James Newton Howard en King Kong
15 Outubro 2005James Newton Howard sustituirá a Howard Shore coma compositor da banda sonora de King Kong.
Teño disfrutado moito as miñas colaboracións con Howard Shore, os seus temas musicais fixeron unha contribución sen medida á triloxía de O Señor dos Aneis.
Durante as últimas semanas, Howard e máis démonos conta de que tiñamos diferentes aspiracións creativas para a banda sonora de King Kong.
En troques de gasta-lo tempo discutindo cun amigo e intentado unifica-los nosos puntos de vista, decidimos amigabelmente deixar a outro compositor face-la banda sonora. Estou mirando de traballar con James Newton Howard, un compositor do que admiro o seu traballo dende fai tempo, e doulle as gracias a Howard Shore, cuxo talento tan só é superado polo seu saber estar.
Peter Jackson, director de King Kong
A verdade é que a estes niveis e con estes nomes a calidade na banda sonora está asegurada de todas todas.
Vía KillerMovies.com