
Unha película de medo hindú, así pódese resumir Naina.
Todo comeza cun accidente de coche e unha nena que queda orfa e cega en Londres, mentras, ó mesmo tempo, na India á sombra dun eclipse solar un recén nacido morto volve á vida. Cando Naina recupera a vista mediante unha operación a súa vida comeza a ser un inferno e ó seu redor só ve esceas de morte.
Naina non ofrece nada novo, agás que os actores son hindús. Unha historia de “en ocasiones veo muertos”, sustos e situacións de manual, etc. Non é unha mala película, pero si é do montón e pouco máis. A música está perfecta, a maioría dos efectos especiais están moi logrados (agás a nena calva e algunha que outra explosión con maquetas), fotografía e demáis.
Especial mención merece a actriz que interpreta a Naina, Urmila Matondkar, unha sorte de Sarah Michelle Gellar que estraga a metade das esceas cunha interpretación máis que dudosa, en ocasións sobreactuando e asustandose fatal.
Non estamos preparados para Bollywood e Bollywood non está preparado para nós.
Ifrit
Bono Cineuropa
Crítica de Naina
by deyanira, on maio 3 2006 @ 1:41 am
si puedo ingresar a un pelicula de indu con charuscan