Non apta para claustrofóbicos
30 Outubro 2005
O arranque de Cube é ben sinxelo. Un grupo de persoas sen ningunha relación entre elas aparecen de súpeto encerradas nun labirinto cúbico. O desenlace xa é máis complicado.
Cube é unha película non apta para claustrofóbicos, xa que a totalidade da mesma ten lugar en habitacións cúbicas fechadas con seis saidas que dan a outras tantas habitacións, nalgunhas das cales hai trampas mortais.
Medo, violencia, desconfianza, son algún dos sentimentos predominantes dentro do heteroxeneo grupo. Cada un é unha peza clave para atopar a saida, se a hai, inda que non todos chegarán ó final.
Cube é un proxecto arriscado. No filme priman as actuacións dos actores e actrices e os diálogos por riba de todo o demáis. Os escenarios son ben sinxelos, toda-las habitacións son practicamente iguais.
Terror psicolóxico e claustrofobia son as palabras que mellor resumen esta película, ademáis dunha máis que interesante forma de resolve-lo enigma.
Cube é o inferno en forma de cubo de Rubik.
The Ifrit
Crítica de Cube
31 Outubro 2005 ás 12:44 am
El corrector ortográfico, señor ifrit, es “ven sinxelo” de usar…
31 Outubro 2005 ás 12:48 am
Eu non gasto diso, que escribo no código directamente…
Ademáis, por máis que repaso non atopo a qué se refire, nazi ortográfico.
Xa temos de todo. Nazi ortográfico, terrorista ortográfico…
31 Outubro 2005 ás 12:49 am
glups!
xa está
3 Novembro 2005 ás 10:18 am
Eu xa vin Cube hai algún tempo, e teño que dicir que me gustou bastante.
A crítica ten toda a razón: é unha inmersión no inferno ó que van os malos matemáticos (se non me credes vede o filme), non apta para claustrofóbicos.
4 estrelas.
3 Novembro 2005 ás 10:21 am
Espero que eso no haya sido un SPOILER…
8 Novembro 2005 ás 10:42 am
Un dos meus filmes favoritos! …esquecerse de pre e post secuelas…