"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xuño, 2005

Miami Vice

Luis Tosar recén rematou a rodaxe de Cargo co director Clive Gordon e en setembro comezará a rodaxe de Miami Vice, a adaptación cinematográfica da famosa serie Corrupción en Miami.

Luis Tosar interpreta a Montoya, o xefe dun cártel da droga e malo do filme. O director será Michael Mann e acompañarán a Tosar na pantalla Colin Farrell (Sonny Crockett), Jamie Foxx (Ricardo Tubbs), Naomi Harris (Gina Calabrese) e Gong Li (muller de Montoya).


Aquí está o primeiro cartace de The Chronicles of Narnia: The Lion, The Witch and The Wardrobe a esperadísima próxima película na que participa Weta Workshop.

Tamén hai que ter en conta que a película é de Walt Disney polo que o que escribe deixará a sala como se poñan a cantar.

Novas breves

Hai novas ou rumores que po-la súa brevedade non dan para unha entrada na bitácora así que aparecerán neste espazo chamado “En dúas palabras”

Resident Evil III e IV

Hai franquicias que teñen o éxito asegurado incluso antes de empezar e Resident Evil foi unha delas. O grande éxito da serie de videoxogos fixo que unhas primeiras películas bastante xustas en calidade foran todo un éxito.

Por iso xa se fala dunha terceira parte Resident Evil: Afterlife, que empezará a ser rodada a finais de ano en Australia.

E sen tempo para respirar xa se fala dunha cuarta parte. Resident Evil volve a casa polo que esta entrega estará ambientada no Xapón, para o que xa se están buscando localizacións en Tokio.

Dos guións no se sabe nada, pero eso é o de menos. Sen dúbida haberá monstros, tiros, virus e sustos. Non apto para cardíacos.

Páxina e cartace de Corpse Bride


A noiva cadaver xa ten a súa páxina web e o seu primeiro cartace promocional. A desfrutar toca.

Tim Burton está que non para. Para o verán estrea Charlie and the Chocolate Factory e para Halloween (Día de tódo-los Santos e Día das cabazas por estes lares) volveremos disfrutar con outro conto para que os nenos non durman e coa inconfundíbel marca do xenio.

Sigan atentos ás súas pantallas.

Un home identifícase polos seus actos. (Batman en Batman Begins)

Como corresponsal de Cinema Friki, tiven a sorte de ser un dos afortunados de ir a preestrea de Batman Begins e poder disfrutar dela antes que moita xente. E digo disfrutar porque disfrutei. Foi unha das poucas películas que podo dicir que o pasei ben, coma un neno, despois de sair do cine de ver A máscara do Zorro, e cunha película moi fiel ás súas orixes.

Aínda que houbo xente que dixo que non chegou á altura das película de Tim Burton, eu creo que esta vai máis alá, que é infinitamente máis exacta e cun desenlace que sorprenderá a moitos coma fixo comigo. Soamente retocaría un par de detalles para os puristas extremos (e non fanáticos) e convertiríase na adaptación dun comic mellor lograda ata agora (deixou o listón ben alto). Non se poder negar que o argumento é moi comiqueiro.

Christian Bale, Katie Holmes, Liam Neeson, Michael Caine, Gary Oldman, Morgan Freeman, Ken Watanabe, Rutger Hauer, mires onde mires na grande pantalla ves un actorazo, e iso nótase. Crea unhas personases cribles, xenialmente caracterizadas, que dan vida e acción a toda a película e cres que ese é Batman, Alfred, Lucius, Gordon, O Espantallo e un non tan ben Bruce Wayne. Todo un luxo. Nalgún momento, mentres a vía, parecíame que estaba mirando a viñeta dun cómic.

Gotham é máis real. A cidade de Tim Burton era estupenda, moi gótica e escura, como é a zona vella de Gotham. Esta é coma se existira de verdade. Non perde ese ton escuro, pero acábaste crendo de que pode haber unha cidade corrompida polo crime e a inxustiza. Os efectos visuais non sobran. Realmente ben feitos e non esaxerados. Non é como estas películas de superheroes que toda é un constante efecto especial (como vaise a ver nos 4 Fantásticos) senon que nesta están moi ben disimulados e podes ver a un Batman que é carne e óso, que recibe golpes é que parece constantemente anoxado.

Os guiños é o que realmente disfrutará o fan. Pequenos detalles no que se ve a capacidade friki de cada un e poder dicir: “¡Ei! Iso lino no cómic”. Pola contra, tamén hai algunhas cousas nas que se pode ver que iso non era así. Pero no contexto da película acaban pasando desapercibidas. Pero o que realmente vai facer disfrutar ó fan vai ser o final, o desenlace, pero iso tedes que velo vós.

En resumo, creo que non defraudará a ninguén, nin sequera ó fan máis extremista (sempre que teña un pouco de sentido común), e é unhas destas películas que podes ver unha e outra vez descubrindo cousas novas e volvendo a nosa infancia. Vale moito a pena. E iso preocúpame. Que tan ben feita que está, que fagan unha segunda e esnaquicen todo o feito por agora (aínda que teño ganas de ver a Batcova rematada, ou ver facer a Batman un pouco máis de detective). Pero iso xa se verá, e aínda falta moito. Ata o momento, haberá que ir a ver outra vez ó Señor da Noite e colle-los cómics e empezalos a ler dende o principio.

E nada máis, volvérmonos a ver nos mesmos Bat-comentarios e na mesma Bat-bitácora.

P.D.: Se noutra entrega volve a sair Ras Al´Ghul, a ver se pode aparecer a súa filla (Taliaaaaa…)

Diefer Casan

Crítica de Batman Begins

O renacemento do Señor da Noite.

Poucas veces acontece que unha película que espertara tantas expectativas como Batman Begins responda tan magníficamente a todas elas. Sempre que un mito é reditado para o cinema sentimos unha mestura de medo e expectación. Expectación porque é sempre unha grande experiencia volver a disfrutar dos heroes de sempre no cinema, pero sempre algo de medo, pois é tan frecuante que atrás dunha esplendida promoción se agoche unha película decepcionante…

Pero isto non acontece en Batman Begins. Desde o primeiro momento o espectador intúe que non vai sair defraudado. O ambiente e a música que van gobernar o resto da metraxe envólveno e fanlle esquecer rápidamente a posibilidade que o filme teña cualquer parecido cos dirixidos por Joel Schumacher. Desde a construcción máis contemporánea de Gotham City ata o feliz descubrimento de que cada un dos ultrafamosos membros do reparto encaixan a perfección nas súas personaxes, a sensación de satisfacción se acrecenta a medida que pasan os minutos.

¿Que diferencia este Batman daquel que hai preto de 20 anos nos ofreceu Tim Burton? Nada, todo. O filme de Burton estaba plagado de gótica escuridade, gárgolas, decadencia, personaxes esaxerados e un pequeno toque daquel surrealismo. O filme de Nolan… é escuro, sí, pero non gótico. Non temos surrealismo, senón personaxes claramente impulsados polas súas conviccións, de xeito que soamente Batman é ambiguo. O demáis é o escenario no que el se move. Só hai dous tipos de policías: os entregados á corrupción ou os puros de corazón; os viláns buscan a destrucción sen paliativos, sen escuros traumas ou razóns xustificables.

E o punto central da película é o medo. A idea do medo como arma de Batman que o utilizará para convertirse nunha lenda. O medo do propio Bruce Wayne ós morcegos tradúcese na elección da súa imaxe, do seu símbolo. A propia arma que os viláns utilizarán para levar a cabo os seus plans baseáse no medo. É moi acertada a elección do fío conductor cando do que se trata é de amosar como comeza Batman.

Pódense dicir moitas máis cousas. Moreas de detalles como o novo concept car elexido como Batmóbil, sen dúbida máis adaptado ós nosos tempos, a esplédida caracterización de Alfred, o criado (Michael Caine está perfecto no papel). Mesmo a relación que Bruce ten coa rapaza que lle toca neste filme resulta ser agradablemente atípica, e aporta profundidade á personaxe onde normalmente as relacións amorosas se lla restan.

Resumindo, estamos ante unha das películas mais satisfactorias dos últimos tempos para o aficionado medio ó cinema friki. Non defrauda, entusiasma. É intelixente, envolvente, con moita acción e pouca coreografía. Obviamente recomendable.

Agardo con impaciencia os comentarios que aqueles aficionados ó cómic seguidores do Señor da Noite teñan que facer. Porque cuando se adapta para o cinema un dous teus personaxes preferidos, sempre é importante ter en conta como se reflicte o espírito do heroe… pero para aquel que non ten os cómics de DC na súa estantería, a crítica non pode ser menos que moi positiva.

O druida

Bat-fanatismo

Ocorreu ó saíres do cine.

¿Gustóuvo-la película?– preguntounos cun xesto de escepticismo.
Sí, moito ¿A ti non?
Non, para nada. Non é a imaxe que teño de Batman, non é unha adaptación completamente fidel.

Ata entón preguntábame canto tardarían os fanáticos do cómic en dicir algo e descubro que non pasaran nin 5 minutos para escoitar a primeira crítica.

E é que esta lexión de moinantes agóchase ate o momento adecuado, matinando nos erros que imperdoablemente cometerá o incompetente do director de turno tendo por seguro que escribirán o seu nome con tinta indeleble na súa lista negra.

Ser director en Hollywood non debe ser nada fácil. Non só por ter que pelexarse coas estrelas do reparto, e en Batman Begins hai moitas, e contentar ó público senón por evitar que os productores fagan demasiados cambios no filme. Por exemplo, sábese que este mesmo proxecto estivo parado porque o estudo Warner quería facer algúns trocos significativos: Alfred non sería un correcto mordomo inglés cun punto de descaro, senón un afable mecánico afroamericano chamado Big Al, mentres o batmóbil sería un Lincoln Towncar tuneado e Bruce Wayne non sería un multimillonario senón un vagabundo.

Outro exemplo: a finais dos 90 estábase a preparar unha nova película de Superman co título de Superman Lives! O director ía ser Tim Burton cun guión escrito por Kevin Smith, unha combinación do máis apetecible. O productor Jon Peters descartou o proxecto porque estimaba que era mellor que Superman non voase, non levara o seu traxe e loitase cunha araña xigante ó final da película. Delirante, ¿non si? Pois Peters produxo en 1999 Wild Wild West, onde os protagonistas curiosamente son atacados por unha araña tan grande coma un edificio.

Xente coma Jon Peters existe, e o peor é que moitas veces ocupan cargos de responsabilidade e as consecuencias non son sempre tan inocuas como que se faga unha merda de película. Nolan fixo un traballo excelente con Batman Begins A PESAR de xente coma esta e iso se lle debe recoñecer. Ou en palabras de Jonathan Swift: “Cando aparece un xenio no mundo podédelo recoñecer por este signo, tódolos necios ó seu redor se conxuran contra él“.

Giménez Espantos


E aquí temos o primeiro cartace de X-men 3 que seguramente sae agora para calmar ós inquedos fans despois das novas que falaban de estranos guións e o xa oficial troco de director.

A algún lle parecerá o cartace dunha posíbel película de Lobeto, pero é que sen dúbida é un dos mutantes con máis personalidade e que volverá a ter gran relevancia nesta nova entrega.

Hitman


Ademáis da banda deseñada, a outra fonte de onde beben as productoras estadounidenses faltas de ideas é do mundo dos videoxogos, noutrora foi ó contrario.

Esta vez tócalle o turno ó Axente 47, protagonista do popular shooter Hitman, que podería ser interpretado po-lo actor de acción de moda, Vin Diesel.

Agardando por Alita

Non todo podens ser boas novas e parece que a rodaxe de Alita. Anxo de Combate por parte de James Cameron inda vai para largo. Po-lo visto anunciouse que Cameron ten outro proxecto inda sen título (de momento é só o Proxecto 880) sobre a historia real dunha mergulladora estilo apnea que intenta supera-la marca do seu home.

Máis Batman

Como ben sabedes esto de Batman engancha e agora Christopher Nolan di que quere rodar xa a seguinte película. E ademáis quere que nesta apareza o Joker

Así que xa empezaron os rumores sobre quen interpretará ó “simpático” paiaso. Por unha banda temos a Mark Hamill, que lle pon a voz na serie de animación, a coñecida Batman: The Animated Series. E po-la outra banda e con máis forza está Crispin Glover.

Fagan as súas apostas.

Baixas en X-men 3

Matthew Vaughn, o que ía se-lo director de X-men 3, báixase do carro sen dar moitas explicacións. Os candidatos que máis soan: Joss Whedon, John Moore e Brett Ratner (Xa non é un rumor, Brett Ratner é o novo director de X-men 3)
A película retrasarase ata verán do 2006.

Para que o ánimo non decaera o presidente de Marvel, Avi Arad, deu algunhas pistas alarmantes sobre a película: tres personaxes principais morren para sempre, unha mutante perde os poderes para sempre e algo gordo pasa cando alguén descubre a alguén follandon con alguén…
E todos diredes: “¿¡Pero estas cousas non pasan nos cómics, nin siquera na serie animada!?”

Seguiremos agardando que sorpresas nos depara esta película.

Rodaxe de V de Vendetta


Aquí están as primeiras fotos da rodaxe de V de Vendetta que se está a levar a cabo en Londres.
Nas imaxes o máximo que se pode apreciar é a militarización da cidade como consecuencia do rexime totalitarista que goberna.

É para quedar pampo

Cóntanme que a dobraxe da película Kun-Fu-Sion (quedaron cansos co esforzo), a.k.a Kung Fu Hustle, é para quedar pampo. Resulta que á productora (ou ó estudo de dobraxe) non se lles ocorreu mellor forma de promociona-lo filme que poñerlle acentos rexionais a cada un das personaxes: así temos que as lavandeiras do principio teñen un acentazo que parecen de Camariñas aínda que pasarían por fillas de Fu Manchú himself. Ou a caseira, á que lles parecía que lle cadraba un acento catalá que sería a envexa de Yoda Pujol.

E non quedou aí a cousa, senón que para darlle máis gracia ó asunto cambiaron o guión para engadir frases supostamente enxeñosas como “toma una cebolla para que te crezca la polla”, de tal xeito que o espectador queda sen saber moi ben de que vai a película.

Teño que dicir que eu xa o vía vir. Desde que alguén estendeu o rumor de que “Florentino Fernández es lo más” (¿?) temos toda unha escola de imitadores de imitadores que non deixan de torturar ós que coma no meu caso viamos isto como outra estúpida moda pasaxeira, e que agora comezamos a temer de que non nos libremos xamais dela. Aínda lembro conmocionado cando un coñecido contábame sen vergoña algunha que descargara a primeira parte do Señor dos Aneis dobrada enteramente á xerga de Chiquito de la Calzada, e non só iso, ¡senón que lle gustara!

Xa sei o que pensan, e dóulle-la razón: ese tipo de xente desgrava na declaración de Facenda. Pero Cinemafriki unha vez máis atendendo ás necesidades dos excluidos sociais (friquis, licenciados, taxistas, etc.) elaborou un sinxelo gráfico que esquematiza de forma clara e precisa a relación CI-mass media que disipará dunha vez e para sempre tódalas dúbidas que poidan ter:

Espero que coa axuda que lles ofrecemos de maneira desinteresada teñan ben claro de agora en diante o grupo ó que pertencen vostedes e as súas amizades.

Giménez Espantos

Crítica Kung-Fu Sion


Pois este é o primeiro póster e a primeira información que aparece referente á terceira entrega do peculiar investigador Torrente, que se chamará Torrente Acabao (xa pasou aquelo de Operación Perejil). Por diante a difícil pero non imposíbel misión de superar ás súas predecesoras.

Nin tódo-los críticos de Cinema Friki xuntos fomos quen de achar a que cartace doutra película se nos semellaba.

Sabemos que estas cousas están feitas para iso, pero cada vez que vemos novas imaxes desta película éntrannos máis e máis ganas de vela, pois tamén sabemos que Tim Burton, Johnny Depp, Christopher Lee e Danny Elfman non nos poden defraudar.

Como diría Melendi: “Este es el chocolate que a mi me pone.”

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.