"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Febreiro, 2006


Aproveito a saída en DVD deste filme para resaltar un par de cousas. Desde o primerio fotograma rezuma Tim Burton por tódolos poros. Ese gris industrial do mundo exterior, co seu permanente inverno, e no que todo cambia a un mundo de fantasía dentro da fábrica. Danny Elfman excepcional e Johnny Depp que converte en ouro todo o que fai na grande pantalla. É o que máis destaco. A actuación deste home é sublime, coma case todo o que fai, cada xesto e cada mueca son unha obra de arte. A caracterización do personaxe non creo que se puidera superar con outra persoa.

Unha fábula moi entretida para ver acompañado, onde o único que pode sobrar son os numeriños musicais ó longo da película. A presencia de Christopher Lee é impresionante. Aínda que nesta película non fai de malo “malo” a súa imaxe na pantalla é moi impactante.

Diefer Casan

Crítica de Charlie e a fábrica de chocolate Charlie y la fábrica de Chocolate Charlie and the chocolate factory

O pequeno samurai


Impresionante a última producción en DVD de Shin-Chan. Non só veremos á personaxe no seu mellor momento, se non que o filme en si é incrible. Pola súa epicidade e banda sonora, nalgúns momentos, parecía que estaba vendo unha producción do estudio Ghibli (salvando as diferenzas).

Unha película moi adulta que gustará tanto os seguidores de Shinnosuke coma ós otakus en xeral. E digo adulta, xa que ten un desenrolo e final que me impactou moito e non esperaba iso dunha película en principio dirixida ó público máis pequeno, pero onde se demostra que os xaponeses teñen un sentidiño máis que nós, e se toman máis en serio as cousas.

Un xenial traballo, si señor.

Diefer Casan

Crítica de Shin-Chan. O pequeno samurai


Lembremos un pouco a primeira parte: dende hai séculos unha guerra entre vampiros e lobishome ten lugar baixo os ollos da sociedade humana, sen que ninguén se percate, no bando dos vampiros loita Selene (Kate Beckingsale) decidida a extermina-los licántropos en venganza pola morte da súa familia. Pero todo cambia cando se descubre a traizón e as mentiras dos líderes vampiros, e aparece o primeiro híbrido, capaz de combina-los poderes das dúas razas.

Evolution arrinca a noite seguinte ós feitos da primeira parte, cando o último dos líderes antigos dos vampiros esperta do seu letargo e descobre todo o sucedido, e decidido a comezar de novo emprende a busca do seu irmán William, o primeiro licántropo, enfrontándose no seu camiño á parella protagonista e a todo o que se lle poña por diante.

Vale, sei que parece un lío, e con motivo, pero tampouco ten importancia, estamos ante unha desas películas das que non hai que ir ver con ideas previas, hai que ir convencidos de que estamos ante un producto máis de acción, pero envolto en historias sobrenaturais, sen máis.

A historia en sí non está mal levada, é unha sucesión de combates entre monstros, aderezados con tiroteos e algunha secuencia a cámara lenta tipo Matrix (pero é que as dúas pelis teñen un aire Matrix que tira para atrás), todo aliñado con boas doses de infografía e un vestiario ben axustadiño para Kate, que deixa claro que os vampiros non están tan mortos como parece.

De todas formas, o mellor da película é a escena inicial, ambientada na idade media, na que vemos os primeiros combates entre vampiros e licántropos, e que nos fai desexar que tiveran seguido a idea inicial, ambientando toda a película nesa época, pero claro, así non se podía meter á Beckingsale, nin ó pailán do prota (a quen xa desde agora propoño para o premio “Dra. Christmas Jones” dos premios Cinemafriki 2006), en fin, que non sei que teñen as armaduras, que tanto nos gustan, e ademáis estas quedaban moi ben.

Para rematar, a min non me pareceu mala, é unha película máis de pasa-lo rato, sen máis pretensións, que deixa a curiosidade por ver que fan na terceira, que seica deu cartos dabondo pra iso.

Godzilla-sama

Crítica de Underworld. Evolution

Non apta para puristas

Despois dunha larga espera,para todos aqueles que a esperaran, xa chegou ás nosas pantallas de cine a segunda parte da película Underworld.

Nesta segunda entrega, Underworld. Evolution, atopámonos coa continuación da historia das aventuras, desventuras e peripecias dos dous protagonistas principais do filme. A historia en si non ten moita cousa. E é mais, para min, este filme e un gran flashback continuo da protagonista principal (Selena) cos seus recordos da infancia. Salientar a aparicion do gran malo, o primeiro vampiro auténtico, Marcus (pola miña parte moi ven lograda a imaxe ), asi coma a aparicion do irmán do primeiro vampiro, William, sendo este o primeiro lobisome (tamen moi currado). En fin, non vou contar mais da historia da peli e se queredes saber mais ide a vela ou non vaiades. Nembargantes creo que a peli ten a accion suficiente para ter ó espectador distraido durante todo o filme, e as distintas transformacions que se ven na película parecéronme moi boas.

Pola miña parte, a valoración que lle dou a este filme é de non-mala, pero tampouco é unha gran maravilla. Como di Godzilla-sama: “rapaces, desconectade o cerebro para ver esta peli“. E se sodes uns puristas de Vampiro ou Lobisome, pois meus, non vaiades o cine, quedádevos na casiña xogando á Playstation, ainda que a vosa ialma de friki poida mais que o voso malsán puritanismo

E coma sempre, se non tendes máis que facer, e vos aburrides, ide a vela, non defrauda se ides mentalizados, e existen, perpetráronse, filmes moitísimo peor ca este.

Por certo, que ven lle queda a roupa á actriz principal. Xa tedes un alicerce para ir a vela.

Inversorr,
asasino da ortografia e mercenario da gramatica

Le a crítica de CP (de Hegemonia)

Razzie Awards

Un ano máis, coincidindo co anuncio dos nominados ós Premios da Academia estadounidense (vulgo Oscars) déronse a coñece-los nomes dos afortunados con opcións de obter un bonito amorodo dourado, que os acredite como gañadores dos Premios Razzie.

Podería estenderme sen motivo falando da historia e historial destes premios, pero creo que é mellor que o mellor da lista de nominados de este ano fale por si mesma.

Peor director

John Asher (Dirty Love)
Uwe Boll (Alone in the Dark)
Jay Chandrasekhar (Dukes of Hazzard)
Nora Ephron (Embruxada)
Lawrence Gutterman (Son of the Mask)

Peor parella cinematográfica

Will Ferrell & Nicole Kidman (Embruxada)
Jamie Kennedy e CALQUERA que comparta a escea con el (Son of the Mask)
Jenny McCarthy e CALQUERA suficientemente parvo para ter algún tipo de relación con ela (Dirty Love)
Rob Schneider e os seus cueiros (Deuce Bigalow: European Gigolo)
Jessica Simpson e as súas “Daisy Dukes” (Dukes of Hazzard)

Peor actriz

Jessica Alba (Os Catro Fantásticos & Into the Blue)
Hilary Duff (Doce fóra da casa & The Perfect Man)
Jennifer Lopez (Monster in Law)
Jenny McCarthy (Dirty Love)
Tara Reid (Alone in the Dark)

Peor actor

Tom Cruise (A Guerra dos Mundos)
Will Ferrell (Embruxada & Kicking and Screaming)
Jamie Kennedy (Son of the Mask)
The Rock (Doom)
Rob Schneider (Deuce Bigalow: European Gigoló)

Peor filme

Deuce Bigalow: European Gigolo
Dirty Love
Dukes of Hazzard
House of Wax
Son of the Mask

E agora algunhas estatísticas completamente innecesarias: o 100% dos filmes nominados procede do mesmo pais (USA); hai o mesmo número de nominadas que de nominados e 4 de cada 5 persoas consultadas coincide en que Uwe Boll será galardoado co premio ó peor director.

Cómpre dicir que en España existen uns premios similares, os Godoy, que distinguen ó peorciño do cine español “cousa ben difícil” e que este ano por sorte para uns cantos “respetables cineastas” Ricardo Bofill destacouse como triunfador absoluto con ¡8 premios! Iso é ser malo con avaricia. Nembargantes, descoñecemos se se celebrou unha gala coma nos Goya, pero de non ser así dende CINEMA FRIKI temos un par de suxerencias para causar unha fonda impresión: Jose Luis Moreno como realizador do evento e Jabba El Hut como mestre de cerimonias.

Os monstros tamén morren


O pasado venres deixounos un dos vampiros máis famosos da pequena pantalla, Al Lewis, o avó da serie A Familia Munster. 95 anos son moitos, incluso para un vampiro.

E nós ficaremos sen saber por que demos o seu neto era un lobisome, sendo seu pai un mosntro de Frankenstein e o seu avó un vampiro.

Vía Cadena SER

Para os que non tiveron suficiente co Doutor Morte na primeira parte (disque tamén aparecerá na segunda e moito máis poderoso) para a segunda parte poderían aparecer o Estela Prateada (Silver Surfer) e Galactus, o Devorador de Mundos.

Só falta que para a terceira apareza Ben Franklin e sería unha triloxía friki perfecta.

Vía Superhero Hype (inda que xa o viramos antes onda Uruloki)

Trailer de V de Vendetta na Super Bowl


No intermedio da Super Bowl puidose ver un novo trailer de V for Vendetta que xa está dispoñíbel para todos nós.

Curto pero intenso. Non direi que devecemos por vela, pero si que temos ganas de incarlle o dente.

Novos cartaces de V for Vendetta, V for Vendetta, O novo peiteado de Natalie Portman, Rodaxe de V de Vendetta, Novo póster de V for Vendetta, Primeiro trailer de V for Vendetta

Killing Demons


Xa falta pouco para que facer unha peli baseada nun cómic deixe de ser unha nova.

Killing Demons é un cómic independiente, escrito por Peter Siegel e debuxado por Brent White, auto-editado e auto-distribuido.

A historia é ben sinxela: un home presencia na súa nenez como toda a súa familia é asasinada por seres sobrenaturais, po-lo que decide dedica-la súa vida a buscalos e asasinalos.

O productor Mark Canto define Killing Demons como “unha aventura ó grande, excitante e heroica, con momentos de comedia, acción a esgalla e unha franquicia en potencia

Vía Superhero Hype!

A secuela xa está en marcha. Agardan poder estrear As Crónicas de Narnia: O Príncipe Caspian para o Nadal do 2007.

Mil anos despois da primeira parte os irmáns Pevensie voltan a Narnia onde de novo é todo unha desfeita. Desta volta deberán derrocar ó rei usurpador Miraz para devolverlle o trono ó novo Príncipe Caspian.

Dirixe, co-escribe e produce o mesmo da primeira parte, Andrew Adamson. O reparto da primeira parte tamén é o mesmo.

Se Weta Workshop volve a estar detrás do proxecto abofé que iremos vela.

Vía KillerMovies

Fanboys

Fanboys é iso, unha roadmovie que conta a viaxe de catro amigos que cruzan os Estados Unidos para cumpli-lo derradeiro desexo doutro amigo: ver A Guerra das Galaxias. Episodio I. A amenaza pantasma no mellor dos sitios posibeis, o Rancho Skywalker (o rancho de George Lucas)

Os posibeis protagonistas serían Kristen Bell (a protagonista desa famosa serie que podedes ve-los sábados se vivides nunha comunidade autónoma sen canle de televisión de seu), Jay Baruchel, Chris Marquette e Sam Huntington. Dirixe Kyle Newman. A rodaxe comeza o 22 de febreiro en Novo México.

Vía KillerMovies

Futurismo de deseño


Dentro de, aproximadamente cinco anos, un extraño virus acabará co 99% da poboación mundial, pero non vos preocupedes, un tal Dr. Goodchild atopará unha cura e os últimos supervivintes poderanse agrupar en Bregna, a derradeira cidade humana na Terra. Protexida e illada do resto do mundo por unha alta muralla, Bregna é un paraíso idílico de paz e harmonía, onde a dinastía Goodchild segue a gobernar catrocentos anos despois.

Pero algo vai mal no paraíso, os seus cinco millóns de habitantes teñen problemas para durmir, todos teñen soños e lembranzas de cousas que nunca lles pasaron, tristuras que non poden explicar e que agochan un segredo que pode levar á humanidade á súa extinción definitiva.

Todo isto, por suposto complícase máis ainda cando o réxime gobernante ten control absoluto sobre a población da cidade, os cidadáns problemáticos desaparecen sen deixar rastro e todo continúa como se nunca tivesen existido, o que, por suposto, provoca a aparición dunha resistencia que loita por recupera-la liberdade dunha xente que nin sequera sabe que está presa.

Parece un guión típico de peli cutre de ciencia ficción, ou copia doutras obras do xénero, e a verdade é que todos esperábamos algo así, por iso a sorpresa foi tan agradable, o que en principio parecía unha trama previsible solucionada a tiros, remata sendo un xiro novedoso no xénero… solucionado a tiros (lembremos que se trata dunha película de acción, non hai máis forma de solucionar estas cousas).

Aqueles que coñeceran previamente a serie de animación da MTV na que se inspira a película (o que non é o caso deste crítico) quizáis poidan atopar os típicos defectos das adaptacións, ou a consideren un sacrilexio argumental, pero na miña opinión estamos ante unha lograda obra, digna da atención dos frikis.

Pero non todo, por desgracia, poden ser comentarios positivos, xa sabedes, non hai rosa sen espiña, e o único problema que eu atopo nesta película é a protagonista, non me entendades mal, gústame Charlize Theron, supoño que a súa interpretación será axustada á personaxe orixinal, pero (e non consideredes isto un comentario machista) non atopo unha heroína de acción que me convenza, e xa sei que non hai moitas para escoller, pero dende a Tenente Ripley, ou Sarah Connor (paramilitary mumy), non hai unha muller no cine de acción que mostre… PERSONALIDADE (seguro que pensabades que ía poñer outra cousa), todas parecen cortadas polo mesmo patrón, como se para repartir estopa houbese que perder o inxenio e andar por ahí tan planas coma un muro de cemento (estoume referindo á expresividade, deixade de pensar mal), claro que esto non é defecto só das mulleres, ó fin e o cabo, Steven Segal leva moitos anos no negocio e o único que cambia é a chaqueta fistro que leva e o apretada que leva a coleta para estira-la cara.

Godzilla-sama

Nun par de días a crítica da serie de animación, obra de Peter Chung. Levo visto dous capítulos e xa vos adianto que non ten trazas de salvarse da fogueira (Ifrit)
Crítica de Aeon Flux

Trailers atrasados

Por se inda alguén nos os vira, aquí traemo-los trailers de dúas películas ben distintas pero que despertan algo dentro de todos nós (nada bo, eso fixo)

Silent Hill

Chega a adaptación á pantalla grande dun dos mellores xogos de medo feito para consola, o xenial Silent Hill.
Vendo o trailer ten moi boa pinta e promete ser basta fiel ó espírito do xogo.

Ultraviolet

E de segundo unha de acción trepidante, do director da ignorada Equilibrium, Kurt Wimmer, e protagonizada por Milla Jojovich no papel de Violet.
Para saber máis visitade a Uruloki, que é todo un fan.
O trailer non deixa lugar á dúbida.

Disculpas gorileras

A Semana Internacional do Traxe de Gorila rematou e aquí non se víu nada do prometido. ¿Por que? Pois porque gracias ó noso costume de deixa-lo todo para o último día e face-lo todo a correr e sen preparar nada atopamos que xusto cando íamos escribir algo bitacoras.com tiña problemas cos servidores (algún tamén se daría de conta que quedamos sen números nos comentarios)

O que faremos será deixar o gran proxecto para a celebración do ano que ven, así como tóda-las suxerencias tardías.

De momento podedes ler estes artículos que incluen unha banda deseñada que é a orixe desta bizarra celebración:

    Día Nacional del Traje de Gorila (I)
    Día Nacional del Traje de Gorila (II)
    Día Nacional del Traje de Gorila (III)
    Día Nacional del Traje de Gorila (IV)
    Día Nacional del Traje de Gorila (V)
    Día Nacional del Traje de Gorila (VI)

Desculpen as molestias.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.