackson é Samuel L. Jackson). Morre moitísima xente sen importar raza nen idade. É moi escura e dramática. E os incontables guiños á trioloxía orixinal, incluíndo a banda sonora.
En resumo, é unha película moi boa pero fáltalle ese aquel para que acabe de convencer de todo. Ainda así, non quita que a vaia a ver unha e outra vez, e outra, e outra…
A Forza estará con vos… sempre…
Diefer Casan

Despois de tanto tempo esperando o fin chegou a parte que moitos de
nos estabamos a esperar. ¡¡¡O nacemento do Darth Vader!!!
Ben. A película en si, ten moito, pero tamen lle falta algo máis de chicha, pero como neste mundo non se pode ter todo… ( digo isto porque teremos que esperar a que tito George saque as versións extendidas dos
episodios I, II, III) O que se nos presentou ós nosos ollos no cine foi a rectificacion de dúas películas anteriores que nalgúns momentos non quixemos ver que foran feitas. Con esta última entrega, os primeiros dous episodios toman algo de interese e de sentido.
Sinceramente podo decir, que esta última entrega de Star Wars é unha ponte cara a triloxia orixinal.
The Inversorr

A peli é unha desas que hai que ver, ou sexa que o final vas ter unha idea propria da mesma, que é mellor que unha ter unha allea.
Gustoume, non tanto coma ós de Cannes pero menos é nada. Ademais, a eles páganlles por esas cousas. Por facer críticas, me refiro. E a min non.
Ten moitos detalles que chegarán ó corazón de calquera bo friki. E iso xa che é moito. Porque non molestan. Salvo o dos nomes, que a poucas máis non lle da tempo a que llos saquen. Pero xa o veredes. Algunha outra hai, pero é a última que fan de Skywalker, así que se queres detalles, telos todos na peli. A ve-la ide os que non fostes. Yoda está case mellor que calquera dos outros, etc. Para falar das personaxes hai tempo.
Pero a trama, a caída de Anakin, ese é o prato forte do filme. E xusto niso é no que se ven máis os saltos, as faltas de continuidade nalgúns momentos. E a brusquidade dalgún tránsito. O destino de Mace Windu, por exemplo, é un deses momentos. A música de John Willliams é doutra galaxia. Pero a resolución de Skywalker cando o fado do Mestre Windu queda forxado chega tan de súpeto que non pega nin con cola, polo menos para min. Un exemplo negativo.
Un positivo agora. A despedida entre Obi-Wan Kenobi e Anakin Skywalker. Ise si que é o momento da pelicula para min. A frase lapidaria que lle cuspe dende o fondo da alma ó seu xa vello mestre marca para min o afundimento definitivo no Lado Escuro de Darth Vader. Éche así, dende entón a culpa será sempre de Kenobi a ollos de Vader. Con todo o que iso conleva. Soamente cando outro lle lembre o seu Lado Luminoso sairá das tebras nas que el mesmo se meteu. Os primeiros pasos na armadura amosan únicamente o inicio da lenda de Vader, antes diso todavía se albiscaba algo de Anakin, algo soterrado polo último berro de carraxe contra Kenobi. Non sei onde lin uns versos que marcan moi ben a película, polo menos a dualidade de Anakin/Vader. Dicían algo así como “Odio y amo a la vez. ¿Cómo es posible? No lo sé pero ardo y me consumo”. Sei que eran de Cátulo, pero a páxina non me lembra. O certo é que son moi apropiados.
E ata aquí. Pero non queda de que falar nin nada…. outro día.
Don Vitto
Críticas de La Guerra de las Galaxias. Episodio III La venganza de los Sith. Star Wars episode vengance
9 Xuño 2005 ás 10:35 am
A segunda vez que fun a vela xa me gustou un pouco máis, pero morro coas ganas de escoitala en V.O. A ver como cambia a cousa…
9 Xuño 2005 ás 10:36 am
Xa teño avatar!!!! Jejejeje, si que funciona, ifrit. Graciñas.
9 Xuño 2005 ás 10:37 am
BOH! Non entendo nada. Isto supérame…
9 Xuño 2005 ás 10:39 am
Aggghhhh! Isto desespérame. Unhas veces sí e outra non. ¿Teño que poñer sempre a URL? e logo ¿Teño que memorizala? Qué lio! A Forza bandonoume
9 Xuño 2005 ás 10:43 am
Bueno, creo que xa lle collín o truco. Debedes pensar que estou tolo, xa que levo un bo tempo falando só comigo mesmo. ¡Malditos midiclorianos!
9 Xuño 2005 ás 10:53 am
E agora un comentario de verdade.
Nunha revista americana de cine, non me lembro de cal, e supoño que será máis fiable ca das revistas de aquí, fala do orixe de Anakin e de como foi concevido.
Négome a aceptar esta afirmación, pero dí que, Anakin, foi “creado” por Palpatine e cos midiclorianos. Na peli dí que o maestro “Pebbles” ou “Goebles”
,non me lembro, creou vida da nada co Lado Escuro da Forza. Pois ista revista dí que foi o mesmísimo Palpatine, que se supón que era o discípulo deste Lord Sith, o que creou a Anakin a partires dos midiclorianos.
Duas cousas: Ou o lado escuro volve impotente a xente e teñen que buscar outra forma de facer fillos, ou hai que dicirlle ó Emperador que existen formas máis doadas de facelos
(se é certa a primeira eu quédome no lado Luminoso) XD
Pois iso, que para min prefiro deixar en incógnita a concepción de Anakin, que xa fastidiaron bastante o Episodio I con esas cousas dos midiclorianos, para que agora veñan con estas (os Gungans tamén axudaron bastante)
Lucas, solta o lápis e abre a carteira.
9 Xuño 2005 ás 9:31 pm
Pois un pouco tolo si que estás… XD
O URL é para poñer a túa páxina persoal ou o que queiras… O do avatar funciona sempre que poñas o teu enderezo de correo-e
Mola!