Trailer de Dnevnoy Dozor

16 Outubro 2005


Aquí temos o trailer da segunda película desta triloxía rusa. Se primeiro foron Os Gardiáns da noite agora lles toca o turno a Os Gardiáns do día (Dnevnoy dozor).

O trailer é menos espectacular que o primeiro, así que ó mellor a peli é máis interesante. Vai ti saber, como está todo en ruso…

Vía Uruloki

Publicado na categoría Trailers e teasers | | Enriba

2 respostas a “Trailer de Dnevnoy Dozor”

  1. Uruloki di:

    Pois a min a primeira secuencia do cabalo atravesando o muro da fortaleza paréceme interesante. ¿E o corvo que se transforma en guerreiro?

    O resto estou contigo, estrano… a ver que nos contan.

    Ups, olvidábaseme comentarte… é Uruloki e non Uroloki. Noutro tempo moi pasado foi, pero corrixino :D

  2. Yann Breoc di:

    Vale, xa o vin.
    Coido que vai a ser máis do mesmo. Sí, o do cabalo está ben, pero dubido moito que na segunda parte cambie o ritmo xeral da peli, que foi o que fixo á primeira insoportabel.
    Non me pillarán outra vez…

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image