"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xullo, 2005

Dungeon Siege

Uwe Boll pon os pelos de punta a calquera sempre que se fala dunha adaptación dun videoxogo ou similar. Agora tócall o turno á espada e á bruxería de Dungeon Siege.

Jason Statham será Farmer (o heroe), Leelee Sobieski será Muriela (filla do feiticeiro da corte, Merrick interpretado por John Rhys Davies), Ron Perlman será Norick (amigo de Farmer), Matthew Lillard será o Duque Fallow, Burt Reynolds o Rei Konreid e Kristanna Loken será Elora (unha criatura encantada que semella unha árbore e axudará a Farmer a supera-las probas máis difíciles)

Rodarase nos arredores de Vancouver a partir de setembro.

The Blood Diamond

Leonardo DiCaprio interpretará a un contrabandista de “blood diamond” ou “diamantes do conflito” na convulsa Serra Leoa de 1999 sumida nunha cruenta guerra civil.
O contrabandista deixará os seus oscuros negocios para axudar a un granxeiro que perdeu ó seu fillo, agora neno soldado.

Máis Master and Comander

Hai coma 21 libros de Master and Commander, e a Fox xa ten o barco, pólo que moita xente, coido que están confusos co feito de que non haxa unha secuela xa. Só teremos que agardar. Estabamos a falar diso e Peter Weir dixo que eu non morrería na seguinte, pero dixo que morrería na terceira. Pólo que teño outra pelicula e unha escea de morte! ¡É xenial! Espero que fagan algunhas cantas máis xa que foi moi divertido face-la película.

Billy Boyd

Antes que nada o que terán que agardar é que Russell Crowe arranxe os seus problemas ca xustiza.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.