
Despois de dirixir Os irmáns Grimm Terry Gilliam ataca co seu persoal e delirante conto de fadas, Tideland. Delirante xa dende a propia páxina web. Se alguén consegue chegar ata o trailer que avise.
Disque desta volta nin os máis fans dos Monty Python poderán defendelo.
Vía Cinema Blend
Le a crítica que Martin Pawley (de Días Estranhos) fixo para Vieiros no Festival de Cine de San Sebastian.
by Martin Pawley, on novembro 18 2005 @ 9:42 pm
Cando se estree vai recibir paus a feixes, pero a min cónteme entre os seus defensores. José Luis Losa en “El Correo Gallego” fixo dela unha crítica tremendamente positiva, ditirámbica mesmo. Na miña opinión e con todos os seus defectos “Tideland” é unha verdadeira bomba, en sentido literal e metafórico. E gañará co tempo, xa verá.
by Martin Pawley, on novembro 21 2005 @ 3:38 am
Non é tan difícil chegar ao tráiler, por certo, nin aos tres clips do filme que a web nos ofrece, entre outras moitas cousas (tamén hai entrevistas con Mitch Cullin (o autor da novela) e con Terry Gilliam). O xeito mais doado (pero non o mais divertido) é picar en “Access Map”…