Highlander. The Source
26 Xuño 2005A verdade é que xa perdemos a conta de cantas películas de Os Inmortais (Highlander)se levan feito, pero o que si sabemos é que cada director se propón facelo peor que o anterior. Nesta ocasión non só iso, senon que como o que está de moda son as triloxías e a eles lles sobran os cartos…
Os protagonistas desta nova entrega serán Duncan McCloud (Adrian Paul), Methos (Peter Wingfield) e Joe Dawson (Jim Byrnes). Este filme contará coa participación estelar (?) de Christopher Lambert no papel de Connor McLeod.
Todo isto e moito máis en Higlander. The Source. Comezade a tremer.