Non sei que teñen as armaduras, que tanto nos gustan
6 Febreiro 2006
Lembremos un pouco a primeira parte: dende hai séculos unha guerra entre vampiros e lobishome ten lugar baixo os ollos da sociedade humana, sen que ninguén se percate, no bando dos vampiros loita Selene (Kate Beckingsale) decidida a extermina-los licántropos en venganza pola morte da súa familia. Pero todo cambia cando se descubre a traizón e as mentiras dos líderes vampiros, e aparece o primeiro híbrido, capaz de combina-los poderes das dúas razas.
Evolution arrinca a noite seguinte ós feitos da primeira parte, cando o último dos líderes antigos dos vampiros esperta do seu letargo e descobre todo o sucedido, e decidido a comezar de novo emprende a busca do seu irmán William, o primeiro licántropo, enfrontándose no seu camiño á parella protagonista e a todo o que se lle poña por diante.
Vale, sei que parece un lío, e con motivo, pero tampouco ten importancia, estamos ante unha desas películas das que non hai que ir ver con ideas previas, hai que ir convencidos de que estamos ante un producto máis de acción, pero envolto en historias sobrenaturais, sen máis.
A historia en sí non está mal levada, é unha sucesión de combates entre monstros, aderezados con tiroteos e algunha secuencia a cámara lenta tipo Matrix (pero é que as dúas pelis teñen un aire Matrix que tira para atrás), todo aliñado con boas doses de infografía e un vestiario ben axustadiño para Kate, que deixa claro que os vampiros non están tan mortos como parece.
De todas formas, o mellor da película é a escena inicial, ambientada na idade media, na que vemos os primeiros combates entre vampiros e licántropos, e que nos fai desexar que tiveran seguido a idea inicial, ambientando toda a película nesa época, pero claro, así non se podía meter á Beckingsale, nin ó pailán do prota (a quen xa desde agora propoño para o premio “Dra. Christmas Jones” dos premios Cinemafriki 2006), en fin, que non sei que teñen as armaduras, que tanto nos gustan, e ademáis estas quedaban moi ben.
Para rematar, a min non me pareceu mala, é unha película máis de pasa-lo rato, sen máis pretensións, que deixa a curiosidade por ver que fan na terceira, que seica deu cartos dabondo pra iso.
Godzilla-sama
Crítica de Underworld. Evolution
Non apta para puristas

Despois dunha larga espera,para todos aqueles que a esperaran, xa chegou ás nosas pantallas de cine a segunda parte da película Underworld.
Nesta segunda entrega, Underworld. Evolution, atopámonos coa continuación da historia das aventuras, desventuras e peripecias dos dous protagonistas principais do filme. A historia en si non ten moita cousa. E é mais, para min, este filme e un gran flashback continuo da protagonista principal (Selena) cos seus recordos da infancia. Salientar a aparicion do gran malo, o primeiro vampiro auténtico, Marcus (pola miña parte moi ven lograda a imaxe ), asi coma a aparicion do irmán do primeiro vampiro, William, sendo este o primeiro lobisome (tamen moi currado). En fin, non vou contar mais da historia da peli e se queredes saber mais ide a vela ou non vaiades. Nembargantes creo que a peli ten a accion suficiente para ter ó espectador distraido durante todo o filme, e as distintas transformacions que se ven na película parecéronme moi boas.
Pola miña parte, a valoración que lle dou a este filme é de non-mala, pero tampouco é unha gran maravilla. Como di Godzilla-sama: “rapaces, desconectade o cerebro para ver esta peli“. E se sodes uns puristas de Vampiro ou Lobisome, pois meus, non vaiades o cine, quedádevos na casiña xogando á Playstation, ainda que a vosa ialma de friki poida mais que o voso malsán puritanismo
E coma sempre, se non tendes máis que facer, e vos aburrides, ide a vela, non defrauda se ides mentalizados, e existen, perpetráronse, filmes moitísimo peor ca este.
Por certo, que ven lle queda a roupa á actriz principal. Xa tedes un alicerce para ir a vela.
Inversorr,
asasino da ortografia e mercenario da gramatica
Le a crítica de CP (de Hegemonia)
6 Febreiro 2006 ás 12:42 pm
Ben traído iso do Doutor Jones. /@#~ Perdón. Non se pode xogar co xénero, que xa vedes que cousas pasan. Dra. Christmas Jones. De momento vai gañando. Polo demais, nada que contradiga o apuntado polos comentaristas. Só engadir unha cousiña máis: para que quede claro, a Idade Media é unha época, a época, para ir ensinando chapa. E a chapa mola, aínda que non tanto como a Sra. Kate non-sei-o-apelido-do-marido Beckinsale ensinando cacha. Pero non moita. Ben, pero deixando algo para mellor.
6 Febreiro 2006 ás 12:54 pm
Tanto ser el hibrido super-poderoso y al final se pasan el rato dandole de leches y Kate llevandolo de la mano de un sitio a otro. Inutil es el muchacho.
Nada, tenian que hacer una pelicula con las primeras masacres de Selene con armadura.
6 Febreiro 2006 ás 1:33 pm
Parece que CP coincide ca opinión xeral: ese tipo é o secundario máis inútil e prescindible en moito tempo (salvo que o de quentarlle o corpo á Selene sexa algo extremadamente importante)
6 Febreiro 2006 ás 2:16 pm
Pues no, no es extremadamente importante, por que el muy patoso tiene los brazos y las piernas donde no debe, y nos tapa la visión de Selene. Tanto hibrido y tanta leche y no sabe ponerse delante de la camara sin molestar.
6 Febreiro 2006 ás 3:18 pm
¿Alguien se ha fijado a qué altura tiene el busto Kate Beckinsale?
Una vez dicho esto, ¿a alguien le parece atractiva?
Sólo por curiosidad, …
8 Febreiro 2006 ás 1:28 am
Ten coidado, ten coidado, que cas tipas de mollar (en soños) non se xoga…
8 Febreiro 2006 ás 1:42 am
A Beckinsale tampouco é das que máis me gustan pero tampouco lle vexo maior problema ó seu busto http://justjared.blogspot.com/2005/04/katebeckinsaleseashellhuntingpictures.html
14 Febreiro 2006 ás 11:32 pm
pero que carallo, estamos falando da pelicula ou de actriz protagonista. e dito sea de paso, que boa estaaaaa…
:-p~~~~