"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xaneiro, 2006

Todo calificativo queda pequeno neste filme


Ao fin chegou o gran gorila ás pantallas, desta vez da man do director de O Señor dos Aneis. Unha nova adaptación da novela (?) e un tributo á película que cautivou ó director cando a veu por primeira vez cando era novo (palabras do propio Peter J.)

Nesta nova película de King Kong temos nin máis nin menos que a película orixinal feita cas ultimas tecnoloxias da industria do cine cun resultado incrible, impresionante, maravilloso, todo calificativo queda curto neste filme, incluso fai olvidar o remake feito nos 80, máis ou menos (incluso perpretaron unha seguna parte titulada O fillo de Kong).

A historia esta moi ben levada, así como salientar a Illa da Caveira, fogar de Kong. Realmente mete medo, unha illa repleta de ruinas dunha antiga civilización humana de rasgos australoides (segundo o noso experto nestes temas), poboada por estes homes e mulleres aos cales non recomendo facer unha visita posto que teñen malas costumes cos extranxeiros, así como por unha fauna peculiar composta polos últimos dinosauros do planeta. A atmosfera da illa arrastranos a unha epoca pasada do noso mundo. Os dinosauros estan magníficamente creados, asi coma nas secuencias onde aparecen, salientando a loito de Kong cos tres tiranosauros, así coma a loita dos rescatadores da rapaza cuns insectos xigantescos (algun daba noxo só velo).

En conclusión, a peli en si, é unha maravilla dignísima de ver. Non a perdades, pois de non ir vela a ira dos deuses caerá sobre vós.

Detalle friki militaroide: Na persecución de Kong pola cidade, utilizan un canón montado sobre un camión. Ó velo picoume a curiosidade, pois distinguín claramente a manufactura inglesa de dito canón, e rebuscando na miña biblioteca privada atopei o modelo exacto: o canon en si é un canon antiaéreo de 13 libras (peso do proxectil) e 9 quintais (peso do tubo). Este canón data da Primeria Guerra Mundial, así que non está fora de lugar na película.

Inversorr

Crítica de King Kong

O que é grande é grande

Unha vez máis Peter Jackson non me decepcionou e diría máis, volveu a transmitirme o que sente facendo películas. Peter Jackson fai cos efectos especiais o que a moitos lles pasa cos fogos de artificio. Para algúns só son cores e ruído, pero para outros son sensacións e admiración. Pode que Weta Digital non fagan os mellores efectos especiais (de feito nalgúns momentos cantan bastante) pero si que saben transmitir alén do píxel.

Algúns din que é longa de máis. Para min o único que foi longo de máis foi o descanso que nos puxeron no medio da persecución da illa (algún cine había que queimalo). Kong no é o rei dunha illa paradisíaca e Peter Jackson nola amosou en toda a súa crueza.

En esencia a nova versión non difire a penas da orixinal. Segue conservando inxenuidade, amor imposíbel e estupidez humana.

E para finalizar dicir que a igual que o mono xigante eu tamén quedei prendando desa loira irresistíbel que é Naomi Watts.

Esquecíame. Teño unha relación amor-odio cos trailers que mostran imaxes que non saen na película.

Ifrit

Musa, the warrior


¿Qué mellor para a noite de Nadal que ver unha peli de chineses en familia? Esa era a nosa pretensión cando o meu irmán foi enviado ó videoclube a escoller unha película e colleu Musa, the warrior. Unha superproducción coreana con coreanos, chineses e mongois; exércitos, guerreiros e ata princesas secuestradas, pero a peli é longa coma un día sen pan e aburrida como ela soa.

A Dinastía Ming acaba de recupera-lo país botando a anterior dinastía (os Yuan) e ós seus seguidores mongois cara o norte. As autoridades coreanas ven neste momento unha oportunidade perfecta para recuperar as súas relacións con China e mandan unha embaixada a parlamentar. A embaixada é traizoada po-los chineses e enviada ó exilio, onde son atacados po-los seguidores da dinastía Yuan. Todo o demáis son fatalidades e máis fatalidades. E dende o principio ata o final sabemos que todo vai ir mal ou peor.

A película está fatal levada, é cansina ata o extremo. A historia nunca chega a interesar e as personaxes pasan sen pena nen gloria. Ten algún detalle bo nalgunha pelexa e nalgunha batalla pero non paga a pena vela por iso. Musa inaugura para min un novo xénero, o “épico-cansino”.

Eu é inda hoxe o día que non sei quen raios é Musa.

Ifrit

Crítica de Musa, the warrior

O Afundimento


O Afundimento é unha obra mestra do cine. Os últimos días de Hitler e do réxime Nazi, contados cun realismo e cunha crueldade asombrosas.

Unha pena que non se levara o Oscar á mellor película estranxeira, pero competía con Mar Adentro que lle puxo as cousas difíciles.

Merece moito a pena ser vista, pero non é apta para os corazóns sensibles xa que contén esceas moi duras.


Diefer Casan

Crítica de O Afundimento El Hundimiento Downfall Der Untergang

Trailer de Gamera


¡O terror destructivo en forma de tartaruga xigante chega ás nosas pantallas! Bueno, a verdade é que o máis probábel é que nunca a vexamos en pantalla grande por estas latitudes, pero aquí temos o trailer de Gamera, renovación estética do kaiju.

Estaremos atentos ás nosas mulas e ós nosos proveedores de material asiático.

Vía Cinema Blend

Nova vilá en X-men 3


Pois xa temos outra vilá máis para X-men 3, que se vai converter na película con máis mutantes da historia. Se es alguen no universo mutante tes que estar nesta peli.

Agora é o turno de Psylock, irmá do Capitán Britania, que será interpretada po-la actriz filipina Mei Melançon.
Psylock é unha das personaxes máis sexis do universo mutante (foi modelo de nova) e ten como poderes tódo-los propios dun mentalista: telepatía, telequinesia, ler mentes, control mental, ilusións, etc., etc. A súa historia é máis que un culebrón e ten de todo, ata cambios de corpo. Non sabemos como farán na peli para que sexa mala. Para abreviar diremos que Psylock vive actualmente no corpo de Kwannon, asasina e ex de Matsu’o Tsurayaba. Estivo liada con Anxo e con Thunderbird III. Ademáis do sexi traxe que a identifica tamén é posíbel que leve enriba do ollo esquerdo o símbolo de Crimson Dawn, unha fonte de enerxía doutra dimensión coa que intercambiou poderes.

Todo isto para que na peli apareza dous segundos detrás de Magneto.

Vía Superhero Hype! (inda que fixo que xa a víchedes na de Uruloki)

Teaser trailer e novas imaxes de X-men 3
Omahyra Mota en X-men 3
, Super-cameos en X-men 3, Ben Foster en X-men 3, As irmás Williams en X-men 3, Nova mutante en X-men 3, Cartace teaser de X-men 3, Baixas en X-men 3, Posíbel reparto de X-men 3, Novas da Patrulla X 3

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.