
A loita po-la liberdade de expresión é o tema principal deste documental que inaugurou Cineuropa o pasado mércores.
A autora do mesmo é Sabina Guzzanti, coñecida humorista italiana que sufríu nas súas carnes a labazada da censura cando o primeiro programa do seu show satírico foi cancelado inda antes de ser emitido. Inda que despois foi emitido, con grande éxito de audiencia, non houbo máis programas. A todopoderosa sombra de Silvio Berlusconi rodeaba toda a polémica. Nin as manifestacións multitudinarias nin as declaracións de persoeiros da cultura fixeron que se repuxera o programa, siquer unha vez que os xuizes lle deran a razón. A adocenada prensa italiana non viu asomo algún de falta de liberdade de expresión.
O documental, cámara en man, persegue a todas e cada unha das personaxes implicadas no caso (directivos da canle, ministros e directores xerais, etc.) así como a personalidades da cultura, a educación e a comunicación intentando buscar a definición da sátira e os límites entre o entretenemento, o xornalismo e a liberdade de expresión.
O peor que lle pode pasar a unha democracia é que non haxa oposición. En Italia a situación é perfecta para que Silvio Berlusconi faga e desfaga á súa maneira e todo gracias ó partido da oposición que fixo as leis na lexislación anterior, así que agora non poden falar moito. A gran maioría dos medios de comunicación pertencen a Il Cavaliere e as voces en contra son practicamente inexistentes. A ver como o montan en Alemaña.
Viva Zapatero! é un documental de obrigado visionado coma no seu momento o foron Bowling for Columbine ou Farenheit 9/11. Inda que o título poda botar para atrás a máis dun, dicir que non é nada representativo, incluso me atrevería a decir que está bastante mal posto.
The Ifrit
Dado que é practicamente imposíbel velo doutra maneira aquí tedes a e-ligazón (elink).
Crítica de Viva Zapatero!
by Martin Pawley, on novembro 6 2005 @ 9:25 pm
O documental vaise estrear a primeiros de decembro, en boa parte grazas ao seu título, imaxino… É verdadeiramente recomendábel, abofé que si.