Mujeres desesperadas e Perdidos

23 Xuño 2005

Dende fai algunhas semanas a TVE ven de estrear dúas series de grande éxito internacional, Mulleres desesperadas (Desperate Housewifes) e Perdidos (Lost).
Poden que non sexan series exactamente frikis pero si que son dúas series cun alto grao de orixinalidade desde plantexamentos totalmente convencionais.

PERDIDOS

Case trinta persoas son os únicos superviventes dun accidente aéreo nun illa deserta do Pacífico e inda que pareza soprendente ninguén os busca.

O grupo é altamente heteroxéneo e o conflicto de intereses está servido. Trinta persoas coas súas propias historias persoais que converten a serie nunha coral. Un músico de rock co mono, un ex-militar iraquí, unha presa que se fai pasar por marshall, un experto en supervivencia, unha embarazada, etc.

Só con isto teriamos unha versión tropical de Viven ou a serie de A illa dos famosos, pero Perdidos ten un personaxe máis: a illa. A illa está chea de misterios e de sucesos inexplicabeis, animais e monstros invisibeis… O terror é maior cando non podes ver ó teu inimigo.

A primeira tempada de Perdidos emítese na 1 de TVE os domingos ás 18:30 (unha hora un pouco rara para estar na casa vendo a tele no verán) e van po-lo segundo ou terceiro capítulo. Na canle FOX xa levan algo máis de tempo emitíndoa.

MULLERES DESESPERADAS


A primeira vista Mulleres desesperadas pode parecer unha versión de Sexo en Nova Iorke pero na corentena. Un barrio residencial case perfecto e catro mulleres que se xuntan para falar das súas cousas. Pouco ou ningún interese tería esta serie se non fora porque a narradora é unha morta que se suicidou levantándose a tapa dos sesos nos primeiros cinco minutos do primeiro capítulo. E entón a cousa si que está interesante.

Temos ó viuvo e ó fillo que viven agochando un segredo familiar. A muller perfecta que de tan perfecta o seu marido e fillos non a aturan. Unha versión latina de Victoria Beckham casado cun rico que lle cumpre tódo-los caprichos mentras ela mantén unha aventura co xardineiro. A ex-muller de negocios que agora ten que lidiar cos tres pequenos monstros dos seus fillos. A divorciada ca filla que queima (por descoido) a casa da súa rival na consecución do home case perfecto, pero que tamén agocha un oscuro segredo (inda non se sabe nada). E como en toda boa aldea (inda que esta estea chea de pretendido glamour) está a cotilla.

Humor negro, enredos e misterios nunha serie que sorprende a cada capítulo.

A primeira tempada de Mulleres desesperadas emítese na 1 de TVE os martes ás 22:00 e van po-lo cuarto capítulo, a dous capítulos por día. Na canle FOX tamén xa levan algún tempo emitíndoa.

Publicado na categoría Series e TV | | Enriba

11 respostas a “Mujeres desesperadas e Perdidos”

  1. Diefer Casan di:

    Ummm, está moi ben, pero espero que non nos separemos do tema do cine.

  2. ifrit di:

    Estimado Diefer Casan, debería vostede volver a ler o subtítulo da bitácora e abandoar esa actitude inquisitorial súa.

  3. Pol di:

    [mode repelente ON]

    En ‘Sexo en nova Iorke’ debería ser Iorque si estás escribiendo en gallego. De todas formas creo que no deberías traducir los títulos o si lo haces dejarlos en el idioma al que se han traducido, en este caso el castellano.

    [mode repelente OFF]
    :D

  4. ifrit di:

    Xa temos discutido sobre este tema… ó mellor quere-lo por escrito…

    XD

  5. Diefer Casan di:

    Non o digo por mal, pero se comezamos a facer así, dentro de pouco haberá unha sección de videoxogos.

    XD

    E xa lin o subtítulo da bitácora, pero pensei que se referían a series ó estilo “O Coche fantástico”, “Bioman”, “Supadaiman”, etc… ou series das que se fixeron películas.

  6. ifrit di:

    O problema é un problema de divagación… Por natureza eu divago… E ata que o Consello Directivo se pronuncie eu son o único criterio.

    E tranquilo, acabaremos tendo sección de videoxogos.

    E non toques máis o tema que me acendo.

    Eu dixit.

  7. ifrit di:

    Señores, a próxima fin de semana no xardín de Diefer Casan podemos celebrar outra xuntanza das Bolboretas Nocturnas e discutir estes e outros temas e deixalo todo claro. Porque que me ande a dizir todas estas caralladas por comentarios…

  8. Diefer Casan di:

    Boh! Se o chego a saber non che digo nada. Por unha vez que son boíño e comento cousas.

    Pero xa che mandarei novas de series, xa verás, xa…

    ;p

  9. ifrit di:

    E inda por riba mo di como se me fixera un favor… Ameazando e todo.

    Que sei onde vives, rapaz!

  10. Diefer Casan di:

    ¿Ameazas? ¿Ameazas? Iso non foron ameazas.

    A próxima vez que fagamos unha reunión no meu paradisiaco xardín, madareiche o meu exército de bolboretas e polillas para que, en vez de atacar a Pabliño, vaian a por tí e aniñen nas túas orellas.
    Xa sabes, a Forza inflúe nas mentes débiles.

    Isto é unha ameaza.

    Hala! Ahí quedou iso.

    Biquiños.

  11. Gimenez Espantos di:

    Estoy seguro de que existe un mejor uso de los comentarios que el que utilizarlos de chat.

    Por lo demás, ya que os sentís tan atraídos el uno por el otro os informo de que existen pensiones muy baratas que os vendrían bien.

    De nada, a mandar.

    PING:
    TITLE: CINEMA FRIKI
    BLOG NAME: CINEMA FRIKI
    […] deci-lo eiquí e TVE cambiou a hora e mai-lo día de emisión da serie Perdidos. A serie pasa a emitirse os xoves ás 22:00 h.

    A verdade é que é mellor hora pero fará que moita xente teña que elexir xa que a esa mesma hora emítese en Antena […]

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image