
Chegados a estas alturas do ano é un bo momento para facer un repaso do visto e elexir o que máis nos gustou e o que menos. Por iso inauguramos eiquí os 1os Premios CINEMA FRIKI.
Para participar e dar as vosas opinións tan só tedes que enviarnos un correo-e ó noso enderezo 
sinalando un máximo de cinco candidatos en cada categoría. Recolleremos votos ata o día 15 de xaneiro. Entre os tres máis votados de cada categoria faremo-las votacións finais. Ben sinxelo.
Aquí téde-las categorías:
- Mellor película
- Mellor actor / actriz / animal / ancián
- Mellores FX / CGI
- Mellor banda sonora
- Mellor “jump the shark”
- Mellor serie
- Premio Dra. Christmas Jones ó peor secundario ou ó máis prescindíbel
- Peor rumor
- Peor remake
- Mellor trailer / curta
- Peor vestiario / maquillaxe
- Mellor parodia (actor, personaxe, película…)
- Premio Campo de Batalla a Terra á película que non vimos (patrocinado po-la Igrexa da Ciencioloxía)
- Premio Alan Rickman ó “mellor” malo
Recordade que só consideramos productos do 2005 (aquí tedes unha lista con tóda-las estreas) e que de momento non temos premios pero en calquera momento pode salta-la sorpresa e aparecer algún agasallo dalgún dos nosos innúmeros mecenas e benefactores.
¡Xa temos premio! Unha botella de 0′75 cl de auténtico licor café do melloriño da capital, da tasca El Mosquito.
O exemplar será enviado a calquera parte do globo ao participante na elección de candidatos que será elexido por sorteo amañado o luns 16 (aprox.)

Imaxe realizada por panchez de Aduaneiros sem fronteiras
Cos escasos votos emitidos ata o momento é case seguro que os premios quedarán desertos.
¡¡A VOTAR!!
by Giménez Espantos, on xaneiro 9 2006 @ 10:42 pm
¡Facharrojo el que no vote! ¡Eh! ¡Eh!
by Dosis, on xaneiro 12 2006 @ 3:26 am
volvin coas pilas postas! faime un sitioooo
by ifrit, on xaneiro 12 2006 @ 9:59 am
Re-benvida!!! Eu xa te daba por perdida!!
Inda estás a tempo de votar.. o resto anda un pouco parado…
by Diefer Casan, on xaneiro 12 2006 @ 8:01 pm
Xa sei que chego tarde, pero non me esquecín de votar. E que entre exames e traballos ando un pouco liadillo, coma Nicholas Cage en “A Roca”: “¡Encántame traballar baixo presión”.
Este fin de semana tes os meus votos.
by Gran Dios del Bien y del Mal, on xaneiro 13 2006 @ 4:48 pm
Xa votei, asi que se non chegan os meus datos non me fago responsable!!
Propoño que sorteedes unha botelliña de licor café entre os participantes, xa veredes como sube a participacion como a espuma.
by ifrit, on xaneiro 13 2006 @ 4:54 pm
Gran Dios del Bien y del Mal, os teus datos chegaron e xa foron contabilizados po-lo ordenador central.
E a súa idea acaba de ser aprobada po-la vía de urxencia! LK RULES!!
by pennywise, on xaneiro 13 2006 @ 6:41 pm
Hola tío! Soy Sharingan del foro de Mangaline, me he de poner a leer tu blog. Lo que no entienda ya te pediré traducción jeje ^ ^ saludos
by Fagot, on xaneiro 14 2006 @ 1:35 am
Xa vos deixei as miñas votacións. Saúdos Ifrit e gracias pola túa lista.
by hgfd, on xaneiro 17 2006 @ 8:43 am
¼õÕðÆ÷
µç¯
·ÛËéÉ豸
by Gran Dios del Bien y del Mal, on xaneiro 19 2006 @ 4:22 am
Cheeguei tarde ó da entrevista ó director de Alone in the Dark. Sintoo.
by Matías Bruñulf, on xaneiro 20 2006 @ 4:51 am
A ver se lle mando unhas letras, mais non sei o que dará de sí a selección (galega e riscada).
Apertas.
by Diefer Casan, on xaneiro 23 2006 @ 6:53 pm
Xa votei. Tarde e arrastro.
E que, aínda que pareza mentira, isto leva o seu tempo.

Un saúdo.