
O que primeiro mande un correo-e á nosa dirección (cinema_friki (arroba) yahoo.es) antes das 13:00h terá a posibilidade de ir con Ifrit ó maratón de feche de Cineuropa.
20:15
Touro Salvaxe (Martin Scorsese)
Crash, estranos praceres (David Cronenberg)
Abre as orellas (Stephen Frears)
O neno de Mâcon (Peter Greenaway)
Barton Fink (Joel Coen)
O xantar nu (David Cronenberg)
Pat Garret e Billy O neno (Sam Peckinpah)
¡Dádevos prisa!
by Uruloki, on novembro 30 2005 @ 2:45 pm
Razóns laborais impídenme participar de esta posible invitación… o plantel é unha pasada! De todas formas unha dúbida, fontes con base comentáronme que a posible peli sorpresa do festival sería Tideland, o último de Terry Gilliam. ¿Sabedes algo?
Se tedes algunha noticia? Xa contarás!
by ifrit, on novembro 30 2005 @ 3:10 pm
O pasado xoves 24 foi a peli sorpresa, e si, foi Tideland de Terry Gilliam

E da invitación, como ninguén escribíu e non teño ganas de ir só, estou canso demáis e tería que estar na cola fai dúas horas… como que o evento non vai ter covertura po-la nosa parte
by eumesma, on novembro 30 2005 @ 3:30 pm
jejej..pero home… se podes kedar cerebralmente lisiado tras ver unha peli de scorsese e duas de cronember….
o ke oira por ahí e ke ian poñer un maratón cunha serie de las von trier …e ke esa sí ke merecía a pena ;D.
saudiños
by ifrit, on novembro 30 2005 @ 4:28 pm
Pois nun maratón de Lars von Trier si que che pode dar algo XD
Eu prefiro decidirme entre un maratón de zombis ou un de Dead or Alive, de Takeshi Miike
by acedre, on decembro 1 2005 @ 4:03 am
Chego tarde. Aparte tinhas que pagarme o avion. A ver se para a proxima. Anyway, gracias e saudos.
by Yann Breoc, on decembro 1 2005 @ 10:03 am
Dende logo…
A xente xa non sabe qué facer para ligar…
Pon a oferta nunha sección de contactos ou como premio en Localia…
by Diefer Casan, on decembro 1 2005 @ 7:54 pm
¡Volvín! Coma o turrón polo Nadal ou coma os Aliens en Hadley´s Hope.
Xa tiña gañas de conectarme a un ordenador en plan Tron e navegar pola inmensa rede, e ademais, dende o mundo xeado de Hoth, digo de Lugo, nin máis nin menos. A aula de informática vale para algo, jejeje.
Pero non vos vou a contar a miña vida, nin creo que vos interese, se non xa faría outra bitácora.
Veña, Ifrit, ánimo, que xa me gustaría ir a min a algunha película de Cineuropa e quedeime coma Lobezno con Jean Grey (coas ganas) :p Eu creo que foi un seguimento moi bo e coas críticas das películas máis salientables.
Temos que dar gracias de poder disfrutar un Festival tan bo en Santiago, aínda que non digo que nunca irei a un dos grandes. Cando acabe a carreira e teña cuartiños e vacacións, jejeje…
¡Vémonos!
by Gran Dios del Bien y del Mal, on decembro 3 2005 @ 6:58 pm
Vale, dacordo, moito Cineuropa e tal, pero podiades facer unha pequena reseña sobre o Festival de Cine Independente de Ourense, que ese sí que é recoñecido a nivel mundial…
by ifrit, on decembro 3 2005 @ 11:52 pm
Xa che dixen que estamos agardando a que o fagas, que sei de boa tinta que fuches…
E tamén esperamos a de o coche fantástico