Todo calificativo queda pequeno neste filme

6 Xaneiro 2006


Ao fin chegou o gran gorila ás pantallas, desta vez da man do director de O Señor dos Aneis. Unha nova adaptación da novela (?) e un tributo á película que cautivou ó director cando a veu por primeira vez cando era novo (palabras do propio Peter J.)

Nesta nova película de King Kong temos nin máis nin menos que a película orixinal feita cas ultimas tecnoloxias da industria do cine cun resultado incrible, impresionante, maravilloso, todo calificativo queda curto neste filme, incluso fai olvidar o remake feito nos 80, máis ou menos (incluso perpretaron unha seguna parte titulada O fillo de Kong).

A historia esta moi ben levada, así como salientar a Illa da Caveira, fogar de Kong. Realmente mete medo, unha illa repleta de ruinas dunha antiga civilización humana de rasgos australoides (segundo o noso experto nestes temas), poboada por estes homes e mulleres aos cales non recomendo facer unha visita posto que teñen malas costumes cos extranxeiros, así como por unha fauna peculiar composta polos últimos dinosauros do planeta. A atmosfera da illa arrastranos a unha epoca pasada do noso mundo. Os dinosauros estan magníficamente creados, asi coma nas secuencias onde aparecen, salientando a loito de Kong cos tres tiranosauros, así coma a loita dos rescatadores da rapaza cuns insectos xigantescos (algun daba noxo só velo).

En conclusión, a peli en si, é unha maravilla dignísima de ver. Non a perdades, pois de non ir vela a ira dos deuses caerá sobre vós.

Detalle friki militaroide: Na persecución de Kong pola cidade, utilizan un canón montado sobre un camión. Ó velo picoume a curiosidade, pois distinguín claramente a manufactura inglesa de dito canón, e rebuscando na miña biblioteca privada atopei o modelo exacto: o canon en si é un canon antiaéreo de 13 libras (peso do proxectil) e 9 quintais (peso do tubo). Este canón data da Primeria Guerra Mundial, así que non está fora de lugar na película.

Inversorr

Crítica de King Kong

O que é grande é grande

Unha vez máis Peter Jackson non me decepcionou e diría máis, volveu a transmitirme o que sente facendo películas. Peter Jackson fai cos efectos especiais o que a moitos lles pasa cos fogos de artificio. Para algúns só son cores e ruído, pero para outros son sensacións e admiración. Pode que Weta Digital non fagan os mellores efectos especiais (de feito nalgúns momentos cantan bastante) pero si que saben transmitir alén do píxel.

Algúns din que é longa de máis. Para min o único que foi longo de máis foi o descanso que nos puxeron no medio da persecución da illa (algún cine había que queimalo). Kong no é o rei dunha illa paradisíaca e Peter Jackson nola amosou en toda a súa crueza.

En esencia a nova versión non difire a penas da orixinal. Segue conservando inxenuidade, amor imposíbel e estupidez humana.

E para finalizar dicir que a igual que o mono xigante eu tamén quedei prendando desa loira irresistíbel que é Naomi Watts.

Esquecíame. Teño unha relación amor-odio cos trailers que mostran imaxes que non saen na película.

Ifrit

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image