Ensaio sobre a tristura

6 Decembro 2005


Esta podería ser unha desas películas de Antena 3 dos sábados despois de comer pois ten tódo-los ingredientes: argumento, personaxes, escenarios… Pero O mundo de Leland ten algo que a fai diferente a estes telefilmes e a fai estar por riba deles: a forma de contar o que pasa, de achegarnos a historia e os personaxes, o control dos tempos e dos ambientes.

O mundo de Leland conta a historia dun rapaz que mata a un neno retrasado mental de 21 navalladas, a historia das dúas familias e a dun escritor e titor penitenciario que intentarán buscar os culpabeis da súa forma de actuar e os por ques de tan salvaxe acto.

Kevin Spacey é productor deste filme e colabora cun pequeno papel, o do pai do asasino, escritor de sona de libros de autoaxuda. Despois do seu papel maxistral en American Beauty, podemos considerar que este filme é outra volta de torca máis no análise e retrato desa sociedade que apodrece no seu valeiro.

Esta película está especialmente indicada para os amantes da música de Pixies e de Frank Black, pois as súas cancións conforman a práctica totalidade da banda sonora.

O mundo de Leland é en definitiva unha película recomendábel, pero que preferíbelmente debe ser vista en estados de ánimo altos ou moi altos, pois os seus plantexamentos, preguntas e respostas, etc. poden afundir un barco tocado.

Ifrit


Bono Cineuropa
Crítica de O mundo de Leland El mundo de Leland The United States of Leland

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image