"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Novembro, 2005

Agasallo


O que primeiro mande un correo-e á nosa dirección (cinema_friki (arroba) yahoo.es) antes das 13:00h terá a posibilidade de ir con Ifrit ó maratón de feche de Cineuropa.

20:15
Touro Salvaxe (Martin Scorsese)
Crash, estranos praceres (David Cronenberg)
Abre as orellas (Stephen Frears)
O neno de Mâcon (Peter Greenaway)
Barton Fink (Joel Coen)
O xantar nu (David Cronenberg)
Pat Garret e Billy O neno (Sam Peckinpah)

¡Dádevos prisa!

Meu querido zombi


Era unha tarde de brétema, choiva e co mercurio lixeiramente por riba dos 0ºC. Un día perfecto para que tres frikis se enfrontasen co seu inimigo natural e máis apreciado antagonista: o morto vivente.

Con este ánimo tres de nós nos puxemos diante de Dawn of the Dead, o remake da clásica Zombi (Dawn of the Dead, 1979) creada por George A. Romero. E cómpre dicir que estamos diante dun moi digno herdeiro desta clásica saga de terror. Non agardedes ver unha obra mestra de cine de autor, pero o Amencer dos Mortos sabe coller tódolos ingredientes do mellor cine de zombis clásico mesturándoos cos modernos (?) efectos especiais para dar un producto que, se ben non causa un medo excesivo, si acada que pasemos dúas horas sumerxidos nun océano de salvaxe e desenfreado canibalismo, sangue e humor negro, que a tódolos frikis deixará satisfeitos.

Se o que buscades é pasar unha tarde de alegres mutilacións e desmembramentos sen eses molestos remordimentos, Dawn of the Dead é o voso filme.

Yann Breoc

Críticos: Ifrit, Inversorr e Yann Breoc.
Ingredientes: 1 bolsa de pipocas, unha motoserra, por se acaso, e un coxín para que Inversorr abrace con forza.


Le outras críticas: intelectualgore (de PROYECTO ESTRAGOS) e José Viruete (de viruete.com)
E amplía os teus coñecementos zombis gracias a El Vaugan (de Videoarena) e a absence (de El blog ausente)
Crítica de O amencer dos mortos Dawn of the Dead El amanecer de los muertos

Jane Fonda e as súas desinhibidas aventuras


Qué vos vou a dicir deste clásico do cine de ciencia-ficción, Barbarella, a venus do espacio. Simplemente arrollador. Jane Fonda e as súas desinhibidas aventuras, onde, loite con quen loite, sempre acaba perdendo algunha parte do seu traxe galáctico. Os efectos especias lucen pola súa carencia, pero iso é o que a fai máis encantadora.

O argumento non deixa de ter o seu sentido. O presidente da Terra e presidente rotativo do Sistema Solar, solicita a axuda de Barbarella, agarrádevos, «astronavigatrix de 5 estrelas de dobre valor», para rescatar a un científico que desapareceu e que era portador dunha arma que podería traer de novo ó Universo á guerra. Polo camiño vai coñecendo ás personaxes que lle van a axudar e que Barbarella vailles agradecer de forma moi “especial”.

En fin, como din, eu vou a seguir no meu estado de “primitiva responsabilidad neurótica”.

Nota: Encantoume o peludo interior da nave espacial. ¿Non lle sería máis cómodo así á Estación Internacional?

Diefer Casan


Crítica de Barbarella, a venus do espacio Barbarella , la venus del espacio Barbarella: Queen of the Galaxy


De todos é ben sabido que as aventuras de Harry Potter, o mago adolescente, son un fenómeno de masas seguido por milleiros en todo o mundo. É por iso que a estrea da cuarto filme baseada nas novelas de J.K. Rowling foi todo un acontecimiento. Moito se dixo desta longametraxe: a máis escura, na que os nenos maduran e descobren o amor, o regreso de Lord Voldemort… na opinión de este espectador, o que temos é o filme máis longo. Sen máis. E mesmo sendo a metraxe dunhas tres horas, non supera o problema destas adaptacións: demasiadas cousas para contar en pouco tempo.

Este é un deses filmes que os espectadores van comparar co libro do que provén. E neste case, máis se cabe que noutras adaptacións, con ollos moi críticos, polos fanaticos da fidelidade o orixinal.

Os primeiros minutos son unha orxía, unha carreira desenfrenada, por ver cuantos acontecimentos do libro podemos condensar en quince minutos. Inconexo e desmoralizante, o recorte argumental é abrumador. Quen non lese o libro difícilmente entenderá porque tivo que asistir a eses minutos, e quen lera o libro preguntarase exactamente qué está vendo.

Na seguinte hora, o filme tomase un pouco mais de tempo para contar a historia, pero non evita a sensación de saltar de un capítulo a outro coma nunha contrarreloxio de contacontos. Os conflictos que o filme anuncia se suceden un tras outro, e se solucionan coa mesma velocidade. Moitas cousas que acontecen no filme semellan absurdas mesmo no entorno de maxia a bruxería no que está situada, e isto débese a que soamente nun libro coa correspondednte explicación teñen o senso preciso.

Afortunadamente, este é un filme que vai mellorando a medida que chega o final, como se os guionistas tivesen o difícil, non desaxable pero imprescindible trámite de pasar por todo a demais para acadar o Rexurdimento de Voldemort. Estas esceas están moi ben coidadas, é son as verdadeiramente escuras do filme. Ralph Fiennes fai un excelente Voldemort, que a mala doblaxe non consegue estragar. Quizáis vale a pena para os afeccionados de Potter soportar todo o anterior para asistir a este momento. Quizáis.

O final do filme, os tres amigos comentan: xa nada será igual que antes. Eso tememos aqueles que non sendo incondicionais do neno mago, disfrutaran duns filmes de bela factura, con espledidas localizacións, ambientacións e caracterizacións, e que vemos con arrepíos como o libro A orde do Fénix e mesmo mais grande que este Cáliz de Lume. Aguardamos sinceramente que os guionistas poidan atopar a maneira de mellorar esta pobre adaptación que vimos de ver.

O Druida


Crítica de Harry Potter e o Cáliz de Lume, Harry Potter y el Cáliz de Fuego, Harry Potter and the goblet of fire


Onte morreu o inconfundíbel Pat Morita, máis coñecido coma o señor Miyagi. Nominado a un Oscar po-lo seu papel na primeira Karate Kid Morita dedicou a súa vida a actuar tanto en cine coma en televisión e sobre todo en comedias, converténdose así en toda unha icona do imaxinario de toda unha xeración.

Por fin Daniel-san poderá deixar de quitar cera, poñer cera e pintar valados.

Vía elmundo.es

Bruce Willis en Die Hard 4.0

Pois pouco máis hai que engadir. Que no mundo este das secuelas, das franquicias, da falta de ideas e demáis os rumores din que Bruce Willis está listo para interpretar Die Hard 4.0 (A xungla de cristal) ás ordes do director francés Luc Besson.

John McClane é unha das mellores personaxes de Bruce Willis, a ver se son certos os rumores


Dicir que The Dark é unha película de medo galesa non sería unha boa descripción. The Dark é unha moi boa película de medo. Concentra tódo-los ingredientes necesarios e cunhas boas potas. Unha casa aillada preto duns cantís da costa galesa, pouca xente (a priori), sucesos estranos pasaron nesa casa fai tempo, vellas lendas galesas, sangue, torturas, ovellas, unha música perfecta e, por riba de todo, o que máis medo da do mundo: nenos malvados.

O filme está rodado con grande profesionalidade e consegue transmitir ó espectador a angustia dos protagonistas. En todo momento o espectador está dentro do filme e non pode por menos decirlles ós protagonistas iso de «¡Non o fagas! ¡Non o fagas!» (pero sempre o fan) e dar algún que outro chimpo na butaca ou cumbri-los ollos para non mirar.

Os actores perfectos, as nenas increibeis, as paisaxes de alucine. Unha película redonda. Agora mesmo non se me ocurre ningún pero.

Ó sair do Teatro Principal só podía repetir: «Que mal rollo, que mal rollo…»

Ifrit

Bono Cineuropa

Para Uruloki: Se non a viches te-la que ver para facerte unha idea do que pode ser Black Sheep.

Crítica de The Dark


Xa temos aquí o primeiro trailer da próxima película de M. Night Shyamalan, Lady in the water. Unha inquietante historia con toques de conto de fadas e desta volta sen as «ataduras» da Disney.

E xa sabedes que os trailers deste director son películas en si mesmas.

(Eu non o dou visto)

Vía Cinema Blend

DOA: Dead or Alive


DOA. Dead or alive a película. Esta si que é unha boa nova. No seu momento Dead or Alive foi toda unha revolución, xa que ademáis de ser un xogo de loita 3D moi completo as súas xogadoras femininas tiñan unha característica que as facía especiais e distintas ás dos demáis xogos: tiñan deseños de movemento individual para cada unha das súas glándulas mamarias.
Esto fixo que as súas loitadoras pasaran a ser as máis famosas no mundo do pixel e protagonizaran os seus propios xogos en solitario, coma Dead or Alive Extreme Beach Volley.

Xa vedes por onde vai a cousa.
Pois agora ven a peli. Estará rodada en China po-lo director Corey Yuen e contará no reparto con Devon Aoki, Sarah Carter, Matthew Marsden, Jaime Pressly, Eric Roberts e a cantante australiana Holly Valance.

A estrea está prevista para finais do 2006.

Se non perdemos no seu momento Street Fighter abofé que non imos perder esta.

Vía KillerMovies.com

[editado]

Aquí está o trailer. Unha imaxe vale máis que mil palabras miñas.

Vía Cinema Blend


Aquí tedes o primeiro cartace de Hostel, esa película do máis sanguenta apadriñada por Tarantino.

Na imaxe unha das múltiple ferramentas que no filme se usan para torturar ós protagonistas, acompañada dunha frase promocional escrita por unha páxina web de cinema, Ain’t It Cool News («A película americana de máis medo na última década»)

Moi estilo Saw II.

Vía Cinema Blend

Trailer de Hostel

Tideland


Despois de dirixir Os irmáns Grimm Terry Gilliam ataca co seu persoal e delirante conto de fadas, Tideland. Delirante xa dende a propia páxina web. Se alguén consegue chegar ata o trailer que avise.

Disque desta volta nin os máis fans dos Monty Python poderán defendelo.

Vía Cinema Blend

Le a crítica que Martin Pawley (de Días Estranhos) fixo para Vieiros no Festival de Cine de San Sebastian.

Teaser trailer de Superman Returns


Xa podedes disfrutar eiquí do teaser trailer oficial de Superman Returns. Porque como todos ben sabedes «teaser» significa por os dentes longos. Co astronómico orzamento que teñen xa podían ter estirado algo máis.

¡Xa podedes empezar a opinar nos comentarios!

Vía Superhero Hype!


Ver unha película con subtítulos con sono é do peor que che pode pasar nun cine. Pero este ritmo de vida é o que ten.

Que queredes que vos diga. Este visionado deu máis razóns a favor das películas dobradas. Lendo os subtítulos non son quen de ver quen fala e se coas caras xa é difícil coñecer ós chineses po-las súas voces é imposíbel. Así que entendimos a película daquela maneira.

Po-lo demáis Election é un película podemos chamarlle de costumbrismo das tríadas de Hong Kong. Non é unha película de acción nin de tiros, é unha película de mafia. A película conta precisamente o que di o resumo. Contarvos como se soluciona a historia non estaría bonito, pero ademáis estaría mentindo porque hai cousas que non entendín (personaxes de bando indefinido, con dobre bando, todos coa misma cara e a misma voz…)

O filme en si está ben e reflexa o mundo das triadas chinesas, atrapadas entre a tradición e os novos tempos. Porque o equilibrio tamén é necesario para o goberno criminal.

Espero poder ve-la algún día dobrada e acabar de solucionar algunhas dúbidas.

¡Que duro é isto de ser un gafapasta!

Ifrit

Bono Cineuropa
Crítica Election Hak seh wui



E aquí temos dúas mostras dos cartaces de King Kong na súa versión para Rusia.

Vía Cinema Blend

Trailer de King Kong

James Newton Howard en King Kong

¿Póster de King Kong?


Este é o primeiro dos catro novos pósters que ó longo do día irán aparecendo da película V for Vendetta.

Como se pode observar o «and remember, remember… 25th of November» cambiose agora po-lo 17 de marzo do 2006.

Vía Superhero Hype! e Ain’t It Cool News

[editado]



Deliciosamente retro.

Vía MTV, IGN e UGO.

V for Vendetta, O novo peiteado de Natalie Portman, Rodaxe de V de Vendetta, Novo póster de V for Vendetta, Primeiro trailer de V for Vendetta.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.