"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Decembro, 2005

Batman Continues


Christopher Nolan desvela nunha entrevista xugosos detalles da próxima película do Señor da Noite. Entre os datos revelados están os papeis principais, o compositor e algún detalle máis.

Reparto de Batman Continues (confirmado o nome):

Batman: Christian Bale
Joker: Michael Keaton
Dúas Caras: Justin Timberlake
Enigma: Sean William Scott
Moza: Jessica Alba (disque por iso rexeitou o de chica Bond)
Compositor BSO: Danny Elfman

A verdade é que a lista é unha mistura de sorpresas tanto agradábeis coma desagradábeis. Unha mistura entre o que nunca quixeramos que pasase e a típica nova que che aleda o día.
Semella que Christopher Nolan pretende renovarse a si mesmo e coido que vistos os resultados do anterior filme merece un voto de confianza.

A estrea no Nadal do 2007

Vía Rotten Cinema

Michael Keaton en Batman, Isla Fisher en Batman, Justin Timberlake en Batman, Outro Joker máis, Katie Holmes fóra do próximo Batman, Sean Penn en Batman, Máis Batman, Seguintes películas de Batman.


Bo Nadal


Dende a redacción de CINEMA FRIKI querémosvos desexar que pasedes un Bo Nadal, cheo de bos momentos e moito cine dese que tanto nos gusta, porque para iso son as vacacións e as festas.

Seguiremos informando ca nosa característica e particular periodicidade. Esperamos que sigades disfrutando das nosas críticas, novas e rumores e que así no-lo fagades saber en comentarios, correos-e, regalos, etc.


Ben. Estou diante dun teclado e por fin superei a noxenta sensación que me corrompeu logo de ver esta peli. (A cousa empeza forte, ¿non vos parece?)

Imos cos antecedentes: tíñamos apetencia por unha destas, de chineses máis ou menos, dende hai certo tempo. Así que nos aproveitamos dunha conxunción cósmica e fómola ver. GRAVE ERRO.

Se existe algo que desprezo máis ca unha mala película é unha película que podendo ser boa non o é. Sete espadas acaba sendo un perfecto exemplo disto.

Sen ánimo de lle querer pisar unha posible crítica, empregarei a idea primeira que lle deixou no corpo a Godzilla-sama: «todo este filme vai camiño de moitos sitios bos é non da chegado a ningún deles». Creo que todos colleredes por onde van os tiros. Esta película é unha desagradecida que ademais de darche polo ** non ten nin o detalle de facerche unha **** no proceso. Frase moito mellor no seu contexto orixinal, pero algo parecido éche o que obtés ó saíres do cine. Quedas… non sei… coma cortado no medio de algo. É moi desagradable.

Pero uns detalliños axudarán sen dúbida….

Primeiro (e máis importante): É unha de chineses. As ostias teñen que molar moito. E non molan. As coreografías marciais son simplonas, desas de medio pelo que venden no Todo a 0,60 €. Non hai espectacularidade nin novidades. E sendo “clásicas” non teñen ese bo oficio que demostran os orientais de renome neste campo. Por iso teñen renome, supoño.

Segundo: A historia. Non son Os Sete Samurais de Kurosawa; tampouco é unha de vaqueiros con pistolas. A profundidade deste guión é a mesma que ten unha poza nun día de orballo; e aínda por riba vaise de existencial meténdose no que é a escravitude, se é cousa de corpo ou de espírito, ou caralladas así.
Imos ver. Se non se fai ben o que se quere facer, coma son neste caso as escenas de leña repartida a esgalla, o mellor é non meterse noutros xardíns, que tamén a vas pifiar. Pero non, que somos guais e imos facer unha cousa ó grande.

Terceiro: Os das sete espadas. Son uns paquetes. Van tan sobrados que lle quitan a emoción ó asunto. Cando empezan xa sabes que a cousa vai rematar moi mal… para os outros. Aínda que claro, ten que haber algo de sufrimento, que o sufrimento tamén é bo para darlle un toque de bágoas, un punto de feminidade ou o que sexa.

Rematando: está claro que non entendín a película e que son un Homo Violentus que non podería colle-las sutilezas de semellante obra de arte aínda que llas metesen pola boca ou polos tres ollos do corpo. Que non. Que son un negado. Así que ánimo e ide ver esta gran xoia da sétima arte. Porque eu pringaría con ela, pero ben sabe Deus que non vou selo único como estea na miña man evitalo. Ou que vai ser isto.

Don Vitto

Para pasa-lo rato

Sete espadas, peli de cine chinés. Ben, aquí comezamos. Non son ningun experto en materia de cine chinés, nin teño a mais remota idea dos traballos dos seus directores nin dos seus actores, pero sei cando unha peli me gusta e cando non. Aconsello a todo o mundo que cando vaia ver unha peli chinesa vaia mentalizado do que as súas retinas van captar, e asi ninguen leva un fiasco ó ver unha peli destas características.

Pola miña parte, a película chinesa Sete Espadas é unha desas pelis das que califico coma de se non tes nada que facer e queres pasar o tempo, vai a vela. Quizais alguén dirá que son moi benevolente dicindo isto, pero é a miña opinión.

A historia lévanos a epoca na que na China cambia a dinastía reinante e o novo emperador decreta que todos aqueles que practiquen as artes marciais deben morrer decapitados, e para conseguir tal fin ten unha especie de exercito da morte, e a partir de aquí sigue a película. O que mais se lle pode criticar a esta peli é a súa falta de coreografia nas loitas, agás na loita final na que si se ve unha coreografia decente. A película intenta profundizar un pouco en cada un dos Sete Espadas, e nalguns momentos faise un tanto aburrida.

En conclusión, nin ben nin mal, simplemente unha peli para ver se non tes nada que facer e queres mata-lo tempo sobrante nun día aburrido.

Por certo unha preguntiña que deixo no aire: ¿por que carallo as mulleres orientais nos poñen tanto ós homes occidentais? Que hai unha que leva unha tatuaxe que… ¡puf!

Inversor

Crítica de Sete Espadas Siete Espadas Seven Swords Qi jian

The Master de Jet Li


Unha peli mala que é boa por ese exacto e concreto motivo. Ou sexa, unha de chineses. É unha pequena marabilla, un entretenemento tranquilo e gracioso dunha tarde ou noite entre xente amiga. Quédaseche o corpo a gusto. E ademais lémbraste dun actor de artes marciais nos seus comezos. Mola.

Porque a peli, aínda que non a coñecíamos, é vella, pero vella, vella. En termos de actualidade me refiro, que non aparece Brus Li nin nada diso.

Os móbiles eran armas de defensa persoal. Deseños contundentes para persoas poderosas. Ou con móbil da empresa. Xa veredes, porque tendes que velo.

E qué dicir do malo maloso. Master Johnny. Aí queda iso. Con dúas…. palabras.

E os momentos de loita. Ruidiños de sopapos en tódolos altofalantes. E cachondeo fino cando toca. E ostias coma pans cando procede. E sen follóns demasiado liosos. Non, aquí estase ó que se está, e coma o dos cartos son eu, Tsui Hark, ímolo facer de consumo sinxelo con boa producción. E faise. Barateiro pero faise.

Por outra parte, cómo non falar da mentalidade chinesa e das mulleres. A corrección ou algo semellante está a anos-luz aínda. E tamén no tocante ás minorías, etc., etc.

Porque eran outros tempos, máis felices se cadra, onde a ilusión máxima era chegar un pouquiño máis preto de Gholivud, e esixíase descaro para lograr esa meta.

Pero non son o único que a viu. Que outros completen o que falta, para iso están os comentarios.

Don Vitto


The Master é unha película arquetípica de kung-fu, un deleite para os fans das películas de artes marciais. Non esperedes a beleza de Tigre e Dragón ou a espectacularidade de Hero. The Master é unha película de chineses das de toda a vida.

O filme segue con fidelidade as guías maestras dunha historia repetida ata a saciedade neste tipo de cinema, coa única orixinalidade de actulizala no tempo e no espazo.
Un vello mestre ten unha tenda de mediciña tradicional chinesa en California, o típico malo malla nel e destrózalle a tenda. O seu discípulo ven de Hong Kong sen saber nada de todo isto e nada máis chegar tres pandilleiros, impresionados po-lo seu dominio do combate, o collen coma mestre. Son os típico alumnos estúpidos que fan de secundarios cómicos. O alumno intenta recupera-la honra do mestre, pero este non se deixa axudar e inda por riba xa non o recoñece coma discípulo. Agora ten baixo a súa tutela a unha discípula, a unha ximnasta.

Falsos mestres, estilos de combate enfrontados, pelexas espectaculares, aforro de especialistas e dobles de esceas perigosas (Non hai dor!) é o que nos ofrece este filme da época na que Jet Li era simpático, non tiña a cara picada e non coñecera a ningún rapeiro.

Do director, Tsui Hark, só diremos o mesmo que dicimos de tódo-los directores chineses deste estilo: A fame aguza o enxeño e a fartura embota os sentidos. Se queres unha boa peli ponllo difícil e non lles deas diñeiro.

Ifrit

Críticos: Don Vitto, Ifrit, Pol e Yann Breoc
Ingredientes: Unha bolsa de pipocas e dúas bolsas de Chaskis

Crítica de The Master Long xing tian xia

III Xantanza do blogomillo

.zg_div {margin:0px 5px 5px 0px; width:117px;}
.zg_div_inner {border: solid 1px #FFFFFF; background-color:#ffffff; color:#666666; text-align:center; font-family:arial, helvetica; font-size:11px;}
.zg_div a, .zg_div a:hover, .zg_div a:visited {color:#990000; background:inherit !important; text-decoration:none !important;}

zg_insert_badge = function() {
var zg_bg_color = ‘ffffff’;
var zgi_url = ‘http://www.flickr.com/apps/badge/badge_iframe.gne?zg_bg_color=’+zg_bg_color+’&zg_person_id=41809824%40N00&zg_set_id=1641140&zg_context=in%2Fset-1641140%2F’;
document.write(‘‘);
if (document.getElementById) document.write(‘

¿que é isto?’);
}
zg_toggleWhat = function() {
document.getElementById(‘zg_whatdiv’).style.display = (document.getElementById(‘zg_whatdiv’).style.display != ‘none’) ? ‘none’ : ‘block’;
document.getElementById(‘zg_whatlink’).style.display = (document.getElementById(‘zg_whatdiv’).style.display != ‘none’) ? ‘none’ : ‘block’;
return false;
}

www.flickr.com
zg_insert_badge();

Isto é un zigest de Flickr que mostra as fotos do set Staff. Fai o teu propio zigest aquí.

if (document.getElementById) document.getElementById(‘zg_whatdiv’).style.display = ‘none’;


Hoxe xa fai unha semana que se celebrou a III Xantanza do Blogomillo, así que coa impuntualidade que caracteriza a esta bitácora facémonos eco do acontecemento e compartimos con todos vós as fotos de tan distinguido momento.

Os representantes de CINEMA FRIKI que asistiron á Xantanza, ifrit e máis Diefer Casan, e Yann Breoc, que asistíu á Xantanza +18, queren expresar o ben que o pasaron e o bo que foi coñecer a toda a xente alí reunida. Agardamos que se repita e que se fagan máis cousas deste calado gastronómico-cultural.

E xa paro, porque metabloguear es de lo puto peor.


Antes de nada un aviso para navegantes, dirixido a quen todavía non víu a película: é unha obra inequívocamente Disney, non choredes se logo non soportades ós nenos protagonistas, se sufrides un novo trauma similar ó da nai de Bambi ou ó de Chanquete, ou se vos parece extraño que se poidan reunir dous exércitos de anémicos, por non comentar nada dos animais que falan, ou que visten armadura.
Por outro lado, preparádevos a disfrutar de dúas horas e pico de historia de fantasía con arquetípicos heroes, malos que se arrepinten e viláns malísimos (a mellor personaxe, magistralmente interpretada por unha actriz xenialmente seleccionada, Tilda Swinton, que realmente arrepía) tendo a total tranquilidade de que ningún deles vai empezar a cantar no momento máis inadecuado, costume que esperamos que Disney olvide dunha vez para sempre.

Detalle a destacar, por suposto, o altísimo nivel de calidade do vestuario, atrezzo, deseño das criaturas, monstros e toda clase de bechos proporcionados por Richard Taylor e o equipo de Weta Workshop (envidio a estes tipos, unha lexión de friáis adicados a construir cousas friáis cun montón de medios, presuposto e, dende logo, talento).

En fin, unha obra que merece a pena ver, excepto, claro está, que sexas un incondicional tertuliano de Garci, a súa lexión de cinéfilos superespacializados, incapaz de disfrutar de ningunha película posterior ós cincuenta, e por suposto, alérxico ós efectos por ordenador.

Godzilla-sama

Crónicas de Narnia para rato

As Crónicas de Narnia. O León, a Bruxa e o Armario é unha historia de nenos e para nenos, o que non impide que os maiores a disfruten, inda que non ao nivel de filmes coma Shrek.

As Crónicas de Narnia preséntanos unha mistura de mitoloxías e historias cunha posta en escea espectacular, da man dos nosos reverenciados Weta Workshop. Os efectos especiais e o traballo artesanal deste filme rebosan por todos lados ofrecendo un producto final impecábel, relucente e dunha beleza perfecta.

A historia é a de sempre, pero contada doutra maneira, o que non impedirá que esta película sexa referencia para unha xeración futura de amantes do fantástico, como na nosa foron Willow, A princesa prometida, A historia interminábel e tantas outras.

O éxito en todo o mundo (en España case millón e medio de persoas na estrea e dos libro xa se levan vendidos máis de 600.000 exemplares e con reedicións á vista) e a resposta do público fai agardar que teñamos Crónicas de Narnia para rato.

Ifrit

Por fin chegou

Despois de tanto tempo agardando por ela, o fin a película chegou ás nosas pantallas de cine. Como todo o mundo sabe esta película esta baseada na serie de novelas que levan o mesmo nome, e tendo en conta que ditas novelas foron escritas para un publico infantil, o que se víu no cine foi unha película moi, pero que moi decente.
Teño que decir que non lin ningun dos libros e polo tanto a min a peli pareceu digna de ver, digna de que todo o mundo que se chama friki a vexa polo menos unha vez.
A historia esta ven levada, a forma de chegar o mundo de Narnia dos catro irmans, a forma de escapar da bruxa, así como o momento en que coñecen a Aslan. O tempo de duración da película é o idóneo para desenrola-la historia, e todo hai que dicilo, a batalla faise de rogar un pouquiño.

A aposta de Disney de poñerse en mans do mesmo equipo que creou a Terra Media do Señor dos Aneis para todo relacionado coas razas, armamento, etc… e os efectos dixitais, como non, de ILM, sailles ben.
Todo ven levado exceptuando un par de cousas:

    Os ananos. Tendo contratados ó equipo que realizou o Señor dos Aneis…, por favor…, o de coller a uns meniños e porlles barba para facelos pasar por ananos… (polo menos fixeime en dous) E outra cousa dos ananos, ¿dende cando os ananos, coma raza, utilizan arcos? Polo amor dos deuses, os ananos sempre utilizaron ballesta (ou balista).
  1. Unha imaxen impactante. Un castor, con cota de malla e arco. O que me faltaba por ver…

En resumo, tanto a historia, como as distintas razas creadas para o mundo de Narnia, así coma os efectos dixitais estan moi ben feitos, notándose a forte aposta de Disney por unha historia que a catapulte e a saque da miseria na que esta sumida.

Todo aquel que se faga chamar friki debe ir vela peli, e senon o fai, non sei que carallo fai lendo este blog de CINEMA FRIKI.

Por ultimo, alguns rumores que me chegaron sobre as Crónicas de Narnia. En principio están pensado facer outras dúas películas seguindo os libros, pero todo depende da resposta do publico a este filme. Non sei se isto sera certo. O unico fixo é que queren facer máis pelis de Narnia, pero como se soe dicir, la pela es la pela.

Inversorr

Crítica de As Crónicas de Narnia. O León, a Bruxa e o Armario. Las Crónicas de Narnia. El León, la Bruja y el Armario. The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe

Shin-chan. A invasión


Non entendo por que seguen botando as películas de Doraemon no cine e con Shin-Chan quedárose soamente na primeira (Na procura das bolas perdidas). Polo menos temos que agradecer que saian en DVD e traducidas ó galego sen perder nada de calidade.

Nesta aventura Shin-Chan ten que axudar a Ultraheroe a evitar a invasión dunha raiña travesti (que teima ten Yoshito Usui cos travestís) na dimensión paralela deste heroe.

Unha das mellores de Shin Chan que vin onde saca a relucir todo o seu encanto e onde aparace unha das miñas personaxes favoritas: o Barón do Tanga.

Diefer Casan

Crítica de Shin-Chan. A Invasión

As Crónicas de Riddick

Pequeno maratón de Riddick: Pitch Black e As Crónicas de Riddick. Queda pendente Black Fury. [editado] Acabo de descubrir que existe unha precuela en forma de videoxogo chamada Escape from Butcher Bay, que explica a historía de Riddick e de como foi parar á cadea.

Atopámonos ante dúas películas ben distintas inda que protagonizadas pola mesma personaxe, Richard B. Riddick. Mentras que a primeira é unha meritoria película de becho espacial estilo Aliens, cos seus tópicos e as súas propias aportacións ó xénero; a segunda é unha pretenciosa historia de ciencia ficción con exércitos en armadura medievaloide, sub-universos e demáis parafernalia.

A primeria é mellor que a segunda porque non pretende ser máis do que é. As Crónicas de Riddick é unha saga menor dentro da ciencia ficción pero que cumple o seu papel e déixanos con ganas de saber máis desa personaxe sentada nun trono ó máis puro estilo de Conan Rei. Similitudes non lle faltan.

As dúas películas confirman a Vin Diesel coma o novo cachas do cine de acción, posto que ocuparon nos seus tempos Tío Arnie, Stallone ou Van-Damme.
Os tempos cambian e as comparacións son odiosas (sobre todo para os que as perden) pero coido que Vin Diesel sabe dirixir moi ben a súa traxectoria e vai crecendo en troques de quedarse encasillado. Para mostras o como se fixo de As Crónicas de Riddick ou a súa estrea coma director en Hannibal (o cartaxinés, non o outro)


Unha cachonda na premiere en Los Ánxeles, Christina Milian

Ifrit

Críticos: Godzilla Sama Ifrit, Inversorr, Pol e Yann Breoc
Ingredientes: Dúas bolsas de pipocas (unha carbonizada), tres bolsas de patacas fritidas e catro litros de bebidas refrescantes carbonatadas.

Crítica de Pitch Black As Crónicas de Riddick The Chronicles of Riddick

Chungo


¿Que faría eu se alguén me tivese 15 anos pechado nun cuarto?¿como reaccionaría despois de tanto tempo preso sen saber quen ou por que estou nesta situación? A resposta do noso protagonista é clara: buscar a ese c***** e destrozalo cas miñas propias mans.

Pero Old Boy é algo máis que unha sucesión de escenas de ultraviolencia oriental (se é iso o que buscas, proba con Battle Royale e terás máis que abondo) é unha historia de búsqueda de respostas, de motivos, cunha sucesión de xiros argumentáis que levan a Odaesu, o protagonista da historia, a cuestionarse finalmente o seu dereito á vinganza. (E como dicían no Un, dos, tres, «ata aquí podo ler»)

Se me preguntas se me gustou a película, non sabería que decir. Ten os ingredientes adecuados para unha película de vinganza, para unha de intriga, e para unha historia de amor, pero os seus ritmo e voltas de guión deixan unha sensación extraña, algo que os que a vimos calificamos de “chungo”, pero pouco máis podo dicir, terás que te arriscar a vela para descubri-la resposta.

Godzilla Sama

Crítica de Old Boy

Líos por todas partes


Unha das melloriñas que veño de ver e unha obra mestra de Jackie Chan (por que algunha ten). No seu ánimo de soamente entreter e rir sen moitas pretensións, Jackie mostranos, en Mr. Canton e Lady Rose, un filme dos de líos por todas partes.

Charlie, un pobre sen traballo, sen comelo e sen bebelo pasa ser xefe dunha banda mafiosa gracias a unha vendedora de rosas. Agora ela está en apuros e Charlie pensa que é o momento de devolverlle o favor.

Diefer Casan

Crítica de Mr Canton e Lady Rose Black Dragon
Miracle Miracles: The Canton Godfather Mr. Canton and Lady Rose Qiji

Unha de documentais

Cruzando a ponte. O son de Estambul

A música no seu estado natural non é nin multinacionais, nin discos de ouro, nin grandes concertos. A música é refrexo dun estado de ánimo, dunha forma de vivir e ve-la vida e a forma de expresión dun pobo. E así no-lo amosa o documental Cruzando a ponte. O son de Estambul, realizado por Fatih Akin e conducido po-lo músico alemán Alexander Hacke.

Cun estilo similar ó do Lonely Planet, o documental fai un recorrido rápido pero completo da música da cidade turca, dende os modernos ritmos do hip-hop ou do rock progresivo ata as músicas máis tradicionais turcas e kurdas, pasando po-los grandes clásicos da música pop dos 60 e 70, os primeiros rockeiros e a música lixeira.

É difícil reunir nun documental tóda-la música dunha cidade como Estambul pero Cruzando a ponte fai unha selección moi acertada que pode servir dunha primeira aproximación a unha forma distinta de entede-la música fora do 3% que nos repiten día e noite.

Ó pé da letra

Se no anterior documental se facía a achega a unha cidade a traveso de distintas formas de música desta volta a proposta é máis orixinal se cabe, amosarnos un país coma os EE.UU a traveso de sete nenos participantes no Concurso Nacional de Deletreo en Washington.

EE.UU é un país inmenso cheo de contrastes e incoherencias. Ó pé da letra é un documental amosa sete formas de entende-la familia, as relacións pai-fillo, as relacións nunha escola… Pero en definitiva é o momento máis importante nas vidas destes sete nenos de menos de 13 anos que se enfrontan ó momento máis importante da súa curta vida, cada un cas súas particularidades, problemas e circunstancias.

Dende un xogo para pasa-lo rato ata unha filosofía de vida ou algo que cambiará as súas vidas. Escravitude infantil ou fachenda nacional. Pero só un gañará.

Ifrit


Bono Cineuropa
Crítica de Cruzando a ponte. O son de Estambul Crossing the bridge. The Sound of Istanbul Cruzando el puente. El sonido de Estambul Crítica de Ó pé da letra Spellbound

Búscase muller entre 16 e vinte e pico anos. Calquera étnia, incluido caucásicas. Móvese e compórtase con confianza e sentido da nobreza. Áxil coma un gato. Atlética coma un águia. É unha guerreira. Movementos elegantes e ouvido para os idiomas e dialectos son esenciais.

Prazo ata o 19 de Decembro

Para máis información e formulario de solicitude visita Mali Finn Casting.

Vía KFC Cinema

Mentiras arriscadas 2

Agardando por Alita
Alita, Anxo de Combate


Xa está aquí o teaser trailer de Pirates of the Caribbean. The Dead Man’s Chest, a segunda parte de Os Piratas do Caribe. A Maldición da Perla Negra. Amosa algo máis que o de Superman Returns, pero non o conta todo coma o de X-men 3.

Nesta nova entrega o capitán Jack Sparrow descobre que ten unha débeda de sangue co lexendario Davey Jones, Capitán do Holandés Errante. Co tempo a correr, Jack debe atopar unha maneira de cancela-la débeda ou será maldito para a eternidade e o seu escravo na outra vida. Para empeoralo, os problemas de Sparrow interfiren nos plans de voda dun tales Will Turner e Elizabeth Swann, que son obrigados a unirse a Jack noutra das súas aventuras.

Despois de ve-lo trailer podemos afirmar «¡Qué grande é Johnny Depp!» e «¡Menudos FXs!»

Vía Rotten Tomatoes

¡Santa Edición Especial, Batman!


Pois si, o Batman de Adam West nunha gran película. Unha especie de capítulo piloto onde os malos máis malos do home morcego unen as súas forzas para derrotar ó duo dinámico.

Encantoume, simplemente. Igual que a serie de televisión. Paréceme unha obra mestra e o mellor que se fixo de Batman. E o digo totalmente en serio, por que onde a xente ve unha cutrez eu vexo unha serie para entreter e sorrir coas súas aventuras. O traxe, os bat-aparellos para TODO, o Batman a plena luz do día correndo polas rúas, o batmovil, que é o coche máis famoso da televisión antes incluso que o Coche Fantástico, os seus diálogos de lóxica absurda (Gordon: ¿Qué pesa 16 onzas, pósase nunha árbore e é moi perigoso? Robin: Un gorrión cunha metralleta.) Impresionante.

Pero onde eu vexo a sua maxiestralidade é na caracterización dos seus archiinimigos. Simplemente son iguais ós do cómic, e mellor feitos que nalgunhas das películas oficiais (aínda que encantoume o albornoz de Mr. Freeze en Batman e Robin). Por iso creo que as películas que perpetrou Joel son boas no sentido que é coma se foran un capítulo da serie pero con moitísimo presuposto, por que algún diálogo é calcadiño.

Diefer Casan

Citas memorabeis da película
Crítica Batman: A película The Movie La Película

Nacho Libre


Para aclarar posibeis malentendidos, o titular non se refire a un de Ferrol que saíu da cadea, ainda que a imaxe poda dar esa impresión.
Nacho Libre é unha hilarante comedia protagonizada por Jack Black.

A historia non ten desperdicio. Ignacio, un sacerdote mexicano convértese, como segundo emprego, nun loitador de loita libre mexicana chamado Lucha Libre para conseguir diñeiro para o seu orfanato.

O director será Jared Hess, director tamén dunha das comedias do ano, Napoleon Dynamite, e o guionista Mike White, guionista doutra das comedias gamberras dos últimos anos, Escola de rock (na que tamén participa Jack Black).

Bizarrismo americano ó estilo Ben Stiller (que sae con Jack Black en Envidia).

Vía Cinema Blend

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.