Semana Internacional do Traxe de Gorila
30 Xaneiro 2006
As cousas de palacio van despacio, e as de CINEMA FRIKI máis. Dende o mércores pasado vense celebrando en Bizácoras (o directorio máis bizarro da burroesfera) a Semana Internacional do Traxe de Gorila, dedicada o enaltecemento da xente vestida de gorila, ós gorilas mesmos e ó gorileo en xeral.
Dende CINEMA FRIKI faremos unha excepción á nosa programación habitual, como xa o fixemos durante Cineuropa, e intentaremos contribuir a esta gorilización facendo un repaso da saga de O planeta dos simios (Retorno ó planeta dos simios, Fuxida do planeta dos simios, A rebelión dos simios, A conquista do planeta dos simios e O planeta dos simios de Tim Burton), a maior saga de xente disfrazada de gorilas da historia.
Ademáis faremos unha análise do xogo de ordenador Gorillas, gran inicio gorileiro da maioría dos integrantes desta bitácora.
Agardamos que disfruten.
FELIZ SEMANA DO TRAXE DE GORILA!
30 Xaneiro 2006 ás 10:58 pm
Y faltaría ‘Entre pillos anda el juego’, mítica película donde un gorila tiene un papel estelar aunque breve…
30 Xaneiro 2006 ás 11:14 pm
Pois xa sabe o meu correo
30 Xaneiro 2006 ás 11:22 pm
Xa vexo que o seu son as superproduccións. De posts.
1 Febreiro 2006 ás 11:10 pm
Apuntádevos tamén o Gorila do vídeo “No sleep till Brooklyn” dos Beastie Boys
2 Febreiro 2006 ás 7:03 pm
E como fan Bondiano que son tamén resaltar cando James Bond (Roger Moore) disfrázase de gorila nun vagón de tren para escapar de Gobinda e os seus secuaces en Octopussy