Película coreana sobre a guerra de dito pais que non recordo o título

16 Novembro 2005


Tae Guk Gi (Lazos de guerra, The Brotherhood of War) é unha película moi digna de ver, e todo aquel que non a vexa ten ben merecido o castigos dos deuses. Nesta película temos a historia de dous irmans que vense alistados “voluntariamente” (ou sexa, ¡ti! Alistado voluntario, ¿onde vai o meu irmán? Alistado tamén) para a guerra que sufríu Corea no ano 1950 cando a Corea do Norte invadíu e atacou á Corea do Sur (lendo articulos dalgunhas paxinas sobre a Guerra de Corea, tanto Corea do Norte coma Corea do Sur tiñan plantexada a invasión do contrario). Non vou revelar máis sobre o argumento. Non é a típica peli de tiros sen ton ni son. A historia esta moi ben levada, moi, moi realista (vese perfectamente o resultado de que a unha persona lle caia un proxectil de artillería xusto onda el está, ou sexa, chuvia sanguinolenta de restos humanos pasados pola picadora… ou no hospital de campamento) en canto ás esceas de acción e na vida da poboación civil, asi como a represión política dos dous bandos, no norcoreano vese ven o adoctrinamento e no surcoreano a caza de bruxas comunistas véndose as animaladas dun e doutro bando. Neste sentido a peli non se decanta nin por un bando nin polo outro, simplemente mostra o que acontece nunha guerra destas características. Ten un xiro moi interesante a peli. O dito, a vela todo o mundo, pois merece a pena e o tempo vendoa pasa voando.

Paz colegas, e vede a peli se non queredes atoparbos coa miña ira…..

Inversorr

Xurado: Ifrit, Inversorr e Yann Breoc
Ingredientes: unha bolsa de cacahuetes salgados, unha bolsa de pipocas, unha bolsa de Fritos, unha caixa de bombóns suizos de chiculate con recheo cremoso, unha bolsa de patacas fritidas e auga da billa.
Crítica de Tae Guk Gi Lazos de guerra The Brotherhood of War

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image