"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xuño, 2005

The Untouchables: Capone Rising

Brian De Palma dirixirá esta precuela de Os Intocabeis de Eliot Ness. Traballando no guión están David Levien e Brian Koppelman e a historia contaranos como Capone chega a Boston e a súa andaina ata converterse no rei do hampa e o primeiros encontronazos co policia Johnny Malone (interpretado por Sean Connery na primeira)

Novo poster de V for Vendetta


O pobo non debería ter medo dos seus gobernantes.
Os gobernantes deberían ter medo do seu pobo.

Novo poster de V for Vendetta e nova imaxe para a súa páxina web.

Rodaxe de V de Vendetta

O novo peiteado de Natalie Portman

V for Vendetta

Kingdom Hospital


En setembro CANAL + estrea (quen sabe se xa en aberto) Kingdom Hospital, unha serie de medo escrita por Stephen King.

O Kingdom Hospital esta levantado sobre as ruínas dos anteriores hospitais, rodeados por escuras e espeluznantes historias. Esta escura lenda continúa na actualidade no novo hospital e os sucesos paranormais perseguen ós traballadores e visitantes.
En cada capítulo 20 novas personaxes loitarán na eterna batalla entre o ben e o mal.

A serie, dirixida por Craig R. Baxley, consta de 13 capítulos e conta entre o seu reparto con Andrew McCarthy, Bruce Davison, Diane Ladd, Brandon Bauer, Jack Coleman e Jennifer Cunningham.


Xa podedes empezar a desfrutar (e sufrir) co cartace, o trailer e a páxina web de Sympathy for Lady Vengeance dirixida polo xenial realizador coreano Chan Park-wook que segue ás voltas co tema da venganza despois das películas Sympathy for Mr. Vengeance e Old Boy.


Esta é a primeira imaxe de King Kong na rede. E mañá poderemos empezar a ver un trailer de dous minutos e medio en diferentes sitios.

Na película participan Adrien Brody, Naomi Watts e Jack Black ademáis do xigantesco simio, versión dixital do monicreque do clásico agora baseado nos movementos do actor Andy Serkis no que seguen traballando.

A estrea mundial o 14 de decembro.

[editado]

Xa se pode ve-lo trailer aquí.

Katie Holmes fora do próximo Batman

Katie Holmes non estará na proxima película de Batman. A productora Warner Bros. afirma que a súa (incríbel) relación co protagonista de A Guerra dos Mundos restou protagonismo ás promocións nas que participou a actriz.

As malas linguas din que non era necesario, xa que para a estrea da próxima película xa estarán divorciados (se é verdade que se casan, claro)

Christian Bale, Michael Caine e Morgan Freeman xa asinaron os seus contratos para a secuela.

Sean Penn en Batman

Seguintes películas de Batman

Máis Batman

En proxecto

The Invisible

David S. Goyer encabeza o proxecto desta versión estadounidense da película sueca do mesmo nome e tirada dunha novela de Mats Wahl. A productora Spyglass Entertainment comprou os dereitos no 2002.

O filme conta a historia dun adolescente que despois de ser atacado e dado por morto vai parar ó limbo. O rapaz é invisíbel para os mortais e deberá atopa-lo seu corpo antes de morrer de todo. A única persoa que o pode axudar é a súa atacante, que agora fuxe da xustiza.

The Hitcher (Autoestrada ó inferno)

«Fagamos remakes e se son de medo mellor que mellor.»

Dave Meyers dirixirá este remake sobre un guión adaptado por Jake Wade Wall.

A historia da orixinal: Un rapaz recolle ó atoestopista do inferno, un asasino en serie que se ensaña cos mozos e os implica nos seus horribeis crimes.

Final Destination 3 (Destino Final 3)

Din que esta é a última. Non confundir con Destino Fatal 11:14

Segundo desvelou Johnny Depp nunha entrevista Keith Richards podería aparecer na próxima película de Piratas do Caribe.

O actor tamén falou algo sobre Piratas do Caribe 7, pero non cremos que nin o productor máis optimista pense niso.

Novo trailer de Fantastic 4

Xa podemos ver outro novo trailer de Fantastic 4 cheo de espectacularidade e emoción, ademáis de video-fichas de cada un dos personaxes e actores.

Xa queda menos para desfrutar desta película sobre a que hai diferentes opinións, tanto a favor como en contra. Teremos que agardar ata o 8 de xullo para dar unha opinión completa.

Babylon A.D.

Mathieu Kassovitz dirixirá Babylon A.D., esta superproducción de ciencia ficción que se estreará no 2006.

O filme está baseado na novela Babylon Babies de Maurice Dantec, ambientada nun futuro cercano e que xira ó redor da manipulación xenética. A novela conta a historia dun mercenario que recibe o encargo de levar unha rapaza de Rusia a Canadá. O soldado descubre que a moza foi manipulada por un virus sintético e que nas mentiras da súa mente se agocha a condea da humanidade.

Perdidos cambia de hora

Foi deci-lo eiquí e TVE cambiou a hora e mai-lo día de emisión da serie Perdidos. A serie pasa a emitirse os xoves ás 22:00 h.

A verdade é que é mellor hora pero fará que moita xente teña que elexir xa que a esa mesma hora emítese en Antena 3 Sen Rastro e 24 outras dúas series moi interesantes.

Highlander. The Source

A verdade é que xa perdemos a conta de cantas películas de Os Inmortais (Highlander)se levan feito, pero o que si sabemos é que cada director se propón facelo peor que o anterior. Nesta ocasión non só iso, senon que como o que está de moda son as triloxías e a eles lles sobran os cartos…

Os protagonistas desta nova entrega serán Duncan McCloud (Adrian Paul), Methos (Peter Wingfield) e Joe Dawson (Jim Byrnes). Este filme contará coa participación estelar (?) de Christopher Lambert no papel de Connor McLeod.

Todo isto e moito máis en Higlander. The Source. Comezade a tremer.

Sean Penn en Batman

Parece que hoxe en día é parte da promoción dunha película falar das súas continuacións. E Batman Begins noi ía ser menos. Os rumores ó redor dos protagonistas (sobre todo os viláns) e o posíbel guión non deixan de aparecer. A estrea está anunciada para o 2007, así que non nos queda nada.

Agora Christopher Nolan di que quere que Sean Penn sexa o Joker na próxima película que dirixirá. De momento o actor non se manifestou ó respecto.

Outros nomes que soan ó redor desta película son: Crispin Glover, Lachy Hulme e Paul Bettany.

Seguintes películas de Batman

Máis Batman

Dende fai algunhas semanas a TVE ven de estrear dúas series de grande éxito internacional, Mulleres desesperadas (Desperate Housewifes) e Perdidos (Lost).
Poden que non sexan series exactamente frikis pero si que son dúas series cun alto grao de orixinalidade desde plantexamentos totalmente convencionais.

PERDIDOS

Case trinta persoas son os únicos superviventes dun accidente aéreo nun illa deserta do Pacífico e inda que pareza soprendente ninguén os busca.

O grupo é altamente heteroxéneo e o conflicto de intereses está servido. Trinta persoas coas súas propias historias persoais que converten a serie nunha coral. Un músico de rock co mono, un ex-militar iraquí, unha presa que se fai pasar por marshall, un experto en supervivencia, unha embarazada, etc.

Só con isto teriamos unha versión tropical de Viven ou a serie de A illa dos famosos, pero Perdidos ten un personaxe máis: a illa. A illa está chea de misterios e de sucesos inexplicabeis, animais e monstros invisibeis… O terror é maior cando non podes ver ó teu inimigo.

A primeira tempada de Perdidos emítese na 1 de TVE os domingos ás 18:30 (unha hora un pouco rara para estar na casa vendo a tele no verán) e van po-lo segundo ou terceiro capítulo. Na canle FOX xa levan algo máis de tempo emitíndoa.

MULLERES DESESPERADAS


A primeira vista Mulleres desesperadas pode parecer unha versión de Sexo en Nova Iorke pero na corentena. Un barrio residencial case perfecto e catro mulleres que se xuntan para falar das súas cousas. Pouco ou ningún interese tería esta serie se non fora porque a narradora é unha morta que se suicidou levantándose a tapa dos sesos nos primeiros cinco minutos do primeiro capítulo. E entón a cousa si que está interesante.

Temos ó viuvo e ó fillo que viven agochando un segredo familiar. A muller perfecta que de tan perfecta o seu marido e fillos non a aturan. Unha versión latina de Victoria Beckham casado cun rico que lle cumpre tódo-los caprichos mentras ela mantén unha aventura co xardineiro. A ex-muller de negocios que agora ten que lidiar cos tres pequenos monstros dos seus fillos. A divorciada ca filla que queima (por descoido) a casa da súa rival na consecución do home case perfecto, pero que tamén agocha un oscuro segredo (inda non se sabe nada). E como en toda boa aldea (inda que esta estea chea de pretendido glamour) está a cotilla.

Humor negro, enredos e misterios nunha serie que sorprende a cada capítulo.

A primeira tempada de Mulleres desesperadas emítese na 1 de TVE os martes ás 22:00 e van po-lo cuarto capítulo, a dous capítulos por día. Na canle FOX tamén xa levan algún tempo emitíndoa.

Volve Falcon Crest

A TVG é un revival continuo e son verdadeiros especialistas en sacarlle o zume a todo ata a extenuación.

O domingo 26 de xuño comezará a enésima reposición de Falcon Crest, sen dúbida unha das series con máis sona da historia da televisión, porque os estadounidenses tamén saben facer culebróns.

A loita po-las viñas e as terras de Falcon Crest entre as varias familias deixará, de novo, a máis de un pegado ó televisor. A profunda maldade da inolvidábel Angela Chaning ten un atractivo irresistíbel.


«Mañá Chu-li, Falcon Crest volverá a ser meu»
(Angela Chaning, Falcon Crest)

Para os que non saiban de que vai todo esto recomendamos ler Falcon Crest. Maldad, riqueza y mucho putiferio en el Valle de Tuscany

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.