

Pois xa temos outra vilá máis para X-men 3, que se vai converter na película con máis mutantes da historia. Se es alguen no universo mutante tes que estar nesta peli.
Agora é o turno de Psylock, irmá do Capitán Britania, que será interpretada po-la actriz filipina Mei Melançon.
Psylock é unha das personaxes máis sexis do universo mutante (foi modelo de nova) e ten como poderes tódo-los propios dun mentalista: telepatía, telequinesia, ler mentes, control mental, ilusións, etc., etc. A súa historia é máis que un culebrón e ten de todo, ata cambios de corpo. Non sabemos como farán na peli para que sexa mala. Para abreviar diremos que Psylock vive actualmente no corpo de Kwannon, asasina e ex de Matsu’o Tsurayaba. Estivo liada con Anxo e con Thunderbird III. Ademáis do sexi traxe que a identifica tamén é posíbel que leve enriba do ollo esquerdo o símbolo de Crimson Dawn, unha fonte de enerxía doutra dimensión coa que intercambiou poderes.
Todo isto para que na peli apareza dous segundos detrás de Magneto.
Vía Superhero Hype! (inda que fixo que xa a víchedes na de Uruloki)
Teaser trailer e novas imaxes de X-men 3
Omahyra Mota en X-men 3, Super-cameos en X-men 3, Ben Foster en X-men 3, As irmás Williams en X-men 3, Nova mutante en X-men 3, Cartace teaser de X-men 3, Baixas en X-men 3, Posíbel reparto de X-men 3, Novas da Patrulla X 3
Deixa un comentario