Póster de A Scanner Darkly

8 Marzo 2006


Semella que o penoso periplo de A Scanner Darkly está a piques de rematar. Xa fai máis dun ano que se empezeu a falar dela e é agora cando se anuncia a súa estrea para o 7 de xullo (nos EUA)

A Scanner Darkly está baseada nun relato de Philip K. Dick e conta coma un policia adicto a unha droga que provoca paranoia e desdobramento de personalidade ten como misión capturar ó seu alter ego camello. Unha historia de paranoia, desasosego, inseguridade, desconfianzas, alucinacións e outras movidas psicotrópicas.
Para aumentar estas sensacións a película está totalmente tratada coa técnica do rotoscópio, que consiste en colorear imaxe real dando sensación de debuxo animado.

Prestan parte do seu mal fario a este filme Keanu Reeves e Winona Ryder. Tamén participan Woody Harrelson e Robert Downey Jr.

Se non vos enteráchedes de nada botádelle un ollo ós trailers.

Sen dúbida os amantes da ciencia ficción están de noraboa (se é que chega aquí, claro)

Vía Rotten Tomatoes

Publicado na categoría Xeral | | Enriba

3 respostas a “Póster de A Scanner Darkly”

  1. sin di:

    Yo he leido la novela y me encantó; además de ser de las mejores de Dick, te ries la hostia de las vicisitudes de los drogotas protagonistas. Por cierto Linkater (que ya había hecho otro peli con rotoscopio, pero fallida) ha elegido cojonudamente bien a los actores: todos ellos unos crápulas de pro para interpretar con oficio las paranoias toxicas.
    Me alegro de encontrar este blog que no conocía. Un blog en galego, sobre cine, y con sensibilidad bizarra. Le seguiré la pista.

  2. ifrit di:

    Benvido, sin! Esperamos verte amiudo por aquí, falando de cine e outras frikezes, inda que só sexamos uns wannabe bizarros :D

  3. Fagot di:

    Eu tamén estou agardando pola peli como auga de maio. Sobre todo pola curiosidade que me produce a estética e por ver se Linklater é capaz de sacarlle máis partido ó rotoscopiado do que fixo ata agora. De feito hai un plano do trailer no que lle medra o pelo a Wynona Rider que xa insinúa algunha melloría.
    En todo caso, a peli que menciona sin, Walking life, non sei se era “fallida” ou é que a peli aburría ata ás ovellas. Ademáis a rotoscopia facíase moi pesada nalgúns momentos. Por un lado había varias secuencias con colores moi planos que semellaban aninación tradicional e que estéticamente parecían moi boas. Por outro cada vez que aparecía un actor a rotoscopia gañaba definición e as sobras e distintos tonos embarullaban demasiado, para o meu gusto, a imaxe.

    Uff, creo que falei demasiado.
    Saudos.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image