
Non podemos negalo, estamos ante a primeira película descerebrada, ou descerebrante do ano. E a moita honra, si señor.
Poucas veces podemos ver unha adaptación tan fiel á gran pantalla, sexa dun videoxogo, un libro, ou da banda deseñada. Certo que o argumento da obra orixinal non destaca precisamente pola súa complexidade argumental, pero iso non impide que outras obras de características similares rematasen sendo un horrible fiasco (e non miro para ninguén, Resident Evil).
Doom convértese nunha obra típica do xénero de caza de bechos, poida que en vinte anos falen dela coma un gran clásico do xénero, quen sabe, bazas para iso ten de sobra: Doom cumpre todo-los estereotipos, incluíndo os erros mortais que tantas veces recriminamos ós protagonistas destas obras, como son:
- 1. Separarse: a máis tempo só, máis posibilidades de rematares morto, e isto inclúe o punto 2
2. Ir ó baño: as necesidades fisiolóxicas son unha trampa mortal nunha película
3. A xente de cor morre primeiro: vale, este non se cumpre, pero é case o único, esta película tamén tiña que innovar en algo, non?
4. Cumplindo o primeiro punto, non xuntes ó novato e o depravado da unidade, ou rematarás tendo un depravado e un inútil (isto complícase cando case toda a unidade ten algunha tara mental)
5. Por último, aínda que fundamental, NUNCA, xamáis crer que unha corporación vai cumpri-las leis sobre investigación se pode evitalo. En xeral, cando alguen diga que unha corporación ten problemas nunha das súas instalacións de investigación, flamexa primeiro, dispara despois, e cando teñas o lugar convertido nun aparcadoiro, pregunta, se tes moita curiosidade.
En fin, cine “palomiteiro” de primeira categoría, con certas innovacións xeniais, coma a secuencia en primeira persoa (videoxogo ou película?), non apta para quen queira levar ós seus miolos ó cine, divertida para os demáis.
Godzilla Sama
Crítica Doom
Completamente impresionado

Nin por todo o ouro do planeta pedería imaxinar o resultado desta adaptación dun videoxogo ao cine. Teño que dicir que quedei completamente impresionado co resultado final da película. Normalmente cando vou ver unha peli sacada dun videoxogo non espero outra cousa que unha merda de filme na cal se me atragantan os flocos de millo coma por exemplo en Resident Evil, ou Dragóns e Mazmorras, ou calquera das pelis de Lara Croft ( inda teño pesadillas por culpa da peli Tomb Raider. O berce da vida. Angelina por que nos fas esto?)
Pois ben, Doom, a película, é coma todo o mundo sabe unha adaptación dun videoxogo a cal en termos xerais quedou ben feita, visible, e amena para o espectador. Se tiveramos que porlle unha puntuación sobre 10, esta sería pola miña parte a dun 5′9 rozando o 6 pero non chegando a el. A historia, as personaxes (quedome con The Rock e o que fixo de Eomer en O Señor dos Aneis) Nun computo global quedou decente, un portal de teletransportes, unha compañía que fai experimentos xenéticos ás espaldas de todos, e coma resultado deses experimentos un mostruo ó que hai que aniquilar, e coma non, para solucionalo problema mandan ós marines comandados por Yhe Rock, e para finalizar no fin da peli o espectador queda ca boca aberta o ver a visión que teriamos se estivesemos xogando ó videoxogo no noso ordenata.
Pouco máis se pode dicir desta película. Aquel que queira ir vela que vaia que non vai ir a perdelo tempo, e se non queredes non vaides.
Inversorr,
asasino da ortografia e mercenario da gramatica
Escoitando: Mazinger (Gigatrón)
by kuroi_yume, on xaneiro 27 2006 @ 9:00 am
Lo curioso es que nadie se esperaba que Doom fuera la ¡Primera película de infección zombie del año!
Además hace varios homenajes al género (lo que un amigo mío purista del juego le molestó bastante)
by ifrit, on xaneiro 27 2006 @ 11:35 am
Para los que no somos super-fans del juego y nos temíamos lo peor fue una grata sorpresa.
by godzilla.sama, on xaneiro 27 2006 @ 12:18 pm
E de xustiza loubar o emprego de machada, arma típica das pelis de zombis, inxustamente infrautilizada en outras pelis, que non volverei a nomear
by Don Vitto, on febreiro 2 2006 @ 2:11 pm
Mirade, a peli ten un pase, ou polo menos non da pa’tras, que xa é algo.
E a mellor forma de falar dela é con palabros coma :
-¡Mola, irmán!
-¡Si, irmán, mola!
-¡Si, mola!
-¡Xa sei que mola, irmán!
- ¡Tamén eu, irmán!
E así… os miolos xustiños, xustiños.
by Diefer Casan, on febreiro 2 2006 @ 7:21 pm
Chi, chi, todo correcto e totalmente de acordo con todo.
Pero o que máis me repatea e que se segan metendo con Resident Evil e Tomb Raider sen siquera ter unha mínima noción do de que se está falando. E non é polo artigo de Inversorr, se non que xa o veño lendo de atrás.
Aínda que se téña que colgar polos pulgares a Paul W. Anderson por perpetrar Resident Evil (e peor despois por profanar Aliens vs. Predator) hai que saber ler o filme e sobretodo aqueles, coma mín, que disfrutaron cun dos mellores xogos de terror do momento. E pase o de da primeira parte, pero Apocalypse pareceume unha peli moi correcta quitando a Milla Jojovich, xa que aparición de Jill Valantine (coa súa roupa do xogo :O…), os membros dos STARS (Special Tactics and Rescue Service) e Némesis foron moi exactos.
E en canto a Tomb Raider é de admitir que ambas foron malas (sobre todo a segunda) pero foi unha elección moi exacta de Angelina Jolie (ela É Lara Croft) e segue sendo unha película de acción sen moitas pretensións.
Non sei a que ven tanta leria con esas cousas.
by ifrit, on febreiro 2 2006 @ 7:25 pm
Pois mira que a min gústame máis a segunda, pareceme máis na liña do xogo. Sempre tendo en conta que non estamos falando en termos absolutos…
by Diefer Casan, on febreiro 2 2006 @ 7:48 pm
Totalmente de acordo.
Como diría Cálico: “Pare esto hay que valer”
by Godzilla Sama, on febreiro 3 2006 @ 11:59 am
Sen ter xogado nin a Doom nin a Resident Evil, e calificándoas só coma peli, non hai dúbida de que Doom gaña por goleada (e só falo do rpimeiro Resident, que non vin a segunda)tamén é certo que seguramente Resident Evil ten máis liñas argumentais e todo iso, pero aínda así resulta pouco xustificable tal desfeita