"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Outubro, 2005

Remake de Depredador


Pois iso que hai un rumor que di que haberá un remake de Depredador e que o protagonista será este tal John Cena.

Esperemos que só sexa un rumor.

Vía Cinema Blend

Trailer de Hostel


Aquí tedes o trailer de Hostel a nova película de Eli Roth, director de Cabin Fever, apadriñado por Quentin Tarantino.

O filme conta a historia duns mozos estadounidense que van a eslovaquia a facer turismo sexual e vense envoltos nunha trama de sangue, torturas e carnicería salvaxe.

O filme esperta críticas e reaccións de todo tipo. Coido que todo depende do que penses que vas ver e das espectativas que se teñan.

Vía Cinema Blend

Le a crítica de absence (de El blog ausente)

Michael Caine en The Prestige

Michael Caine é a última incorporación ó novo proxecto de Christopher Nolan, The Prestige.

The Prestige narra o enfrontamento entre dous magos, Christian Bale e Hugh Jackman, a principios do século XX.

Michael Caine interpreta a un mago que entrena a Hugh Jackman.

Vía KillerMovies.com

Lindsay Lohan é a última incorporación ó proxecto escrito e dirixido por Emilio Estévez.

O filme, titulado Bobby, mistura ficción e realidade para contar as historias entrecruzadas de distintas personaxes que se atopaban no Hotel Ambassador de Os Ánxeles nas horas precedentes ó asasinato de Kennedy.

O reparto de luxo contará coa presenza de Anthony Hopkins, Demi Moore, Sharon Stone, Elijah Wood, Nick Cannon e Freddy Rodríguez, ademáis do propio Emilio Estévez.

Vía KillerMovies.com

[editado] Únense a esta longa lista de estrelas: William H. Macy, Helen Hunt, Christian Slater, Joshua Jackson e James Marsden.

Están en negociacións Martin Sheen (Ramon Gerard Antonio Estevez, pai de Emilio Estévez e Charlie Sheen) e Joy Bryant.

Vía KillerMovies.com

Stardust


O británico Matthew Vaughn dirixirá e producirá para a Paramount Pictures unha adaptación dunha das obras máis aclamadas de Neil Gaiman, Stardust.

Como xa sabedes todos Stardust é un conto de fadas pouco convencional. A historia, situada nunha singular vila inglesa, cóntanos como un mozo lle promete á súa namorada recuperar unha estrela caida, para o que terá que enfrontarse con bruxas, trasnos, gnomos, animais que falan e malvadas árbores.

O proxecto a penas está en cueiros e podemos agardar de todo, pero está ben que os superheroes non sexan os únicos que sexan adaptados á pantalla grande.

Vía KillerMovies.com


O arranque de Cube é ben sinxelo. Un grupo de persoas sen ningunha relación entre elas aparecen de súpeto encerradas nun labirinto cúbico. O desenlace xa é máis complicado.

Cube é unha película non apta para claustrofóbicos, xa que a totalidade da mesma ten lugar en habitacións cúbicas fechadas con seis saidas que dan a outras tantas habitacións, nalgunhas das cales hai trampas mortais.

Medo, violencia, desconfianza, son algún dos sentimentos predominantes dentro do heteroxeneo grupo. Cada un é unha peza clave para atopar a saida, se a hai, inda que non todos chegarán ó final.

Cube é un proxecto arriscado. No filme priman as actuacións dos actores e actrices e os diálogos por riba de todo o demáis. Os escenarios son ben sinxelos, toda-las habitacións son practicamente iguais.

Terror psicolóxico e claustrofobia son as palabras que mellor resumen esta película, ademáis dunha máis que interesante forma de resolve-lo enigma.

Cube é o inferno en forma de cubo de Rubik.

The Ifrit

Crítica de Cube


Unha das cousas que máis me chamou a atención da peli, a parte das integrantes femininas do reparto, foi a utilización dun arma antiaerea. Tendo en conta que a peli é futurista, digo eu, preguntome eu, ¿que carallo fai no futuro unha Flakvierling 38 de 20mm? Posto que me fixei ven no detalle da peli, e consultando as miñas fontes, a arma en si e mailo afuste utilizado coinciden plenamente, sendo quizais o unico detalle modernista a mira que tiña a arma na pelicula (ainda que esta arma desenrolouse despois da Guerra Civil española, pois é o desenrolo do Flak 30 de 20mm feito pola casa Mauser) que inda asi de moderno non ten moito , dado que a arma contaba cunha mira con calculador electronico, inda que normalmente sustituiase por outra máis sencilla. Ah, e para non olvidarme, a cadencia debería ser moito máis superior, posto que podía por 420 disparos por minuto. O desenrolo máis famoso deste arma é o antiareo cuadruple que se ve nalgunhas pelis.

Outro tirón de orellas son paras armas que aparecen na pelicula. Por favor, unha mp45 simplemente modificada no cano… cutressss, poderían ter un pouquiño mais de imaxinacion.

Pero asi, e todo, a peli estivo mooiii ben.

The Inversorr

Tildes por cortesía de The Ifrit.

Unha peli típica ben feita
Esta é unha desas pelis das que xa non se fan, e inda non sabemos por qué. Utiliza tódo-los recursos o seu alcance sen necesidade duns orzamentos super-millonarios.

Serenity é practicamente perfecta. Non digo que sexa unha obra mestra, pero si é unha peli redonda. Ten tódo-los ingredientes dun filme do xénero mesturados na súa xusta medida. Os efectos especiais, o guión, os actores e actrices, a ambientación… Todo no seu sitio. Por iso nos preguntamos ¿por qué vemos tan poucas películas deste tipo? ¿é tan difícil facer algo así?

E non só iso. Ademáis non nos quere ensinar nada, non ten moralina. O prota non é bo, inda que si un heroe. Os protagonistas son arquetípicos pero non por iso son os de sempre, se non que son singulares.

Aventuras, intrigas, acción, ciencia ficción, batallas de naves…

E disque a serie, Firefly, é inda mellor. Así que xa devezemos por conseguila.

Ifrit

Le as críticas de Rafa Marín (de Crisei), absence (de El blog ausente) y de algernon (de La cosa húmeda).
Crítica Serenity


A imaxe é oficial pero o póster ben pode ser un fake. O que si queda claro é que houbo algún que outro cambio significativo dende a última imaxe mostrada co primeiro trailer.

Vía Cinema Blend

James Newton Howard en King Kong

Trailer de King Kong

Election

É a hora, coma sempre cada dous anos, para os membros maiores da máis vella tríada de Hong Kong, a Wo Shing Society, de elexir un novo líder. Feroces rivalidades xurden entre os dous candidatos. Lok, respectado po-los Uncles é o favorito para gañar. Pero o seu rival Big D non se deterá ante nada para evitalo, incluido ir en contra de centos de anos de tradición da tríada e influenciar o voto con diñeiro e violencia.

Cando o ancestral símbolo do liderazgo dos Wo Shing, o Dragon’s Heat Baton, pérdese, unha loita despiadada po-lo poder estoura e a carreira para recupera-lo cetro ameaza con racha-lo Wo Shing en dous. Un efrontamento entre os costumes tradicionais da irmandade e o violento mundo dos negocios do século XXI.

Election é a última película de Johnnie To que recibíu unha homenaxe no recente Festival de Sitges, así como o premio ó Mellor Director na Sección Oficial, e Election o premio Fantàstic do Xurado Carnet Jove.

(Ver trailer de Election)

The Tiger Blade

Nestas películas o de menos é o argumento, pero ahí vai:
Cando a policia se enfronta cun caso altamente volátil, un policia novo e rebelde con poderes místicos é posto no caso. Yosthana forma equipo coa seductora Duangdao, e xuntos deberán dar caza e captura á brutal e mortal Banda das Cinco Balas.

A banda está liderada po-lo aterrador Mahesak, que, ó igual que Yosthana está entrenado nas artes da feiticería e da maxia. Mahesak só pode ser derrotado coa Tiger Blade, unha espada máxica e ancestral, que contén os poderes da natureza e as forzas do ben. Yosthana debe atopa-la Tiger Blade e levar a Mahesak perante a xustiza antes de que os bandidos leven á cidade ó caos total. Só un pode sobrevivir.

Outra espectacular película tailandesa onde o principal son as pelexas. A especialidade de The Tiger Blade son as patadas cara atrás na cara. A ver se vos quedades cos nomes dos actores Atsadawut Luengsuntorn, Phimonrat Phisarayabud, Pongput Wachilabunjong, Suengsooda Lawanprasert, Amornrit Sriphung e Chalut Na-Songkla. O director Theeratorn Siripunwaraporn.

(Ver trailer de The Tiger Blade)

The Cave of the Yellow Dog

Nansal de seis anos, a filla maior dunha familia nómada mongola, atopa un can pequeno un día que sae ó campo. Cando o leva a casa o seu pai teme que lles poda traer mala sorte e ordéalle que o leve dalí inmediatamente. En troques de obedecer ó seu pai queda co canciño e trata de agochalo do seu escéptico pai. Cando a familia colle camiño en busca doutro campo o pai deixa ó canciño atrás atado a un pao. Só cando o can salva ó bebe da familia do ataque duns perigosos voitres o pai aceptao e acolleo na súa familia.

Vale, a peli non é friki pero un tamén ten o seu corazonciño gafapasta e sensíbel. Ademáis é a película que presenta Mongolia ós Oscar.

(Ver trailer The Cave of the Yellow Dog)

Vía KFC Cinema


A modelo Omahyra Mota (rostro do perfume de Gaultier Fragile) interpretará a Stacy X en X-men 3, unha mutante nova que acompaña todo o tempo a Juggernaut e ten o poder de segregar feromonas para poder atraer así a calquera.

Cousas veredes…

Vía Superhero Hype

Super-cameos en X-men 3, , Ben Foster en X-men 3, As irmás Williams en X-men 3, Nova muntante en X-men 3, Cartace teaser de X-men 3, Baixas en X-men 3, Posíbel reparto de X-men 3, Novas da Patrulla X 3.

Angelina Jolie en Casino Royale

Angelina Jolie podería interpretar a unha axente doble rusa chamada Vesper Lynd coa que Bond acaba na cama.

Visto o visto en Sr. e Sra. Smith Angelina Jolie ten todo o que cómpre para ser chica Bond. Coido que o problema virá coma sempre po-la banda dos cartos.

Vía KillerMovies.com

[editado] Agora disque Angelina Jolie preferiría facer un papel de mala.

Vía Cinema Blend

Vilán e chica Bond de Casino Royale

Ás voltas de novo co novo James Bond

Ás voltas co novo James Bond

O novo James Bond

Casino Royale

Cinema na TVG

Ás veces a TVG sorpréndenos con películas de calidade ou desas malas malas que tanto nos gustan, con esas doblaxes que melloran o produto orixinal.

Así que a semanas que poida irei poñendo as películas interesantes e “interesantes” que van botar.

    Luns 17, 23:30 h, Replicant: Jean Claude Van Damme por partida doble. Ciencia ficción ó servizo da acción máis de recheo posíbel. Só para fans do “Ventilador belga”.

    Martes 18, 1:30 h, Maxie: Comedia de pantasmas cunha Glenn Close posuida.

    *Mércores 19, 00:30 h, Ras: Unha de medo ecolóxico dos 70. Unha familia nunha casa aillada no medio do monte onde os animais darredor empezan a comportarse estranamente e a atacalos.

    **Venres 21, 00:35 h, Os intrépidos salvaxes: “Un príncipe vikingo parte na compaña dun grupo de esforzados guerreiros do país do norte ao rescate do seu pai, prisioneiro dos salvaxes habitantes da remota e aínda ignota costa norteamericana. Malia que a viaxe e o encontro cos salvaxes da outra beira do Atlántico sexa unha aventura de incerto resultado, os expedicionarios embarcan dispostos a todo para salvar a vida do seu rei.” ¡Guau! ¡Peli dos 70 con vikingos contra indios!

    Sábado 22, 00:35 h, Heroes sen patria: Irlandeses que loitan no exercito americano son encarceados po-la súa simpatia cos mexicanos e cando fuxen son secuestrados po-los guerrilleiros mexicanos. Todo isto no século XIX, claro.
    Esta é a estrea da semana, que a película é do 99.

    ***Sábado 22, 2:40 h, Os crimes da Rúa Morgue: Versión do relato co mesmo nome de Poe. Non sabemos que versión é a que botarán, a de 1914, a de 1932 ou a de 1971…

Como podedes comprobar a TVG só programa cinema para parados, inda que botan moi poucos anuncios nas películas.

[As películas do xoves e do domingo inda están por determinar…]
[editado] Demasiado bonito para ser verdade. Da páxina web da TVG á realidade hai un abismo. O éxito de acerto a penas chegou ó 10%


Aquí temos o trailer da segunda película desta triloxía rusa. Se primeiro foron Os Gardiáns da noite agora lles toca o turno a Os Gardiáns do día (Dnevnoy dozor).

O trailer é menos espectacular que o primeiro, así que ó mellor a peli é máis interesante. Vai ti saber, como está todo en ruso…

Vía Uruloki

Unha vez confirmado Daniel Craig coma James Bond a carreira de rumores empeza para saber quen ou quenes serán as chicas Bond en Casino Royale.

A primeira en empeza-la carreira é Jessica Alba. Cualidades non lle faltan e ganas tampouco.

Lede a nova no sitio orixinal que non ten desperdicio.

A outra carreira, menos interesante, é a de vilán do filme. E autocolocado nos primeiros postos está Gulshan Grover.

Fagan xogo.

Vía Cinema Blend

E por certo, o axente 007 tampouco fumará desta volta.

Vía Cinema Blend

Ás voltas de novo co novo James Bond

Ás voltas co novo James Bond

O novo James Bond

Casino Royale

Michael Keaton en Batman

O último rumor sobre o posíbel actor para interpretar á personaxe do Joker na próxima película de Batman apunta cara a Michael Keaton, o que fora Batman/Bruce Wayne en Batman e Batman Volve.

Seguimos facendo quinielas.

Para saber nada fixo sobre a nova película de Batman inda teremos que agardar un anaco, Christopher Nolan e Christian Bale comezarán a rodar en breve o filme The Prestige (e non, non vai diso)

Vía Cinema Blend

Isla Fisher en Batman, Justin Timberlake en Batman, Outro Joker máis, Katie Holmes fóra do próximo Batman, Sean Penn en Batman, Máis Batman, Seguintes películas de Batman

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.