Argumento virtual, aburrimento real
6 Marzo 2006
Se digo que Avalon é de Mamoru Oshii xa está todo dito. Director, entre outras, de Ghost in the Shell e Ghost in the Shell: Innocence.
Avalon é o colmo da aldea global. Dirixida e escrita por xaponeses, rodada en Varsovia, interpretada por polacos e pagada por chineses de Hong Kong.
Nun futuro preto algunhas persoas vivirán dedicadas por completo a xogar a un xogo de guerrillas cun alto realismo, conseguindo así algún diñeiro e recoñecemento social. A protagonista é das mellores xogadoras, pero ten un trauma pasado que debe solucionar para poder seguir avanzando. A aparición dun xogador de gran habilidade, coñecido só co nome de Bishop, fará que a protagonista abandone a súa táctica individual e intente formar de novo un grupo de xogadores.
A pesar do espectacular das súas imaxes e efectos especiais e dunha interesante historia de realidades virtuais a película é altamente aburrida. Lenta e cunhas interpretacións que deixan moito que desexar (especialmente a protagonista, Ash, Malgorzata Foremniak)
Conclusión: non a rematamos de ver.
Ifrit
Le tamén as críticas de intelectualgore (de PROYECTO ESTRAGOS) e manu (de Blog de notas)
Crítica de Avalon
6 Marzo 2006 ás 2:17 pm
Que interesante, unha producción xapopolacahongkonesa… manda truco!
6 Marzo 2006 ás 9:21 pm
La idea estaba bien, el director de ghost in the shell, pues oye, prometia. Rodada en polonia, o sea dinero para efectos, etc. Todo hacia esperar algo mejor de lo que al final fue.
Por cierto, tampoco fui capaz de acabarla.
28 Marzo 2006 ás 6:48 am
Coincidimos en esta lfrint, es una película aburridísima y sobrevalodara por algunos por el sólo hecho de ser de Mamoru Oshi. La protagonista se pasa más de la mitad de la película fumando con música de opera de fondo. Un plomo.
25 Maio 2006 ás 10:04 pm
Eu so vin o comezo,é tan parada que durminme ós quince minutos de comezar.Pode ser boa ,pero non hai quen a vexa.
2 Xuño 2006 ás 10:36 pm
Veña! que alguén que a vira enteira nos conte se hai sorpresa final e a peli mellora!