
Logo de ver Appleseed (o segundo filme, por suposto, para min o primeiro non existe) coido que todos nós só puidemos artellar unha expresión: que marabilla!
Os realizadores conseguiron plasmar dun xeito maxistral os tres puntos fundamentáis que, para min, caracterizan a obra de Masamune Shirow: unha calidade gráfica e de debuxo que deixa pampo; unha profundidade de argumento case que oceánica; e unha verosimilitude na descriptiva policial, militar e táctica case total.
Vaiamos por partes: A sensación que nos quedou a todos ó ver a calidade das imaxes foi de tristeza e desasosego total por non a ter visto diante dunha pantalla de 10 metros de altura. Mataría por vela no cine, de verdade. Se ben os rostros dos personaxes, aínda que feitos dun xeito máis que correcto, poden parecer un pouco simples e inexpresivos ó comparalos coa animación global, isto só é debido a que os fondos, as animacións, a cinemática, a ambientación… son realmente abraiantes. Nunca vin cousa tal. Hai efectos que están tan conseguidos que non sabes se estás perante un debuxo ou de imaxes reais dixitalizadas.
Por outra parte, todos sabedes que Shirow se caracteriza polos enormes bocadillos que ocupan media páxina e que describen historias curradas case que en exceso. Pois ocorre o mesmo neste anime. A historia é densa sen chegar a aburrir (nin moito menos), e soubo coller e introducir moitos dos máis memorábeis momentos e tramas que se describen no manga.
E por último o apartado que máis me interesa persoalmente: a ambientación policíaco-militar na que xira toda a historia. Todo o equipamento, a táctica, os entornos operacionais… son completamente verosímiles (se te imaxinas un mundo 100 anos máis moderno). Éste é un aspecto que abraia na obra orixinal (podes contar os casquillos das balas e variarán segundo a arma), e neste filme se reflicte igualmente.
E por riba, inclúe un dos momentos que a min máis me fixeron partir coa risa: aquel no que, durante o entrenamento de Deunan no E.S.W.A.T., alguén di: “Comezou cun coitelo e xa se cargou a dezasete…”.
Yann Breoc
Crítica de Appleseed 2004 Appurushîdo
by CP, on marzo 7 2006 @ 2:00 pm
La mejor ambientación cyberpunk que he visto (y disfrutado) nunca. Todas mis partidas de rol se han visto siempre influenciadas por Appleseed.
Y por cierto, a todo el que le guste el estilo Shirow, le recomiendo que echen un vistazo a Infinity, el juego de figuras de nuestros vecinos de Cangas, o sea, Corvus Belli. Aunque no te guste el juego, te compraras alguna figura, por lo que te recuerda a Shirow, influencia no ocultada por su creadores.
Y no, no tengo participación en la empresa (por desgracia!!)
by Don Vitto, on marzo 7 2006 @ 2:53 pm
A peli, como diría o outro, mola mazo. Non hai moito máis que dicir. E a indicación sobre os primeiros planos e o fondo é ben certa.
by Godzilla Sama, on marzo 7 2006 @ 8:52 pm
Agardamos tanto por ela no cine que non puidemos evitar abalanzarnos sobre ela en canto houbo ocasión, e agor xa forma parte da nosa colección XD
by Diefer Casan, on marzo 11 2006 @ 12:43 am
Xa sei que é unha pasada, pero eu tiro máis polo debuxo tradicional, ou sexa, Estudio Ghibli rules!