Crítica de Volcano High School
15 Novembro 2005
Volcano High School é un filme coreano que leva á pantalla o que tanto tempo levamos vendo en mangas e videoxogos, as loitas intestinas nun instituto de rapaces con poderes.
A película é un recital de efectos especiais, coreografías, posturas e peiteados. Todo é posíbel nese instituto. Tódo-los personaxes son estereotipos, dende os profesores defensores das tradicións, pasando po-los capitáns dos equipos de loita libre, rugby, karate e kendo, ata os profesores sustitutos estilo Matrix peores que o de O Substituto.
Altamente recomendábel. Nalgúns momentos faise algo longa, pero un par de chistes, unha postura e algunhas ondas de poder o arranxan todo. Ninguén quedará decepcionado con esta película que resume á perfección o xénero gakuen.
Ifrit
Xurado: Diefer Casan, Godzilla-Sama, Ifrit e Inversorr
Ingredientes: Unha ducia de Donuts, 2 bolsas de Estrellitas, 1 bolsa de patacas fritidas, 1 bolsa de pipocas, 1 bolsa de M&M, 1 tableta xigante de chiculate con leite, 2 litros de Fanta laranxa.
Crítica de Volcano High School
16 Novembro 2005 ás 8:24 am
Un día de ese que non tes nada que facer alquilamos este filme e teño que recoñecer que a metade de visionado paramos e de volta para o videoclube. Pareceume penosa, cutre e na liña dos últimos productos da factoría Koreana (escapade de Arahan). Sintoo…
16 Novembro 2005 ás 12:50 pm
No sintas nada
Pode ser que non teñamos visto tantos productos da factoría coreana…
A verdade é que somos moi impresionabeis :p
16 Novembro 2005 ás 12:53 pm
Certo. Éste é un foro de xente impresionabel.
V.H.S. él un filme para pasar o rato sen máis. Os efectos visuáis en xeral son bos ou moi bos, se ben a repetición abusiva que se fai dos mesmos en certas escena de acción os poden converter en algo cansinos.
That´s my mind
14 Febreiro 2006 ás 2:07 am
Entroume a curiosidade e tamén a vin e creo que comparto a opinión da maioría. Ó final tamén rematei escribindo un comentario no meu blog. Pasádevos.
Saudos!!!
PING:
TITLE: Volcano High School
BLOG NAME: Volcano High School
[…] Cinemafriki que o comentaban hai uns meses. A verdade é que nada máis ler sobre este filme entroume a curiosidade e fun embalado a buscalo (Gracias!!!!!).
Pero antes de comezar a repartir estopa, xa que merece a raudales, teño que aclarar […]