"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Futurismo de deseño


Dentro de, aproximadamente cinco anos, un extraño virus acabará co 99% da poboación mundial, pero non vos preocupedes, un tal Dr. Goodchild atopará unha cura e os últimos supervivintes poderanse agrupar en Bregna, a derradeira cidade humana na Terra. Protexida e illada do resto do mundo por unha alta muralla, Bregna é un paraíso idílico de paz e harmonía, onde a dinastía Goodchild segue a gobernar catrocentos anos despois.

Pero algo vai mal no paraíso, os seus cinco millóns de habitantes teñen problemas para durmir, todos teñen soños e lembranzas de cousas que nunca lles pasaron, tristuras que non poden explicar e que agochan un segredo que pode levar á humanidade á súa extinción definitiva.

Todo isto, por suposto complícase máis ainda cando o réxime gobernante ten control absoluto sobre a población da cidade, os cidadáns problemáticos desaparecen sen deixar rastro e todo continúa como se nunca tivesen existido, o que, por suposto, provoca a aparición dunha resistencia que loita por recupera-la liberdade dunha xente que nin sequera sabe que está presa.

Parece un guión típico de peli cutre de ciencia ficción, ou copia doutras obras do xénero, e a verdade é que todos esperábamos algo así, por iso a sorpresa foi tan agradable, o que en principio parecía unha trama previsible solucionada a tiros, remata sendo un xiro novedoso no xénero… solucionado a tiros (lembremos que se trata dunha película de acción, non hai máis forma de solucionar estas cousas).

Aqueles que coñeceran previamente a serie de animación da MTV na que se inspira a película (o que non é o caso deste crítico) quizáis poidan atopar os típicos defectos das adaptacións, ou a consideren un sacrilexio argumental, pero na miña opinión estamos ante unha lograda obra, digna da atención dos frikis.

Pero non todo, por desgracia, poden ser comentarios positivos, xa sabedes, non hai rosa sen espiña, e o único problema que eu atopo nesta película é a protagonista, non me entendades mal, gústame Charlize Theron, supoño que a súa interpretación será axustada á personaxe orixinal, pero (e non consideredes isto un comentario machista) non atopo unha heroína de acción que me convenza, e xa sei que non hai moitas para escoller, pero dende a Tenente Ripley, ou Sarah Connor (paramilitary mumy), non hai unha muller no cine de acción que mostre… PERSONALIDADE (seguro que pensabades que ía poñer outra cousa), todas parecen cortadas polo mesmo patrón, como se para repartir estopa houbese que perder o inxenio e andar por ahí tan planas coma un muro de cemento (estoume referindo á expresividade, deixade de pensar mal), claro que esto non é defecto só das mulleres, ó fin e o cabo, Steven Segal leva moitos anos no negocio e o único que cambia é a chaqueta fistro que leva e o apretada que leva a coleta para estira-la cara.

Godzilla-sama

Nun par de días a crítica da serie de animación, obra de Peter Chung. Levo visto dous capítulos e xa vos adianto que non ten trazas de salvarse da fogueira (Ifrit)
Crítica de Aeon Flux

1 comentario

  1. by dorfun, on Febreiro 6 2006 @ 11:48 a.m.

     

    …normalmente para estas pel

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.