"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Marzo, 2006

O destripador de Nova York


Antes de nada decir que este é o meu primeiro achegamento ó cinema de Lucio Fulci e que no me impresionou tanto coma esperaba (cousa que si fixo esta fin de semana Nova York baixo o terror dos zombis)

Nun visionado rápido e superficial O destripador de Nova York pode parecer un filme de detective vs. asasino en serie máis. Pero visto o visto Fulci non gusta de facer filmes do montón e por iso vai un paso máis aló en cada un das súas propostas.

Fulci investiga en cada escea os múltiples ángulos desde os que pode ser vista a acción (así podemos ver rostros reflectidos en pomos de portas e outras localizacións imposibeis). Non se conforma con darnos a entender o que fai o asasino senon que nos amosa como se recrea e mutila, coa precisión dun cirurxán, a cada unha das súas víctimas. Primeiros planos, litros de sangue, pel cortada e arrincada e berros, moitos berros.

Todo esto adornado con belas mulleres, un ambiente opresivo no que calquera pode ser culpábel, todo arrodeado de sordidez, desnudos e continuas connotacións sexuais.

Pero sen dúbida o que máis me incomoda, o que máis me pon dos nervios, é ese asasino falando como un pato. Eso si que é unha xenialidade (bizarra, pero xenialidade). Engado un novo terror á miña lista. Se de primeiro o que máis medo dá son os nenos de segundo están a xente que fala como os patos.

Un filme para pasar un rato pero que despois deixará no espectador un non sei que, un aquel, algo raro, un recelo ante os demáis, porque as imaxes de Fulci e a súa forma de contar historias está feito para non deixar indiferente a ninguén.

Ifrit


O pasado 13 de Marzo foi o 10 aniversario do pasamento do director italiano Lucio Fulci e esta entrada tiña que ter saido daquela, que foi cando se celebrou en Bizacoras esta data, pero o pésimo funcionamento de bitacoras.com nestes días non o fixo posíbel.
Critica de O destripador de Nova York El destripador de Nueva York, The New York Ripper, Lo Squartatore di New York

Oxtias coma pans


Encher un papel con algunhas verbas que poidan ser lidas non é sinxelo, ou o é en demasía. Explícome:

Se imos falar da película en positivo, diremos que é unha marabillosa coreografía de artes marciais contundentes e rompedoras, con algún momento de calma entre actuación e actuación. Que digo eu, unha peli na que se reparten ostias coma pans, pero pans, pans, deses de levar en carro porque son coma rodas de tractor. Supoño que me se me entende.

Pola contra, se o que imos facer é analiza-lo filme dende o punto de vista do seu valor como película en si…. ben, unicamente se logo nos acusasen de tortura, crueldade, ensañamento e recreación no sufrimento e na miseria allea, xa digo, so se logo nos acusasen diso, nos teríamos aproximado a unha crítica acorde co perpetrado polo director e polo resto da troupe que fixo Thai Dragon. Porque a peli como exercicio de realización, de composición sonora, de gravación… é atroz. Sen máis.

Repito, para calquera fan da violencia plástica e da beleza do combate corpo a corpo, este é un peliculón. Un “hai que velo” sen dúbida algunha. Porque hai que velo. Mirade que pensei nun par de momentos, concretamente nun par de momentos, para reflexionar sobre se aquelo que vin na pantalla pode ser feito de verdade ou se estaba ante unha chispa de mestría na montaxe, capaz de facer unha transición imperceptible entre dúas tomas da mesma “manobra”. Non o teño claro; xa se lle botará un ollo no DVD.

Pero película, o que se di película de cine…. ehhh…. case que non. Un videoclip de artes marciais tras outro… tal vez iso si.

Esto eu xustifícoo recorrendo ó sentimento corrompido dos responsables verbo da sensibilidade artística occidental no tocante ó cine comercial puro e duro. Porque se non, non se explica. Se víchedes Lost in Translation ou semellantes creo que comprenderedes ó que me refiro: a música non ten xeito, polo que a enlaces entre escenas se refire; o deseño de vestiario é aberrante nun determinado intre, entendido coma tan fora de lugar que pega na vista; e as explosións (si, as explosións) de certo momento son tan de balde que producen vergoña allea… un intento nada disimulado de acadar espectacularidade, en plan Hollywood, ó modo Jerry Bruckheimer: causando unha extensa destrucción de propiedades varias. Pero que a fin de contas non aporta nada, nin sequera orixinalidade en plan “tiráronnos unha gamela” (imaxinade a escena da persecución en Dous policías rebeldes II dobrada na TVG).

E pouco máis. A peli é mala con ganas, salvo que vaias ver un solemne reparto de violencias varias, que entón pasa a ser un señor exemplo de como se montan esas escenas. A capoeira vs. Tony Jaa non ten prezo. E no restaurante, vietnamita vs. tailandés, tampouco.

Último: de herdeiro de Bruce Lee, oxtias. Que Bruce tiña algo de actor, nalgunha parte. O tal Tony non pasa de practicante marcial privilexiado, de momento. Se me atrevería a dicir que incluso Steven Senegal ten maior número de rexistros ca el, aínda que perdese o récord de escordamentos e quebraduras causadas nun único filme. De feito, creo que nesta peli Tony Jaa supera el so toda a filmografía de Senegal no tema en cuestión. Diredes vos que iso é dicir moito, e tendes razón, é dicir moito.

Don Vitto

E pouco máis que contar

Antes de que ninguén se asuste direi que a película é mala, pero mala mala. Vamos, unha merda de película. Sempre tendo esta premisa presente direi que Tony Jaa é un tipo grande e un practicante de artes marciais inconmensurable. O que converte a Thai Dragon nunha mala película pero nun espectáculo para os amantes dos golpes e a dor allea.

Cando roubas uns elefantes tes que ter coidado de a quen llos roubas, sobre todo en Tailandia. A peli vai diso, uns mafiosos róubanlle os elefantes a Tony Jaa e os levan a Australia (recordemos que é un sitio moderno e barato para rodar), e alí vai o bo do Jaa a pegarlle a toda a xente vestida de negro ou con coiro (se levan as dúas cousas mellor que mellor). Porque xa sabemos que a mala xete gusta do coiro.

E pouco máis que contar. O resto é unha exhibición de Tony Jaa e os seus stunts, golpes imposibeis, golpes de xeonllos voadores (marca da casa) e moito “ui!”, “ai!”, “ouch!”, tapa-los ollos e aplaudir.

Thai Dragon é un filme que ningún amante das artes marciais pode deixar de ver. Malos antolóxicos e pelexas das que quedan para a historia (ese practicante de capoeira, eses mastodontes, ese cortar tendóns, oito andares cheos de inimigos metidos nun cuarto das vasoiras, un hermafrodita cun látego…)

Nestes tempos que os Dragóns Chineses están en horas baixas Tony Jaa e os seus xeonllos son a nosa salvación.

Ifrit

E todo isto, ¿Qué importa?

Admito non ser un gran experto en cinema Tailandés, de feito, admito non ser un gran experto en cinema e punto, pero pouca discusión pode haber ó respecto deste filme; as historias non enganchan, están collidas entre elas cuns alfinetes moi febles, os actores (os que poden levar tal nome) non son gran cousa, nin a música acompaña, os esbirros comezan sendo algo lamentable (non creo que unha tropa de tipos en patíns sexan o máis idóneo para mallar en alguén, as bicicletas non se deseñaron coma arma ofensiva, e un quad non é practico nunha pelexa, aínda que esté tuneado en plan Messala).

E todo isto, ¿Qué importa?, pasei unha hora e pico no cine alucinando cas escenas de loita, coreografías moi curradas, realizadas por verdadeiros acróbatas, e unha interminable homenaxe ó stunt suicida (gracias a absence por tan útil termo), porque, sendo serios, é imposible que esta rodaxe rematase sen ter mandado ó hospital, cando menos, a unha ducia de especialistas.

Non quero entrar en moitos detalles para non lles estropea-la ilusión ós que poidan estar interesados en ver este filme, pero dende logo, a pelexa no templo, o combate co secuaz vietnamita, e a tremenda tangana final (“¡mira Tarantino, coma en Kill Bill pero sen armas!”), son dignas de figurar entre as secuencias míticas do cine do xénero, nesa estantería que todos temos cas de Chuck Norris e as primeiras de Jackie Chan, especialmente ese espléndido manual de 1001 maneiras de sacar ósos do sitio que nos deixa Tony Jaa na última secuencia, coido que non repite ningunha, excepto cando colle ós malos a pares (realmente este tipo móvese a unha velocidade de 320 lpm –luxacións por minuto-).

Ó final a sensación é que non debe ser tan diferente rodar unha película de acción de unha película porno, ó fin e ó cabo, as dúas están baseadas en historias cutres sen argumento interesante intercaladas entre as esceas de acción.

Coma conclusión, non vaiades se queredes ver intriga e suspense, ou acción realista, de feito, non esperedes case nada realista, pero se queredes quedar parvos vendo as tremendas galletas que reparte o fulano este, ide sen medo, pero logo non me enviedes queixas, que eu avisei.

Puntuación na Escala Godzilla de Interese Friki: 8.5 (realmente hai que ter bastabte interés friki para ila ver)

Godzilla-sama

Le tamén as críticas de Yumei Kuroi e Marc Jardí (ambos de Cine, vicio, subcultura)

Urban Martial Art Action


Tempo levaba sen unha deste estilo, unha de chineses coma Confucio manda, aínda que sexa unha película coreana.

Sen nada espectacular, atopamos unha película con todo o que o xénero precisa: temos ó prota, que de principio é un inútil, á moza que controla de artes marciais porque é filla dun mestre, ós propios mestres, cunha pinta de tirados que bota para atrás, ó malo malísimo ultrapoderoso que os vai eliminando, un clásico vamos, e todo aderezado cunhas coreografías bastante decentes, con golpes dignos de Humor Amarillo (non hai zamburguesas, pero os muros de cemento son igual de sólidos), aínda que para o meu gusto faltanlle un par de pelexas máis.

O argumento tamén é bastante típico: tipo patoso que resulta ser o único capaz de derrotar ó megamalo de final de fase, cando él sólo quería aprender a loitar e ligar ca moza da peli, e ademáis tampouco rompen moito a cabeza na posta en escea, podéndose identificar varias esceas que parecen tiradas doutras películas: hai un par de esceas Matrix, escea Os Inmortáis (só deberon rodar unha), e a típica montaxe que vemos dende Rocky ou Karate Kid ata Team América, todo moi clásico.

Pero non pensedes que por iso Arahan perde interés, todo o contrario, estamos ante unha película totalmente apta para unha sesión “palomiteira”, con gargalladas aseguradas, e momentos de gran tensión dramática… vale, isto non, pero hai h****** coma pans, iso dende logo.

Resumindo, unha película que alcanza con comodidade o 7 na Escala Godzilla de Interés Friki, e que tería levado incluso algún punto máis se non tiveramos gastado xa unha boa cantidade de gargalladas vendo Snatch, pero iso é outra historia.

Godzilla-sama

Crítica de Arahan, Nan bei Shao Lin

Bleach 1-39


Fai xa bastante tempo que unha serie de anime non chegaba ás miñas mans, e moito tempo máis que unha serie de anime coma Bleach non me impresiona tanto coma coando caeu nas miñas mans Escaflowne (A Visión de Escaflowne).

Pois ben, nas miñas mans caeu o anime de Bleach, e teño que recoñecer que impactoume totalmente non só polo seu debuxo, a súa historia que se vai collendo a cada capítulo enganchando máis ó espectador, pero sobre todo, a medida que avanza a serie, o culmen son os litros e litros e mais litros de sangue que perden as personaxes (tanto ou máis que en Os Cabaleiros do Zodiaco), e coma sempre a tipica dose de humor característica dos mangas/animes que todo o mundo coñece (no meu caso botar gargalladas a todo pulmón case ás dúas da mañán, único momento no que podo dispor do DVD), o máis seguro e que Bleach estea baseado nalgunhas figuras do folclore, mística, ou o que sexa da cultura xaponesa.

Nesta serie atopamonos que algunhas persoas son capaces de ver ás almas dos mortos que ainda non marcharon deste mundo, e incluso falar e ser capaces de tocar estas almas, cousa que fai a personaxe principal Kurosaki Ichigo. A segunda personaxe principal é Kichiki Rukia, unha shinigami (literalmente “deus da morte”) encargada de levar as almas dos mortos que ainda están na terra ata a Sociedade das Almas (algo asi coma o ceo). Rukia vese obrigada a cederlle parte do seu poder a Ichigo xa que esta termina mal ferida na loita cun Hollow (espiritu malvado que se alimenta doutras almas) pero cando quere ceder parte do seu poder dase conta de que Ichigo absorveullo todo, convertindose este ultimo nun shinigami-substituto e aquí comenzan as aventuras desta parella loitando contra os hollows. A arma que utilizan os shinigamis para a sua loita son principalmente catanas coas que purifican ós hollows e levan ó resto das outras almas ó seu destino final. Ó longo da historia aparecen outras personaxes coma Ishida Uryuu (un Quincy), Inoue Orihime (actriz (sic.) cómica pero cun gran poder) e Sado Yasutora (amigo de Ichigo, que adquire tamen un gran poder). Nesta tanda de capitulos (do 1 ó 39) estas personaxes son as que levan toda a trama argumental, e pouco a pouco vemos máis a trama argumental da serie.

Non voy contar nada mais sobre a historia posto que aqueles que a queiran ver teñena que conseguir por medios non oficiais, é dicir non se vende en España, ainda que internet funciona caralludamente (que lle dean a asociación esa que soamente sabe tocalos mismisimos cos seus estupidos canones e a sua protección de imaxes e dereitos… etc.).

En definitiva, unha serie pola que paga a pena perder certas horas de sono e que me ten enganchadísimo, que perden tanta sangue coma en Os Cabaleiros do Zodiaco, e que actualmente está emitindose os martes en Xapón, e os venres xa está colgada na rede subtitulada en castelan. Gracias meu, sexas quen sexas que os deuses bendigan a tua alma, e tamen a Godzilla-sama por deixarma.

Inversorr,
asasino da ortografia e mercenario da gramatica

O manga de Bleach está licenciado en España pero inda non se deu a coñecer quen o editará.
Unha vez máis reiterar o noso agradecemento a toda esa xente que desinteresadamente traducen e subtitulan películas, series e programas que doutra forma nunca coñeceriamos ou tardariamos moito en facelo. ¡Gracias ós xustos!
Crítica de Bleach 1-39

Jade Warrior


Para os que pensaban que xa o viran todo na vida aquí chega un crossover de mitoloxía finesa e chinesa nunha película finesa.

A película en cuestión chámase Jade Warrior (na páxina podedes atopar un teaser) e aquí tedes a sinopse:

Despois da derradeira batalla entre o ben e o mal, el non debería namorarse.

Jade Warriors combina nun só filme as mitoloxías finesa e chinesa. Jade Warriors é unha homenaxe ó xénero do Kung-Fu adobiado cunha impresionante aproximación sincera ó poema épico nacional finés do Kalevala. O mesmo que o Kalevala Jade Warriors é puro melodrama. Unha historia do meirande heroe do Kalevala.

Fai centos de anos na antigua China, un guerreiro namorado loita contra o seu destino. Quere outra oportunidade para reunirse ca súa namorada e conséguea, nun lugar lonxano e nun tempo lonxano, no frío norte, na moderna Finlandia.

Para os que estedes ansiosos despois de ler este resumo dicir que a estrea (supoño que en Finlandia) non será ata finais de ano, polo que chegará ó DVD de aluguer no verán do 2007 (aprox.)

Vía Kung Fu Cult Cinema

Lamps before the wind

Clint Eastwood comezará en breve a rodar Lamps before the wind, a visión xaponesa da Batalla de Iwo Jima.

Con esta película Clint Eastwood asume o reto experimental de realizar dúas películas contando o mesmo dende puntos de vista ben distintos, o dos estadounidenses en Flags of our fathers e o xaponés nesta Lamps before the wind.

Para os comentaristas da anotación anterior: Clint Eastwood é moito Clint Eastwood. Xa ten 75 anos e non é un director calquera.

Vía KillerMovies.com

Actualización: Troco de título, o novo título é Red Sun, Black Sand e será rodada integramente en xaponés. Ken Watanabe interpreta a personaxe protagonista, o xeneral xaponés Tadamichi Kuribayashi.

Vía Cinema Blend

Flags of our fathers

Eses actores e actrices tolos

Inauguramos aquí unha nova sección na que traeremos videos e outros materiais gráficos que nos amosan a cara menos coñecida dos nosos actores e actrices favoritos.

Empezamos cunha das nosas musas e actrices máis queridas, a doce e entrañábel Natalie Portman.

Vía Cool2ra

De segundo traemos a un David Hasselhoff recordando os tempos nos que foi número un en Alemaña durante oito semanas ó principio da Guerra Fría, agora interpretando o famosísimo tema Hooked on a feeling.
Corren rumores na redacción de que o video llo fixo un cuñado recén rematou un cursiño de imaxe e son, outros sosteñen que llo fixeron en ILM ou Weta Digital.

E de postre o gran Chuck “Walker” Norris lendo os dez mellores dos seus feitos.
Para que despois digan que Chuck non ten sentido do humor.

Vía menéame, Vía HacheyBlog


Onte morreu ós 93 anos de edad Gordon Parks, máis coñecido por se-lo director que deu vida a Shaft na mítica serie blackxplotation por excelencia.
Gordon Parks tamén fixo fotografía, películas, escribíu novela e poesía, música e incluso ballet. De feito adoitaba decir: “Coido que a xente podería facer moitísimas máis cousas das que fai se tan só o intentaran. Non teñen a confianza de que poden escribir unha novela ou unha poesía ou de que poden tirar fotografías ou pintar ou o que sexa, e entón non o fan, e deixan ó mundo descontentos consigo mesmos.

Who’s the black private dick
That’s a sex machine to all the chicks?
SHAFT!
Ya damn right!

Who is the man that would risk his neck
For his brother man?
SHAFT!
Can you dig it?

Who’s the cat that won’t cop out
When there’s danger all about?
SHAFT!
Right On!

They say this cat Shaft is a bad mother
SHUT YOUR MOUTH!
I’m talkin’ ’bout Shaft.
THEN WE CAN DIG IT!

He’s a complicated man
But no one understands him but his woman
JOHN SHAFT!

Isaac Hayes


Vía Kung Fu Cult Cinema

Project BB

O meu filme comezou por fin! O orzamento é aproximadamente de 120 – 130 millóns de dólares de Hong Kong, o que para min non é unha gran produción, pero o principal é que é un filme de Hong Kong.

Nestes días hai cada vez menos filmes de Hong Kong. The Myth é un filme chinés, New Police Story é un filme de Hong Kong, e desta volta farei un filme de Hong Kong unha vez máis. Inda tendo en conta que no último ano houbo 40 filmes de Hong Kong, cantos deses son realmente filmes HK? Coido que non serían máis de 10.

Son un tipo con sorte porque podo elexir o tipo de filmes que quero facer. Para este novo proxecto, Project BB, participei no proceso de escribi-lo guión, ademáis teño algúns novos socios de traballo para este filme, como a popular actriz chinessa Gao Yuanyuan, Louis Koo de Hong Kong e o meu vello amigo Michael Hui.

De volta ós días do Golden Harvest xa coñecía a Michael despois de traballar con el en Os Tolos do Cannonball, e tiven que agardar ata agora para volver traballar con el. Inda que na industria do entretemento traballamos moito xuntos! El é o presidente do Gremio de Artistas Intérpretes de Hong Kong e eu son o vicepresidente, e traballamos xuntos para facer cousas para a industria das artes interpretativas. Por suposto el fixo moito máis do que eu fixen.

Jackie Chan

Actualización: O filme terá o inxenioso nome de Rob-B-Hood, será dirixida por Benny Chan e contará coas coreografías do Jacki Chan Stunt Team

Póster de A Scanner Darkly


Semella que o penoso periplo de A Scanner Darkly está a piques de rematar. Xa fai máis dun ano que se empezeu a falar dela e é agora cando se anuncia a súa estrea para o 7 de xullo (nos EUA)

A Scanner Darkly está baseada nun relato de Philip K. Dick e conta coma un policia adicto a unha droga que provoca paranoia e desdobramento de personalidade ten como misión capturar ó seu alter ego camello. Unha historia de paranoia, desasosego, inseguridade, desconfianzas, alucinacións e outras movidas psicotrópicas.
Para aumentar estas sensacións a película está totalmente tratada coa técnica do rotoscópio, que consiste en colorear imaxe real dando sensación de debuxo animado.

Prestan parte do seu mal fario a este filme Keanu Reeves e Winona Ryder. Tamén participan Woody Harrelson e Robert Downey Jr.

Se non vos enteráchedes de nada botádelle un ollo ós trailers.

Sen dúbida os amantes da ciencia ficción están de noraboa (se é que chega aquí, claro)

Vía Rotten Tomatoes

Black Hole á pantalla grande


Outro cómic máis. Semella que xa está normalizado o utilizar cómics coma fonte de inspiración para películas.

Desta volta unha historia de sexo, amor e terror guionizada e debuxada por Charles Burns que conta como lles cambia lles cambia a vida a un grupo de rapaces de instituto despois de contraer un enfermidade de transmisión sexual.

Os guionistas Roger Avery e Neil Gaiman están traballando no guión para a pantalla grande para que canto antes Alexandre Aja a dirixa.

Un cómic persoal e arriscado pero de moito éxito e entre os fans a nova xa creou certo rexeitamento.

Vía Superhero Hype

Os 11 primeiros números de Black Hole, dos 12 que compoñen a colección, están editados en España baixo o nome de Agujero Negro por La Cúpula dentro da súa colección de banda deseñada underground Brut

Clips de V for Vendetta

Nesta ligazón podedes atopar seis novos clips de V for Vendetta: Get their masks off, Process her, Are you ready to cooperate?, We are getting buried, This is what he wants e Help me. Seis esceas que suxiren sen chegar a amosa-lo todo.

E nesta outra podedes escoitar os primeiros intres de cada peza da banda sonora orixinal do filme composta case na súa totalidade por composicións de Dario Marianelli. A verdade é que hai algún pastelazo que xa lles vale, pero en xeral ten boa pinta. Tensión, intriga, emoción e esas cousas.

Para os que non poden esperar ata o 7 de abril.

Vía Superhero Hype

Trailer de V de Vendetta na Super Bowl, Novos cartaces de V for Vendetta, V for Vendetta, O novo peiteado de Natalie Portman, Rodaxe de V de Vendetta, Novo póster de V for Vendetta, Primeiro trailer de V for Vendetta


Estopou a guerra no universon mutante e así se nos amosa neste novo trailer. Parece que todos deixaron de lado as medias tintas e aplícanse a fondo en destruir ós seus inimigos. Grandes pelexas, maiores batallas, mortes importantes e novas personaxes interesantes.

Non o perdades, que vai rápido.

X-men 3. The last standing estrearase nos Estados Unidos o 25 de maio. A esperar toca.

Vía Superhero Hype

Nova vilana en X-men 3, Teaser trailer e novas imaxes de X-men 3, Omahyra Mota en X-men 3, Super-cameos en X-men 3, Ben Foster en X-men 3, As irmás Williams en X-men 3, Nova mutante en X-men 3, Cartace teaser de X-men 3, Baixas en X-men 3, Posíbel reparto de X-men 3, Novas da Patrulla X 3

Actores e actrices de Stardust

Stardust está baseada na obra homónima de Neil Gaiman, que conta como Tristian (Charlie Cox), que, para gaña-lo corazón da súa namorada (Sienna Miller), promete traerlle unha estrela caida chamada Yvaine (Claire Danes). Para acadalo deberán enfrontarse no seu camiño cun pirata chamado Capitán Shakespeare (Robert de Niro) e cunha malvada bruxa (Michelle Pfeiffer)

Vía KillerMovies

Stardust

The Final Countdown


Saudos a todos aqueles que lean isto. Eiquí tedes unha crítica que eu, no meu foro interno, tiña que facer. Unha peli para min mítica. Desas que te collen de cativo e te deixan marcado a lume. A min pasoume. Non lembro o ano na que a vin, pero a súa estrea data de 1980. Xa che ten cinco lustros ben servidos. E todavía me mola coma a primeira vez.

Ainda que trate do tempo e as viaxes por el, ten “nivel”, non é unha serie B, hai cartos e hai plantel. Kirk Douglas e Martin Sheen. Espartaco e o presidente Bartlet. Ou os protas de O derradeiro tren de Gun Hill e Apocalypse Now. O resto tamén serían alguén na época, pero hoxe non se lembran nin tanto nin menos.

E a colaboración da Armada dos USA. Que o Nimitz era moito Nimitz, e todavía o é, polo menos a clase de navíos que leva o seu nome. Publicidade. Somos chungos e cousas así. Ademais, era a súa presentación na gran pantalla. Debería haber unha liña dicindo algo coma “Introducing USS Nimitz”.

Porque isa é outra. Hai viaxe no tempo e hai músculo militar, aínda que sexa de atrezzo. ¿Como non vai molar?

Continuamos. Pearl Harbor. ¿Alguen non coñece de que vai a Historia? Dirán misa os que o queiran negar, pero hoxe en día se hai unha verdade imperial é a da supremacia propagandística dos USA.
Poñédeos a parir. Falade mal deles. Ou falade ben e louvade as súas virtudes. O que vos sáia ‘daí’.
Pero coñecedes Pearl Harbor mellor que a Batalla do Ebro ou calquera outra librada con ibéricos de por medio. Nin Lepanto vos virá a cabeza a moitos de vós. Ou outros asuntos históricos, coma todo o western, por exemplo Buffalo Bill ou Wyatt Earp ou Billy o Neno. Nin vou tentar sacar equivalentes propios. Nin Elviña, nin Irmandiños, nin nada. María Pita, Pedro Madruga, non lembro película ou medio audiovisual semellante que os poña na pantalla. O cinema americano puxo o que lles faltaba de séculos a base de mitificación e uns bos publicistas, pensando no chiste.
Pero estoume indo cara Deus sabe onde…

The Final Countdown. E non falo de Europe. O final da conta atrás. É tan simple que abraia a calquera. Un what if… de toda a vida, inconcluso. Unha boa aproximación ó desprazamento temporal. Xustificar algo xa histórico por unha intervención nese presente dende o futuro.
Poucos anos despois chegaría Terminator. E tamén O Experimento Filadelfia. E xa entrando na gloria máxima e supremo exemplo de mito inesquencible e atemporal, temos Star Trek IV. Misión: Salva-la Terra, pero non é o mesmo, anque si semellante.

Remantando, a miña intención non era máis que lembrar unha xoia coma esta, a ver se así nos van saindo máis peliculiñas deste tipo, nos comentarios, por exemplo.

Don Vitto

Crítica de The Final Countdown O final da conta atrás El final de la cuenta atrás

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.