Special Forces
28 Xaneiro 2006
O visionado do filme Special Forces resultou ser unha verdadeira sorpresa. Agardabamos ver unha película de acción de serie Z, pero ó final resultou ser un producto moi digno do xénero e ben rematado.

Conta a historia das vicisitudes polas que ten que pasar un equipo das forzas especiais norteamericanas para rescatar a unha periodista capturada polo lexítimo goberno da república de Muldonia.

Ben levada dende o comezo ata o final, a cinta pon de manifesto que non é necesario un grande presuposto para poder facer un bo filme de acción, e ademáis descubre a un novo grupo de actores que sen dúbida van ter moito que dicir no xénero nos próximos anos.
O único que se lle pode votar en cara é o fomento que se fai do imperialismo americano, xa que na historia as forzas capitalistas atacan sen mediar provocación ó pacífico país de Muldonia ó que acusan ademáis de levar a cabo unha limpeza étnica.

Nada máis lonxano da realidade. Muldonia é unha grande nazón que respectou sempre os dereitos humáns e…

É mentira!! Axuda!! Estou retido polo xeneral Hasib e me está a obrigar a dicir todo isto!! O filme é unha merda infumable cheo de violencia gratuíta da peor calidade posible e cun argumento e uns intérpretes que non se sosteñen nin de puta coña!!!

Maldita sexa, coido que xa veñen!! Fuxide, insensatos!! Non a vexades nin na TV nun día de resaca!! Escapade!!!
BANG (son dunha Makarov)
Yann Breoc
Crítica de Special forces
29 Xaneiro 2006 ás 12:03 am
Esta peli só sirve para facerlle unha dobraxe tipo El Informal… Menudo despropósito.
29 Xaneiro 2006 ás 1:04 am
Nem para isso… (lembro-me bem dela…)
29 Xaneiro 2006 ás 1:56 am
Pero Tawil, como chegaches a ver esta peli?!
29 Xaneiro 2006 ás 1:37 pm
Pues estaria atado a una silla, y siendo torturado salvajemente … por la pelicula, claro.
Yo creo que estas pelis solo sirven para capturar fotogramas y usarlos para enseñarle PNJ´s a los jugadores en una partida de rol (esa foto del general malo, XD)
2 Febreiro 2006 ás 2:16 pm
O simple feito de ver semellante “cousa” voluntariamente indica o grao de retorcida perversidade masoquista que acadan algúns seres superiores…
Dor, vexo moita dor…
Quen mercou (si señor@s, mercou) tal “cousa” coma agasallo debería ser incrustad@ na parede dunha institución mental tipo Arkham.
Queda dito.
3 Febreiro 2006 ás 12:05 pm
¿Quen se pode resistir cando ve no super un caixón cheo de pelis variadas de oferta a x euros? especialmente cando buscas un regalo cabrón…
3 Febreiro 2006 ás 3:17 pm
No me había fijado pero es muy buena esa imagen del general sosteniendo el envoltorio, parece decir “¿No te habrás comido mi KitKat, zorra?”.
3 Febreiro 2006 ás 3:51 pm
A verdade é que a imaxe ten mil lecturas. A primeira vista parece un envoltorio dunha chocolatina pero po-lo nome podería ser dun preservativo ou dunhas compresas/tampóns…
Tamén pode estar dicindo algo como:”Non sabe que en Muldonia está prohibido comer Snickers imperialistas?”
Pero sen dúbida o mellor é o que din na peli XD