Crítica de CSA

15 Novembro 2005


¿Que tería pasado se os confederados, os esclavistas, tiveran gañado a Guerra Civil Estadounidense? A esta pregunta responde o falso documental CSA. Confederete States of America, que en clave de ficción histórica re-escribe a historia duns Estados Confederados (EE.CC.) nos que a escravitude é legal.

A idea de comezo é moi boa. O discurrir da mesma vai indo, entre entrevistas a historiadores e políticos, anuncios e documentos históricos. Ten cousas moi curiosas e algunhas puramente racista, inda que estean no contexto que están.

A miña conclusión, que inda que gañaron os abolicionistas algunhas cousas non cambiaron moito para a poboación negra dos Estado Unidos, que inda que xa non había amo e escravo seguíu habendo, e segue habendo, diferencias raciais. Os confederados tiñan planeado invadir Sudamérica e tomala po-la forza, os EE.UU estano a facer por outros medios. E así unha longa lista.

Como exercicio de ficción histórica está ben, con moi boas esceas (coma a de Lincoln pintado de negro escapando a Canadá), pero non busquedes nada máis, porque non o ides atopar.

Ifrit

Bono Cineuropa
Crítica CSA Confederate States of America

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Unha resposta a “Crítica de CSA”

  1. acedre di:

    Terei que mirala pola parte que me toca. Aparte se e estilo documental gustarame mais.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image