Shin-chan. A invasión

18 Decembro 2005


Non entendo por que seguen botando as películas de Doraemon no cine e con Shin-Chan quedárose soamente na primeira (Na procura das bolas perdidas). Polo menos temos que agradecer que saian en DVD e traducidas ó galego sen perder nada de calidade.

Nesta aventura Shin-Chan ten que axudar a Ultraheroe a evitar a invasión dunha raiña travesti (que teima ten Yoshito Usui cos travestís) na dimensión paralela deste heroe.

Unha das mellores de Shin Chan que vin onde saca a relucir todo o seu encanto e onde aparace unha das miñas personaxes favoritas: o Barón do Tanga.

Diefer Casan

Crítica de Shin-Chan. A Invasión

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

4 respostas a “Shin-chan. A invasión”

  1. acedre di:

    Boas festas e feliz 2006.

  2. Xosé Antón di:

    Haberá que mercar o DVD. Nunca entendín por que é menos pernicioso Bart Simpson que ShinChan.

  3. Diefer Casan di:

    Pois se che gustoue ademáis disfrutas do anime en xeral, espera ver a de Shin-Chan: O pequeno samurai (A ver se logohai unha crítica).

    Un verdadeiro luxo e moito máis cunha película de Shin-Chan.

    Ademáis trae un capítulo inédito da serie, onde Yoshiro Utsui móstranos a súa peculiar visión de Star Wars

    :O

  4. Xabre di:

    Houbo outra película que pasou polo cinema: “Shin Chan: Operación rescate”. A min mesmo me gustou máis que “Na procura das bolas perdidas”. A aparición estelar do Porquiño Pirata é do mellor :) http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=4660

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image