Chungo
12 Decembro 2005
¿Que faría eu se alguén me tivese 15 anos pechado nun cuarto?¿como reaccionaría despois de tanto tempo preso sen saber quen ou por que estou nesta situación? A resposta do noso protagonista é clara: buscar a ese c***** e destrozalo cas miñas propias mans.
Pero Old Boy é algo máis que unha sucesión de escenas de ultraviolencia oriental (se é iso o que buscas, proba con Battle Royale e terás máis que abondo) é unha historia de búsqueda de respostas, de motivos, cunha sucesión de xiros argumentáis que levan a Odaesu, o protagonista da historia, a cuestionarse finalmente o seu dereito á vinganza. (E como dicían no Un, dos, tres, “ata aquí podo ler”)
Se me preguntas se me gustou a película, non sabería que decir. Ten os ingredientes adecuados para unha película de vinganza, para unha de intriga, e para unha historia de amor, pero os seus ritmo e voltas de guión deixan unha sensación extraña, algo que os que a vimos calificamos de “chungo”, pero pouco máis podo dicir, terás que te arriscar a vela para descubri-la resposta.
Godzilla Sama
Crítica de Old Boy
12 Decembro 2005 ás 10:02 pm
…concordo contigo… esa montaxe a varias velocidades fixome perder un pouco o norte…
12 Decembro 2005 ás 11:30 pm
El tipo que hace de “malo” es el mismo de la última de 007 (Muere otro día). Me impresionó su actuación, la verdad. Si OldBoy fuera de este año lo nominaría al premio Alan Rickman al Mejor Villano sin dudarlo.
14 Decembro 2005 ás 2:15 am
Esta película ten a Pelexa máis marrulleira de todalas que teño visto. Espectacular, intrigante e enrevesada. Amén.