Kingdom Hospital
28 Xuño 2005
En setembro CANAL + estrea (quen sabe se xa en aberto) Kingdom Hospital, unha serie de medo escrita por Stephen King.
O Kingdom Hospital esta levantado sobre as ruínas dos anteriores hospitais, rodeados por escuras e espeluznantes historias. Esta escura lenda continúa na actualidade no novo hospital e os sucesos paranormais perseguen ós traballadores e visitantes.
En cada capítulo 20 novas personaxes loitarán na eterna batalla entre o ben e o mal.
A serie, dirixida por Craig R. Baxley, consta de 13 capítulos e conta entre o seu reparto con Andrew McCarthy, Bruce Davison, Diane Ladd, Brandon Bauer, Jack Coleman e Jennifer Cunningham.
28 Xuño 2005 ás 8:23 pm
Ten boa pinta, aínda que sexa de Stephen King. Moi ó estilo de Silent Hill, e a min encantoume. A todo isto, xa se está rodando a peli de este xogo (Silent Hill) que en canto teña as primeiras imaxes xa as mandarei.
Coma dixen, no Hospital onde traballo non hai aparicións, pero pantasmas de abondo.
XD
P.D.: Graciñas, Ifrit ;p