"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Decembro, 2005

Charlize Theron podería se-la chica Bond na nova película de James Bond, Casino Royale. ¿Por que non?

Vía Cinema Blend

Angelina Jolie en Casino Royale, Vilán e chica Bond de Casino Royale, Ás voltas de novo co novo James Bond, Ás voltas co novo James Bond, O novo James Bond, Casino Royale

Secuela de Serenity

A activa comunidade de fans de Firefly/Serenity é a protagonista do último rumor ó redor da película. Disque os directivos do Sci-Fi Channel queren facer un telefilme como secuela de Serenity. Outros rumores xa adiantan que Joss Whedon rexeitou dirixi-lo proxecto.

Vía Cinema Blend

Premios Británicos de Cinema Independiente

    Mellor director: Neil Marshall (por The Descent)
    Mellor realización técnica: Jon Harrys (por The Descent)
    Mellor película extranxeira: O Afundimento
    Premio Raindance (para películas realizadas en contra das probabilidades): Evil Aliens
    Mellor curta británica: Six Shooter

O resto dos premios en Cinema Blend.






Aquí temos cinco novas imaxes de personaxes da agardada X-men 3 (páxina actualizada con novas fotos dos personaxes), Besta, Anxo, Juggernaut (irmán do Profesor Xavier) e Callisto (antiga líder dos Morlocks, en resumo unha inimiga recurrente de Tormenta, moza de Coloso e do irmán deste, Mikhail) Sen dúbida, este último novo personaxe é dos que darán para moitos guións posibeis.

Cinco migallas para alimenta-lo noso maxín.

Vía Superhero Hype!

E despois dos entrantes un primeiro prato, un teaser trailer de X-men 3. Este é dos bos e vese de todo. Para babexar a gusto.

Inda nos queda moito que esperar, a estrea nos EE.UU será o 26 de maio do 2006.

Vía Superhero Hype!

Existe un rumor que di que o título podería ser X-men 3. The Last Stand.

Vía Superhero Hype!


Omahyra Mota en X-men 3
, Super-cameos en X-men 3, Ben Foster en X-men 3, As irmás Williams en X-men 3, Nova mutante en X-men 3, Cartace teaser de X-men 3, Baixas en X-men 3, Posíbel reparto de X-men 3, Novas da Patrulla X 3

Os irmáns Pang dirixirán The Darkness


Os coreanos irmáns Pang, Danny and Oxide, dirixirán a adaptación cinematográfica do cómic da editorial Top Cow The Darkness.

O cómic cóntanos como o tirador da mafia Jack Estacado descubre que é o herdeiro dunha formidábel forza mística chamada the Darkness e é o único que pode deter un poder sobrenatural empeñado en escravizar á humanidade.
O cómic ofrece o que todos os da factoría Top Cow/Image: mulleres neumáticas, homes hipermusculados, splash pages a tutiplén… En definitiva, querer facer algo distinto a Marvel e a DC para acabar facendo o mesmo.

Inda andan buscando a un que lles escriba o guión así que de datas de estrea nin falamos.

Vía Superhero Hype!

Non se trata dunha guerra nunha galaxia moi lonxana


¿Qué película pensades se vos digo, que unha princesa foi secuestrada por un ser moi maligno, e o heroe vai en busca dela coa axuda dun ancián sabio capaz de facer maxia, e conta coa axuda dun arma especial e polo camiño atopa a uns ladróns que van con eles a rescatala? Pois non, non se trata dunha guerra nunha galaxia moi lonxana, se non o argumento de Krull. Película que seguiu a estela dos filmes de aquela epoca debido ó éxito de Star Wars. Perdida na miña memoria da infancia, lembro que a vira con medo polos monstros que aparecían (bastantes desagradables cando morren, todo hai que dicilo) e que agora se recupera co DVD. Creo que é un bo filme que pouco perdeu co tempo, cun efectos especiais que máis dalgunha película de hoxe en día xa lle gustaría, e cun reparto moi bo, con Liam Neeson nun dos seus primeiros papeis e, por un lado, que o marcará ó longo da súa carreira. ¿É que non é capaz de rematar unha película sen que morra a súa personaxe?

Diefer Casan


Crítica de Kull

Ensaio sobre a tristura


Esta podería ser unha desas películas de Antena 3 dos sábados despois de comer pois ten tódo-los ingredientes: argumento, personaxes, escenarios… Pero O mundo de Leland ten algo que a fai diferente a estes telefilmes e a fai estar por riba deles: a forma de contar o que pasa, de achegarnos a historia e os personaxes, o control dos tempos e dos ambientes.

O mundo de Leland conta a historia dun rapaz que mata a un neno retrasado mental de 21 navalladas, a historia das dúas familias e a dun escritor e titor penitenciario que intentarán buscar os culpabeis da súa forma de actuar e os por ques de tan salvaxe acto.

Kevin Spacey é productor deste filme e colabora cun pequeno papel, o do pai do asasino, escritor de sona de libros de autoaxuda. Despois do seu papel maxistral en American Beauty, podemos considerar que este filme é outra volta de torca máis no análise e retrato desa sociedade que apodrece no seu valeiro.

Esta película está especialmente indicada para os amantes da música de Pixies e de Frank Black, pois as súas cancións conforman a práctica totalidade da banda sonora.

O mundo de Leland é en definitiva unha película recomendábel, pero que preferíbelmente debe ser vista en estados de ánimo altos ou moi altos, pois os seus plantexamentos, preguntas e respostas, etc. poden afundir un barco tocado.

Ifrit


Bono Cineuropa
Crítica de O mundo de Leland El mundo de Leland The United States of Leland

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.