Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Bleach 1-39


Fai xa bastante tempo que unha serie de anime non chegaba ás miñas mans, e moito tempo máis que unha serie de anime coma Bleach non me impresiona tanto coma coando caeu nas miñas mans Escaflowne (A Visión de Escaflowne).

Pois ben, nas miñas mans caeu o anime de Bleach, e teño que recoñecer que impactoume totalmente non só polo seu debuxo, a súa historia que se vai collendo a cada capítulo enganchando máis ó espectador, pero sobre todo, a medida que avanza a serie, o culmen son os litros e litros e mais litros de sangue que perden as personaxes (tanto ou máis que en Os Cabaleiros do Zodiaco), e coma sempre a tipica dose de humor característica dos mangas/animes que todo o mundo coñece (no meu caso botar gargalladas a todo pulmón case ás dúas da mañán, único momento no que podo dispor do DVD), o máis seguro e que Bleach estea baseado nalgunhas figuras do folclore, mística, ou o que sexa da cultura xaponesa.

Nesta serie atopamonos que algunhas persoas son capaces de ver ás almas dos mortos que ainda non marcharon deste mundo, e incluso falar e ser capaces de tocar estas almas, cousa que fai a personaxe principal Kurosaki Ichigo. A segunda personaxe principal é Kichiki Rukia, unha shinigami (literalmente “deus da morte”) encargada de levar as almas dos mortos que ainda están na terra ata a Sociedade das Almas (algo asi coma o ceo). Rukia vese obrigada a cederlle parte do seu poder a Ichigo xa que esta termina mal ferida na loita cun Hollow (espiritu malvado que se alimenta doutras almas) pero cando quere ceder parte do seu poder dase conta de que Ichigo absorveullo todo, convertindose este ultimo nun shinigami-substituto e aquí comenzan as aventuras desta parella loitando contra os hollows. A arma que utilizan os shinigamis para a sua loita son principalmente catanas coas que purifican ós hollows e levan ó resto das outras almas ó seu destino final. Ó longo da historia aparecen outras personaxes coma Ishida Uryuu (un Quincy), Inoue Orihime (actriz (sic.) cómica pero cun gran poder) e Sado Yasutora (amigo de Ichigo, que adquire tamen un gran poder). Nesta tanda de capitulos (do 1 ó 39) estas personaxes son as que levan toda a trama argumental, e pouco a pouco vemos máis a trama argumental da serie.

Non voy contar nada mais sobre a historia posto que aqueles que a queiran ver teñena que conseguir por medios non oficiais, é dicir non se vende en España, ainda que internet funciona caralludamente (que lle dean a asociación esa que soamente sabe tocalos mismisimos cos seus estupidos canones e a sua protección de imaxes e dereitos… etc.).

En definitiva, unha serie pola que paga a pena perder certas horas de sono e que me ten enganchadísimo, que perden tanta sangue coma en Os Cabaleiros do Zodiaco, e que actualmente está emitindose os martes en Xapón, e os venres xa está colgada na rede subtitulada en castelan. Gracias meu, sexas quen sexas que os deuses bendigan a tua alma, e tamen a Godzilla-sama por deixarma.

Inversorr,
asasino da ortografia e mercenario da gramatica

O manga de Bleach está licenciado en España pero inda non se deu a coñecer quen o editará.
Unha vez máis reiterar o noso agradecemento a toda esa xente que desinteresadamente traducen e subtitulan películas, series e programas que doutra forma nunca coñeceriamos ou tardariamos moito en facelo. ¡Gracias ós xustos!
Crítica de Bleach 1-39

2 Comentarios so far »

  1. by Godzilla Sama, on marzo 16 2006 @ 12:05 pm

     

    Por desgracia para todos os que somos tan adictos coma Inversorr, alguén se fixo cos dereitos de Bleach para emitila en españa, polo que o grupo de mangatraficantes que a subtitula cesará próximamente nas súas actividades, pra evitar complicacións legais.
    Non deixa de ser unh gran faena o ter que esperar a que se decidan a emitila, pero o peor será acostumbrarse ás voces da dobraxe, cando xa estabamoa afeitos ás voces orixinais e ós subtítulos máis que coloquiais, unha das primeiras armas da serie pra engancharme, sinceramente.
    Agardo que o meu proveedor habitual atope algún grupo de xente con menos escrúpulos e a mesma afeción por esta serie

  2. by Fagot, on marzo 19 2006 @ 3:15 am

     

    Saudos, é unha gran verdade eso de que internet funciona caralludamente pero en fin, tamén ten os seus límites e sabe deus todo o que nos estamos a perder.
    Xa que falades de Bleach, aquí vos deixo un link dunha páxina que acabo de coñecer e que se parece á vosa salvando as distancias.
    Trátase dun blog no que aparece información de filmes máis ca interesantes, botádelle un ollo (o malo é que como sempre está en inglés).
    http://www.twitchfilm.net/

Comment RSS

Deixa un comentario

Nome: (Required)

eMail: (Required)

Website:

Comment:

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.