Urban Martial Art Action

16 Marzo 2006


Tempo levaba sen unha deste estilo, unha de chineses coma Confucio manda, aínda que sexa unha película coreana.

Sen nada espectacular, atopamos unha película con todo o que o xénero precisa: temos ó prota, que de principio é un inútil, á moza que controla de artes marciais porque é filla dun mestre, ós propios mestres, cunha pinta de tirados que bota para atrás, ó malo malísimo ultrapoderoso que os vai eliminando, un clásico vamos, e todo aderezado cunhas coreografías bastante decentes, con golpes dignos de Humor Amarillo (non hai zamburguesas, pero os muros de cemento son igual de sólidos), aínda que para o meu gusto faltanlle un par de pelexas máis.

O argumento tamén é bastante típico: tipo patoso que resulta ser o único capaz de derrotar ó megamalo de final de fase, cando él sólo quería aprender a loitar e ligar ca moza da peli, e ademáis tampouco rompen moito a cabeza na posta en escea, podéndose identificar varias esceas que parecen tiradas doutras películas: hai un par de esceas Matrix, escea Os Inmortáis (só deberon rodar unha), e a típica montaxe que vemos dende Rocky ou Karate Kid ata Team América, todo moi clásico.

Pero non pensedes que por iso Arahan perde interés, todo o contrario, estamos ante unha película totalmente apta para unha sesión “palomiteira”, con gargalladas aseguradas, e momentos de gran tensión dramática… vale, isto non, pero hai h****** coma pans, iso dende logo.

Resumindo, unha película que alcanza con comodidade o 7 na Escala Godzilla de Interés Friki, e que tería levado incluso algún punto máis se non tiveramos gastado xa unha boa cantidade de gargalladas vendo Snatch, pero iso é outra historia.

Godzilla-sama

Crítica de Arahan, Nan bei Shao Lin

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Unha resposta a “Urban Martial Art Action”

  1. Don Vitto di:

    Algo que se ten que dicir ben alto é a boa producción que amosa este filme. Non é nada barateiro barato, senon que aposta polo económico pero digno, non coma outras pelis, que por facelo de guais quedan coma paletos da montaxe en escena. E penso nun quad con “brillantina” ou semellante. Dignidade, señores, que por ser de poucos cartos non ten que perder ese punto de fachenda polo prestixio dun traballo profesional/serio.
    Que non quere dicir que postos a facer certo tipo de pelis se teña que prescindir dun bo número de raiadas, pero non é o caso, que isto vai de Urban Martial Arts. E si, case semella cosmopolita ó lado dun guerreiro tailandés que ten que ir a Australia a buscar dous elefantes que lle faltan. Pero as hostias son as hostias, e o pan non é unha torta.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image