"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Un home identifícase polos seus actos. (Batman en Batman Begins)

Como corresponsal de Cinema Friki, tiven a sorte de ser un dos afortunados de ir a preestrea de Batman Begins e poder disfrutar dela antes que moita xente. E digo disfrutar porque disfrutei. Foi unha das poucas películas que podo dicir que o pasei ben, coma un neno, despois de sair do cine de ver A máscara do Zorro, e cunha película moi fiel ás súas orixes.

Aínda que houbo xente que dixo que non chegou á altura das película de Tim Burton, eu creo que esta vai máis alá, que é infinitamente máis exacta e cun desenlace que sorprenderá a moitos coma fixo comigo. Soamente retocaría un par de detalles para os puristas extremos (e non fanáticos) e convertiríase na adaptación dun comic mellor lograda ata agora (deixou o listón ben alto). Non se poder negar que o argumento é moi comiqueiro.

Christian Bale, Katie Holmes, Liam Neeson, Michael Caine, Gary Oldman, Morgan Freeman, Ken Watanabe, Rutger Hauer, mires onde mires na grande pantalla ves un actorazo, e iso nótase. Crea unhas personases cribles, xenialmente caracterizadas, que dan vida e acción a toda a película e cres que ese é Batman, Alfred, Lucius, Gordon, O Espantallo e un non tan ben Bruce Wayne. Todo un luxo. Nalgún momento, mentres a vía, parecíame que estaba mirando a viñeta dun cómic.

Gotham é máis real. A cidade de Tim Burton era estupenda, moi gótica e escura, como é a zona vella de Gotham. Esta é coma se existira de verdade. Non perde ese ton escuro, pero acábaste crendo de que pode haber unha cidade corrompida polo crime e a inxustiza. Os efectos visuais non sobran. Realmente ben feitos e non esaxerados. Non é como estas películas de superheroes que toda é un constante efecto especial (como vaise a ver nos 4 Fantásticos) senon que nesta están moi ben disimulados e podes ver a un Batman que é carne e óso, que recibe golpes é que parece constantemente anoxado.

Os guiños é o que realmente disfrutará o fan. Pequenos detalles no que se ve a capacidade friki de cada un e poder dicir: “¡Ei! Iso lino no cómic”. Pola contra, tamén hai algunhas cousas nas que se pode ver que iso non era así. Pero no contexto da película acaban pasando desapercibidas. Pero o que realmente vai facer disfrutar ó fan vai ser o final, o desenlace, pero iso tedes que velo vós.

En resumo, creo que non defraudará a ninguén, nin sequera ó fan máis extremista (sempre que teña un pouco de sentido común), e é unhas destas películas que podes ver unha e outra vez descubrindo cousas novas e volvendo a nosa infancia. Vale moito a pena. E iso preocúpame. Que tan ben feita que está, que fagan unha segunda e esnaquicen todo o feito por agora (aínda que teño ganas de ver a Batcova rematada, ou ver facer a Batman un pouco máis de detective). Pero iso xa se verá, e aínda falta moito. Ata o momento, haberá que ir a ver outra vez ó Señor da Noite e colle-los cómics e empezalos a ler dende o principio.

E nada máis, volvérmonos a ver nos mesmos Bat-comentarios e na mesma Bat-bitácora.

P.D.: Se noutra entrega volve a sair Ras Al´Ghul, a ver se pode aparecer a súa filla (Taliaaaaa…)

Diefer Casan

Crítica de Batman Begins

O renacemento do Señor da Noite.

Poucas veces acontece que unha película que espertara tantas expectativas como Batman Begins responda tan magníficamente a todas elas. Sempre que un mito é reditado para o cinema sentimos unha mestura de medo e expectación. Expectación porque é sempre unha grande experiencia volver a disfrutar dos heroes de sempre no cinema, pero sempre algo de medo, pois é tan frecuante que atrás dunha esplendida promoción se agoche unha película decepcionante…

Pero isto non acontece en Batman Begins. Desde o primeiro momento o espectador intúe que non vai sair defraudado. O ambiente e a música que van gobernar o resto da metraxe envólveno e fanlle esquecer rápidamente a posibilidade que o filme teña cualquer parecido cos dirixidos por Joel Schumacher. Desde a construcción máis contemporánea de Gotham City ata o feliz descubrimento de que cada un dos ultrafamosos membros do reparto encaixan a perfección nas súas personaxes, a sensación de satisfacción se acrecenta a medida que pasan os minutos.

¿Que diferencia este Batman daquel que hai preto de 20 anos nos ofreceu Tim Burton? Nada, todo. O filme de Burton estaba plagado de gótica escuridade, gárgolas, decadencia, personaxes esaxerados e un pequeno toque daquel surrealismo. O filme de Nolan… é escuro, sí, pero non gótico. Non temos surrealismo, senón personaxes claramente impulsados polas súas conviccións, de xeito que soamente Batman é ambiguo. O demáis é o escenario no que el se move. Só hai dous tipos de policías: os entregados á corrupción ou os puros de corazón; os viláns buscan a destrucción sen paliativos, sen escuros traumas ou razóns xustificables.

E o punto central da película é o medo. A idea do medo como arma de Batman que o utilizará para convertirse nunha lenda. O medo do propio Bruce Wayne ós morcegos tradúcese na elección da súa imaxe, do seu símbolo. A propia arma que os viláns utilizarán para levar a cabo os seus plans baseáse no medo. É moi acertada a elección do fío conductor cando do que se trata é de amosar como comeza Batman.

Pódense dicir moitas máis cousas. Moreas de detalles como o novo concept car elexido como Batmóbil, sen dúbida máis adaptado ós nosos tempos, a esplédida caracterización de Alfred, o criado (Michael Caine está perfecto no papel). Mesmo a relación que Bruce ten coa rapaza que lle toca neste filme resulta ser agradablemente atípica, e aporta profundidade á personaxe onde normalmente as relacións amorosas se lla restan.

Resumindo, estamos ante unha das películas mais satisfactorias dos últimos tempos para o aficionado medio ó cinema friki. Non defrauda, entusiasma. É intelixente, envolvente, con moita acción e pouca coreografía. Obviamente recomendable.

Agardo con impaciencia os comentarios que aqueles aficionados ó cómic seguidores do Señor da Noite teñan que facer. Porque cuando se adapta para o cinema un dous teus personaxes preferidos, sempre é importante ter en conta como se reflicte o espírito do heroe… pero para aquel que non ten os cómics de DC na súa estantería, a crítica non pode ser menos que moi positiva.

O druida

Bat-fanatismo

Ocorreu ó saíres do cine.

¿Gustóuvo-la película?– preguntounos cun xesto de escepticismo.
Sí, moito ¿A ti non?
Non, para nada. Non é a imaxe que teño de Batman, non é unha adaptación completamente fidel.

Ata entón preguntábame canto tardarían os fanáticos do cómic en dicir algo e descubro que non pasaran nin 5 minutos para escoitar a primeira crítica.

E é que esta lexión de moinantes agóchase ate o momento adecuado, matinando nos erros que imperdoablemente cometerá o incompetente do director de turno tendo por seguro que escribirán o seu nome con tinta indeleble na súa lista negra.

Ser director en Hollywood non debe ser nada fácil. Non só por ter que pelexarse coas estrelas do reparto, e en Batman Begins hai moitas, e contentar ó público senón por evitar que os productores fagan demasiados cambios no filme. Por exemplo, sábese que este mesmo proxecto estivo parado porque o estudo Warner quería facer algúns trocos significativos: Alfred non sería un correcto mordomo inglés cun punto de descaro, senón un afable mecánico afroamericano chamado Big Al, mentres o batmóbil sería un Lincoln Towncar tuneado e Bruce Wayne non sería un multimillonario senón un vagabundo.

Outro exemplo: a finais dos 90 estábase a preparar unha nova película de Superman co título de Superman Lives! O director ía ser Tim Burton cun guión escrito por Kevin Smith, unha combinación do máis apetecible. O productor Jon Peters descartou o proxecto porque estimaba que era mellor que Superman non voase, non levara o seu traxe e loitase cunha araña xigante ó final da película. Delirante, ¿non si? Pois Peters produxo en 1999 Wild Wild West, onde os protagonistas curiosamente son atacados por unha araña tan grande coma un edificio.

Xente coma Jon Peters existe, e o peor é que moitas veces ocupan cargos de responsabilidade e as consecuencias non son sempre tan inocuas como que se faga unha merda de película. Nolan fixo un traballo excelente con Batman Begins A PESAR de xente coma esta e iso se lle debe recoñecer. Ou en palabras de Jonathan Swift: “Cando aparece un xenio no mundo podédelo recoñecer por este signo, tódolos necios ó seu redor se conxuran contra él“.

Giménez Espantos

10 Comments

  1. by Diefer Casan, on Xuño 19 2005 @ 3:02 p.m.

     

    Graci

  2. by ifrit, on Xuño 21 2005 @ 12:07 a.m.

     

    Pois si, parece que por unha vez a cr

  3. by cynthia l . r., on Xullo 3 2005 @ 9:14 p.m.

     

    estuvo grandiosa mejor q las de antes

  4. by Diefer, on Xullo 7 2005 @ 9:00 a.m.

     

    Eu creo que parte do

  5. by Xan Pol Valei, on Xullo 9 2005 @ 7:32 p.m.

     

    Hai moitos Batmans. Cada bat-aficionado

  6. by Diefer, on Xullo 11 2005 @ 9:25 a.m.

     

    Eu xa disen noutro comentario que as pelis de Joel non eran malas, bueno, que s

  7. by Diefer, on Xullo 15 2005 @ 9:05 a.m.

     

    Ramin Djawadi, James Newton
    Howard, Hans Zimmer, Mel Wesson.

  8. by Angela, on Xullo 15 2005 @ 12:00 p.m.

     

    O erro

  9. by ifrit, on Xullo 15 2005 @ 5:39 p.m.

     

    Agora mesmo estou de xeonllos sobre area con cristais e cos brazos en cruz ca metade da colecci

  10. by Diefer, on Xullo 19 2005 @ 8:53 a.m.

     

    XDDDDDDDDD

    PING:
    TITLE: botas de pelicula gotica
    BLOG NAME: Que buscas QU

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.