"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Oxtias coma pans


Encher un papel con algunhas verbas que poidan ser lidas non é sinxelo, ou o é en demasía. Explícome:

Se imos falar da película en positivo, diremos que é unha marabillosa coreografía de artes marciais contundentes e rompedoras, con algún momento de calma entre actuación e actuación. Que digo eu, unha peli na que se reparten ostias coma pans, pero pans, pans, deses de levar en carro porque son coma rodas de tractor. Supoño que me se me entende.

Pola contra, se o que imos facer é analiza-lo filme dende o punto de vista do seu valor como película en si…. ben, unicamente se logo nos acusasen de tortura, crueldade, ensañamento e recreación no sufrimento e na miseria allea, xa digo, so se logo nos acusasen diso, nos teríamos aproximado a unha crítica acorde co perpetrado polo director e polo resto da troupe que fixo Thai Dragon. Porque a peli como exercicio de realización, de composición sonora, de gravación… é atroz. Sen máis.

Repito, para calquera fan da violencia plástica e da beleza do combate corpo a corpo, este é un peliculón. Un “hai que velo” sen dúbida algunha. Porque hai que velo. Mirade que pensei nun par de momentos, concretamente nun par de momentos, para reflexionar sobre se aquelo que vin na pantalla pode ser feito de verdade ou se estaba ante unha chispa de mestría na montaxe, capaz de facer unha transición imperceptible entre dúas tomas da mesma “manobra”. Non o teño claro; xa se lle botará un ollo no DVD.

Pero película, o que se di película de cine…. ehhh…. case que non. Un videoclip de artes marciais tras outro… tal vez iso si.

Esto eu xustifícoo recorrendo ó sentimento corrompido dos responsables verbo da sensibilidade artística occidental no tocante ó cine comercial puro e duro. Porque se non, non se explica. Se víchedes Lost in Translation ou semellantes creo que comprenderedes ó que me refiro: a música non ten xeito, polo que a enlaces entre escenas se refire; o deseño de vestiario é aberrante nun determinado intre, entendido coma tan fora de lugar que pega na vista; e as explosións (si, as explosións) de certo momento son tan de balde que producen vergoña allea… un intento nada disimulado de acadar espectacularidade, en plan Hollywood, ó modo Jerry Bruckheimer: causando unha extensa destrucción de propiedades varias. Pero que a fin de contas non aporta nada, nin sequera orixinalidade en plan “tiráronnos unha gamela” (imaxinade a escena da persecución en Dous policías rebeldes II dobrada na TVG).

E pouco máis. A peli é mala con ganas, salvo que vaias ver un solemne reparto de violencias varias, que entón pasa a ser un señor exemplo de como se montan esas escenas. A capoeira vs. Tony Jaa non ten prezo. E no restaurante, vietnamita vs. tailandés, tampouco.

Último: de herdeiro de Bruce Lee, oxtias. Que Bruce tiña algo de actor, nalgunha parte. O tal Tony non pasa de practicante marcial privilexiado, de momento. Se me atrevería a dicir que incluso Steven Senegal ten maior número de rexistros ca el, aínda que perdese o récord de escordamentos e quebraduras causadas nun único filme. De feito, creo que nesta peli Tony Jaa supera el so toda a filmografía de Senegal no tema en cuestión. Diredes vos que iso é dicir moito, e tendes razón, é dicir moito.

Don Vitto

E pouco máis que contar

Antes de que ninguén se asuste direi que a película é mala, pero mala mala. Vamos, unha merda de película. Sempre tendo esta premisa presente direi que Tony Jaa é un tipo grande e un practicante de artes marciais inconmensurable. O que converte a Thai Dragon nunha mala película pero nun espectáculo para os amantes dos golpes e a dor allea.

Cando roubas uns elefantes tes que ter coidado de a quen llos roubas, sobre todo en Tailandia. A peli vai diso, uns mafiosos róubanlle os elefantes a Tony Jaa e os levan a Australia (recordemos que é un sitio moderno e barato para rodar), e alí vai o bo do Jaa a pegarlle a toda a xente vestida de negro ou con coiro (se levan as dúas cousas mellor que mellor). Porque xa sabemos que a mala xete gusta do coiro.

E pouco máis que contar. O resto é unha exhibición de Tony Jaa e os seus stunts, golpes imposibeis, golpes de xeonllos voadores (marca da casa) e moito “ui!”, “ai!”, “ouch!”, tapa-los ollos e aplaudir.

Thai Dragon é un filme que ningún amante das artes marciais pode deixar de ver. Malos antolóxicos e pelexas das que quedan para a historia (ese practicante de capoeira, eses mastodontes, ese cortar tendóns, oito andares cheos de inimigos metidos nun cuarto das vasoiras, un hermafrodita cun látego…)

Nestes tempos que os Dragóns Chineses están en horas baixas Tony Jaa e os seus xeonllos son a nosa salvación.

Ifrit

E todo isto, ¿Qué importa?

Admito non ser un gran experto en cinema Tailandés, de feito, admito non ser un gran experto en cinema e punto, pero pouca discusión pode haber ó respecto deste filme; as historias non enganchan, están collidas entre elas cuns alfinetes moi febles, os actores (os que poden levar tal nome) non son gran cousa, nin a música acompaña, os esbirros comezan sendo algo lamentable (non creo que unha tropa de tipos en patíns sexan o máis idóneo para mallar en alguén, as bicicletas non se deseñaron coma arma ofensiva, e un quad non é practico nunha pelexa, aínda que esté tuneado en plan Messala).

E todo isto, ¿Qué importa?, pasei unha hora e pico no cine alucinando cas escenas de loita, coreografías moi curradas, realizadas por verdadeiros acróbatas, e unha interminable homenaxe ó stunt suicida (gracias a absence por tan útil termo), porque, sendo serios, é imposible que esta rodaxe rematase sen ter mandado ó hospital, cando menos, a unha ducia de especialistas.

Non quero entrar en moitos detalles para non lles estropea-la ilusión ós que poidan estar interesados en ver este filme, pero dende logo, a pelexa no templo, o combate co secuaz vietnamita, e a tremenda tangana final (“¡mira Tarantino, coma en Kill Bill pero sen armas!”), son dignas de figurar entre as secuencias míticas do cine do xénero, nesa estantería que todos temos cas de Chuck Norris e as primeiras de Jackie Chan, especialmente ese espléndido manual de 1001 maneiras de sacar ósos do sitio que nos deixa Tony Jaa na última secuencia, coido que non repite ningunha, excepto cando colle ós malos a pares (realmente este tipo móvese a unha velocidade de 320 lpm –luxacións por minuto-).

Ó final a sensación é que non debe ser tan diferente rodar unha película de acción de unha película porno, ó fin e ó cabo, as dúas están baseadas en historias cutres sen argumento interesante intercaladas entre as esceas de acción.

Coma conclusión, non vaiades se queredes ver intriga e suspense, ou acción realista, de feito, non esperedes case nada realista, pero se queredes quedar parvos vendo as tremendas galletas que reparte o fulano este, ide sen medo, pero logo non me enviedes queixas, que eu avisei.

Puntuación na Escala Godzilla de Interese Friki: 8.5 (realmente hai que ter bastabte interés friki para ila ver)

Godzilla-sama

Le tamén as críticas de Yumei Kuroi e Marc Jardí (ambos de Cine, vicio, subcultura)

1 comentario

  1. by Gran Dios del Bien y del Mal, on Abril 6 2006 @ 1:06 p.m.

     

    Realmente o tal Tony Jaa tampouco vale moito como artista marcial, repite nesta pelicula os mesmos movementos que xa fixera en Ong-Bak. Bruce Lee polo menos innovaba en cada filme facendo coreograf

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.