Casshern

26 Xaneiro 2006


Impresionante derroche de efectos especiais. Esta é a única forma de trasladar un manga a imaxe real. Non tiven a fortuna de lelo, pero o filme de Casshern está tan ben feito que imaxino cada fotograma coma unha viñeta do cómic.

Despois dunha guerra, a Federación Oriental derrotou os exércitos de Europa e tomou control do continente Eurasiático. Este é o marco onde se desenrola a película, nun futuro postapocalíptico, onde un novo descubrimento traerá aínda máis destrucción.

Recomendable, aínda que solo sexa para poder disfrutar dos seus efectos, aínda que me perdín nalgunha parte.

Diefer Casan

Crítica Casshern

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

8 respostas a “Casshern”

  1. Matías Bruñulf di:

    Una curiosidad: le gusta Elodie Bouchez? Expláyese.

    Obrigado,

    Matías Bruñulf

  2. godzilla.sama di:

    Unha vez visto o tráiler, só podo dicir unha cousa: que rule!

  3. ifrit di:

    Matías, é a primeira vez que oio falar dela :(
    Síntollo

  4. dorfun di:

    …eu quedei descolocado coa historia… pero o xeito de rodar as esceas de acción ó estilo anime, deixoume abraiado!!!

  5. Matías Bruñulf di:

    Ifrit, vaia ao videoclub e diríxase directamente á sección das santas, onde fica Elodie (darase conta pola aureola: ollo, con “u” de “mu”). Unha vez alí, de paso que está, póñalle unha veliña ao Santo Onán.

    Falamos despóis que agora teño presa. Apertas.

  6. Yann Breoc di:

    Anuncio a tódolos membros da redacción de Cinemafriki que acabo de conseguir a peli.
    Intentaremos que caia este fin de semana

  7. Pol di:

    Esta se la pasé a Diego antes de las vacaciones…

  8. Diefer Casan di:

    Chi, chi, e eu a collín no videoclube e… bueno. Xa vos aviso. Os FX son unha pasada pero fíxoseme moi longa e pérdese un.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image