Resident Evil III e IV
22 Xuño 2005Hai franquicias que teñen o éxito asegurado incluso antes de empezar e Resident Evil foi unha delas. O grande éxito da serie de videoxogos fixo que unhas primeiras películas bastante xustas en calidade foran todo un éxito.
Por iso xa se fala dunha terceira parte Resident Evil: Afterlife, que empezará a ser rodada a finais de ano en Australia.
E sen tempo para respirar xa se fala dunha cuarta parte. Resident Evil volve a casa polo que esta entrega estará ambientada no Xapón, para o que xa se están buscando localizacións en Tokio.
Dos guións no se sabe nada, pero eso é o de menos. Sen dúbida haberá monstros, tiros, virus e sustos. Non apto para cardíacos.
23 Xuño 2005 ás 9:54 am
Pois si. Seguen atentando contra o cine con cousas coma estas. Pero non vos enganedes. A segunda parte de Resident Evil (Bio-Hazard en xaponés) gustoume moito.
Máis fiel o videoxogo ca primeira, e coa aparición dos S.T.A.R.S. deron no punto. ö único que sobra é a personaxe de Milla, que aínda que ela quede moi ven na grande pantalla non ven para nada a conto. Unha pena.
A Paul W. Anderson (despois de facer AVP) deberon infectalo co Virus G. (So os fans de Resident Evil saben do que falo), jejeje
Unha apreta
28 Novembro 2007 ás 10:02 pm
que si puedes traducir lo escrito anterior mente que lo entiendo pero a trozos xfaaaa y yo daria todo mi a pollo a una 4 parte puesto que se lo merece